O Lugo e o Viveiro rematan a tempada puntuando, o primeiro con vitoria e o da Mariña con empate

Os albivermellos volverán á División de Honra cadete mentres que o Viveiro regresa á Galega 

División de Honra Cadete

O Viveiro dixo adeus á categoría cun empate na casa ante o Pabellón Ourense, un equipo da zona media-alta da clasificación. O rival abriu rápido a conta, aos 6 minutos de xogo, e 20 máis tarde, mediada a primeira metade, o local empataba por medio de Sasha. Contra o que se esperaba o marcador non se moveu máis e o Viveiro remataba o seu paso pola División de Honra con 9 puntos de dúas vitorias e tres empates.

Malia que pecha a lista, os mariñaos fixeron un gran traballo durante a competición ligueira e loitaron cada partido ata o final pero pagaron cara a inexperiencia na categoría raíña cadete. 

Consulta aquí a clasificación

O Lugo despediu a tempada pero non despediu a categoría, xa que chega ao final agora mesmo na cuarta praza aínda que queda por disputarse o partido do Arosa polo que podería ser finalmente a quinta.

Vitoria para rematar o curso ante o Victoria CF a domicilio cun 2-3. Os de Rochela comezaron mal e fixeron unha primeira parte moi deficiente na que non conseguían salir fácil da presión rival e na que non houbo máis que unha ocasión destacable, de Valiña, un pase atrás que saca un xogador rival de debaixo dos paus. Foi o rival o que se adiantou aos cinco minutos de xogo nun tiro desde fóra da área que entra polo pau dereito. O Victoria tivo algunha ocasión máis e a piques estivo de facer o 2-0 antes da pausa. 

Na segunda metade foi ao revés, o Lugo estivo moi ben e foi o rival o que case non se achegou á porta rival. Os albivermellos apertaron, roubaron e gañaron todas as segundas xogadas. Chegaron así os goles de Lucas e Martín.

O rival empatou de novo cun balón perdido na área e na última xogada do partido, un córner que centra Lois e remata Arón acaba rexeitando o porteiro e logo Valiña só ten que empuxala.

Non deixou seguir máis o árbitro pechando así a tempada para o Lugo.

O adestrador tivo palabras de valoración positiva da tempada para o equipo. "E unha maravilla traballar con este grupo, son maravillosos polo que estou moi contento polo esforzo e pola actividade que desenvolveron todos e cada un", dixo.

 VIVEIRO 1 - 1 PABELLÓN OURENSE

Viveiro CF: Íker, Justin, Pablo, Mauro, Diego, Unai, Iago, Claudio, Matías, Gabriel e Sasha. Tamén xogaron Eric, Xoel, Alejandro, Axel e David.
Pabellón Ourense CF: Aimar, David, Iván, Adrián, Hugo R, Íker, Diego, Tiago, Jesús, José e Juan. Tamén xogaron Jorge, Pablo, Hugo V, Miguel e Álex.
Goles: 0-1 (6'): Jesús. 1-1 (26'): Sasha. 
Árbitro: Gabriel Polo Fraga.

VICTORIA 2 - 3 LUGO

Victoria CF: Izan, Lucas, Tomás, Aarón, Manuel, Simón, Erick, Xoel, Pablo, Noé e Xenxo. Tamén xogaron Gabriel, Marcelo, Samuel, Iago e Miguel.
CD Lugo: Jairo, Raúl, Mateo, Manuel, Lois, Diego, David, Yago, Xabier T, Xabier V e Mateo. Tamén xogaron Martín, Lucas, Aarón e Adrián.
Goles: 1-0 (5'): Xenxo. 1-1 (58'): Lucas. 1-2 (63'): Martín. 2-2 (66'): Samuel. 2-3 (80'): Xabier V.
Árbitro: Alejandro García Mosquera.

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

           Resultados xornada 38

Conxo 1-0 Ural
Viveiro CF 1-1 Pabellón Ourense
Areosa 0-6 Celta
Coruxo 2-1 Lérez
Victoria CF 2-3 Lugo
Deportivo 2-1 Val Miñor
Xuventude Oroso 0-0 Rápido de Bouzas
San Tirso 0-1 Bergantiños
Pontevedra A Arosa
Choco 0-0 Ferrol