O Celta golpea ao Lugo nas dúas categorías malia o bo partido de ambos conxuntos albivermellos

O Viveiro caeu cun avultado marcador ante o Arosa malia unha boa primeira parte

División de Honra cadete

Derrota do Lugo ante o Celta cun resultado avultado malia facer un gran partido. Saíron os de albivermello ao céspede con moita intensidade e facendo un marcaxe individual no seu campo pero un gol moi madrugador, no minuto 2, e outro en propia nunha xogada de ataque do local marcaron o devenir do resto da primeira parte na que o Celta marcou nas únicas tres chegadas que tivo e o Lugo, que tivo oportunidades, só logrou un gol tras un corner dos celestes e unha boa transición que converte Valiña. 

Co 3-1 chegaron ao descanso e, na segunda, saíron igual de enchufados pero a presión local deixou ao equipo sen gasolina no minuto 65, cando entra o 4-1. Aínda así, aguantaron ata o tramo final cando, no desconto, encaixaron dous goles máis nos que o Celta se aproveitou do esgotamento dos do Lugo.

Consulta aquí a clasificación

O Viveiro tamén caeu derrotado na casa ante o Arosa cun avultado marcador. Foi unha primeira parte boa para os viveirenses, que mantiveron a portería a cero e dispuxeron de varias ocasións para marcar, unha delas moi clara, un balón que sacaron de debaixo da liña.

No segundo tempo foron tres goles do rival a balón parado os que marcaron o partido. Unha falta lateral ao segundo pau, e aos tres minutos un córner á curta, que peinaron de espuela foron suficientes para a sentencia. Co terceiro, cinco minutos despois, unha falta que non defenderon ben os celestes, quedou visto para conclusión, e aínda habería outros dous máis ante un equipo xa desanimado.

CELTA 6 - 1 LUGO

RC Celta: Iván, Fernando, Alejandro V, Alejandro B, David, Raúl, Cristian, Mateo, Hugo, Ángel e Pedro. Tamén xogaron Roi, Nicolás, Pablo e Brais.
CD Lugo: Hugo, Raúl, Manuel, Aarón, Diego, Aimar, Xavi, Xavier V, Saúl, Martín e Sergio. Tamén xogaron Yago, Xabier T, Mateo e David.
Goles: 1-0 (2'): Ángel. 2-0 (12'): en propia porta. 3-0 (24'): Pedro. 3-1 (29'): Xabier V. 4-1 e 5-1 (68' e 80'): Nicolás. 6-1 (80'): Pablo.
Árbitro: Gabriel Quintairos Rial.

VIVEIRO 0 - 5 AROSA

Viveiro CF: Eric, Justin, Mauro, Diego, Alejandro P, Iago, Sasha, Xoel, Alejandro C, Claudio e Jorge. Tamén xogaron Axel, Saúl e Unai.
Arosa SC: Lucas, Javier, Jacobo, Anxo, Yeray, Manuel, Jorge, Pablo, David, Brais e Sergio. Tamén xogaron Beltrán, Breixo, Roberto e Adrián.
Goles: Yeray (49'), Manuel (51'), Yeray (62'), Breixo (66') e Roberto (69').
Árbitro: José Luis Fraga Torres.
                                                       
 
DIVISIÓN DE HONRA CADETE

           Resultados xornada 12

Lérez 1-1 Choco
Celta 6-1 Lugo
Pabellón Ourense 2-2 Val Miñor
Ural 4-1 Rápido de Bouzas
Conxo 1-2 Bergantiños
Viveiro CF 0-5 Arosa
Areosa 1-3 Ferrol
Coruxo 3-1 Pontevedra
Victoria CF 1-1 San Tirso
Deportivo 8-0 Xuventude Oroso

                     Próxima xornada 

Lérez - Celta
Lugo - Pabellón Ourense
Val Miñor - Ural
Rápido de Bouzas - Conxo
Bergantiños - Viveiro CF
Arosa - Areosa
Ferrol - Coruxo
Pontevedra - Victoria CF
San Tirso - Deportivo
Choco - Xuventude Oroso

                    

División de Honra infantil

O Lugo infantil tamén tivo este sábado o mesmo rival, o Celta, e tamén tivo que ver a derrota, aínda que cun marcador menos avultado.

2-0 foi o resultado co que se plantexaron o partido, cun 5-3-2 no que se lle deu máis importancia á defensa. Aguantaron ben todo o duelo os de Rochela, que aínda que non dispuxeron de moitas ocasións en ataque estiveron firmes ante as ofensivas rivais.

O primeiro tanto chegou no primeiro tempo, no 27', un saque de esquina que se envía ao segundo pau e o dianteiro só tivo que empuxar. O segundo gol, xa na segunda metade, foi tras un barullo na área, que remata co balón na rede.

Consulta aquí a clasificación

CELTA 2 - 0 LUGO

RC Celta: Eric, Alejandro C, Lorenzo, Jaime, Adrián, Alejandro S, Héctor, Pedro, Pablo, Mateo e Breixo. Tamén xogaron Pablo R, Rodrigo, Izan, Daniel e Lucas.
CD Lugo: Alexandre, Diego D, Daniel, Jean Paul, Arón, Unai, Brais, Íker, Lucas, Hugo e Rubén. Tamén xogaron Raul, Daniel A, Hugo e Marco.
Goles: Mateo (27') e Izan no minuto 56.
Árbitro: Daniel Vilar Álvarez.              
 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

           Resultados xornada 10   

Arosa 1-3 Deportivo
Santa Mariña 5-1 Cidade de Ribeira
Celta 2-0 Lugo
San Tirso 5-1 Bergantiños
Portero 2000 0-4 Pabellón Ourense
Areosa 1-1 Ural
Val Miñor 4-1 Conxo
DSF 1-2 Victoria FC

                  Próxima xornada   

Arosa - Santa Mariña
Cidade de Ribeira - Celta
Lugo - San Tirso
Bergantiños - Portero 2000
Pabellón Ourense - Areosa
Ural - Val Miñor
Conxo - DSF
Deportivo - Victoria FC