O Lugo cadete colleita un punto mentres o Viveiro queda a un paso do empate

Na categoría infantil, os albivermellos foron derrotados na casa por un Conxo que aproveitou os primeiros dez minutos.

División de Honra cadete

O equipo cadete do Lugo da primeira categoría sumou esta fin de semana o seu primeiro punto tralo empate co San Tirso a domicilio. Os de Fran xogaron unha primeira parte moi competida con bastantes alternativas e con momentos de bo xogo cambiando as dinámicas do outro equipo. Tiveron dúas moi boas ocasións que finalmente non culminaron en gol polo que foron ao descanso 0-0.

Na segunda, os primeiros dez minutos os albivermellos tiveron que apertar moito máis para evitar que o rival progresase. Aínda así chegou o primeiro gol, que foi empatado rapidamente. A falta de 3 minutos Valiña marca de penalti o segundo, no que parecía xa o resultado definitivo pola falta de tempo pero nunha saída de córner o San Tirso marcou o gol do empate deixando mal sabor de boca polo preto que estivo a vitoria.

Consulta aquí a clasificación

O Viveiro encaixou a terceira derrota da tempada aínda que tivo a posibilidade de puntuar moi preto pero pagou cara a páxara dos primeiros dez minutos do duelo, na que recibiu o primeiro tanto por un erro dos celestes e o segundo nun gol olímpico.

Unha vez superados os minutos iniciais, o Viveiro asentouse no campo e comezou a facer o seu xogo. Deste modo, unha saída en longo que se envenena remata no tanto de Unai, que aproxima o marcador.

No segundo tempo o Viveiro apertou máis e os xogadores acapararon o balón, co que chegaron as opcións do empate, como dous man a man de Unai, unha falta na frontal e algunha máis antes de que chegase o gol, obra de Claudio no minuto 77 nunha falta lateral lonxana que non toca ninguén e que acaba no fondo da portería rival.

Cando o Viveiro festexaba este gol, o Choco sacou de centro e, cos xogadores celestes fóra do seu sitio, nun cambio de banda logra romper o empate e subir os tres puntos a un marcador que non se moveu máis. 

SAN TIRSO 2 - 2 LUGO

San Tirso SD: Rodrigo, Guillermo, Jorge, Santiago, Íker, Álvaro, David, Janusz, Hugo, Lucas e Miguel. Tamén xogaron Abel, Xabi e Diego.
CD Lugo: Jairo, Raúl, Manuel, Aarón, David, Alexandre, Aimar, Xavi, Xabier B, Saúl e Martín. Tamén xogaron Diego, Sergio e Xabier T.
Goles: 0-1 (54'): Diego. 1-1 (59'): Janusz. 1-2 (77'): Xabier Valiña de penalti. 2-2 (78'): Íker.
Árbitro: Sergio Espasandín Cores.

CHOCO 3 - 2 VIVEIRO

CD Choco: Jorge, Gabriel, Iago, Fabián, Izan, Álex, Nicolás, Lucas, Marcos, íker e Iago. Tamén xogaron Aarón, Izan, Pablo e André.
Viveiro CF: Eric, Justin, Pablo, Mauro, Diego, Unai, Iago, Claudio, Saúl, Gabriel e Matías. Tamén xogaron Sasha, Axel, Alejandro P e Alejandro C.
Goles: 1-0 (3'): Izan. 2-0 (17'): Álex. 2-1 (23'): Unai. 2-2 (77'): Claudio. 3-2 (78'): Izan.
Árbitro: Carlos Martínez Fernández.
                                                       
 
DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                      Resultados xornada 3                                                                           

Arosa 4-1 Bergantiños
Ferrol 3-1 Rápido de Bouzas
Pontevedra 0-4 Val Miñor
San Tirso 2-2 Lugo
Xuventude Oroso 1-1 Lérez
Deportivo 3-1 Celta
Victoria CF 3-2 Pabellón Ourense
Coruxo 1-3 Ural
Areosa 1-0 Conxo
Choco 3-2 Viveiro CF

                     Próxima xornada 

Bergantiños - Choco
Rápido de Bouzas - Arosa
Val Miñor - Ferrol
Lugo - Pontevedra
Lérez - San Tirso
Celta - Xuventude Oroso
Pabellón Ourense - Deportivo
Ural - Victoria CF
Conxo - Coruxo
Viveiro CF - Areosa

 

División de Honra infantil

Derrota para o Lugo no seu segundo partido de Liga na División de Honra malia xogar mellor, pero lle foi imposible remontar un 0-2 en contra nos primeiros 10 minutos.

Comezaron moi fortes os do Conxo que fixeron valer a súa superioridade física durante o primeiro tramo do partido. Aínda así, non se amilanaron os de Lugo, que sufriron nese tempo ataques constantes e non conseguían sacar o balón do seu campo.

Pasado ese tempo o Lugo aproveitou para xogar máis ao espacio e chegar máis a área rival e comezar a superar ao visitante en xogo, situación que se repetiría na segunda metade. Chegou grazas a esa melloría o tanto dos locais, a cargo de Lucas, nunha falta ao bordo da área. A partir de aí o dominio foi lugués, tanto en ataque como en defensa pero o esforzo non foi recompensado con goles.

Consulta aquí a clasificación

LUGO 1 - 2 CONXO

CD Lugo: Alexandre, Diego, Daniel R, Raúl, Daniel A, Unai, Brais, Íker, Lucas, Hugo e Cristian. Tamén xogaron Marco, Hugo, Grabriel e Lois.
CD Conxo Santiago: Juan, Roberto, Antón, Ramón, Diego, Yago, Hugo, Uxío, Martín, Mario e Breixo. Tamén xogaron Gabriel, Nicolás, Román, Lois e Ismael.
Goles: 0-1 e 0-2 (7' e 11'): Uxío. 1-2 (25'): Lucas.
Árbitro: Adrián Fernández Teijido.              
 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

                   Resultados xornada 2                                                                     

Pabellón Ourense 1-1 Deportivo
Bergantiños 0-1 Ural
Lugo 1-2 Conxo
Cidade de Ribeira 0-3 Victoria FC
Arosa 2-0 Escola de Fútbol DSF
Santa Mariña 1-7 Val Miñor
Celta 4-1 Arosa
San Tirso 3-1 Portero 2000

                     Próxima xornada

Pabellón Ourense - Bergantiños
Ural - Lugo
Conxo - Cidade de Ribeira
Victoria FC - Arosa
Escola de Fütbol DSF - Santa Mariña
Val Miñor - Celta
Areosa - San Tirso
Deportivo - Portero 2000