Os cadetes deixaron ir os tres puntos na segunda parte logo de chegar ao descanso 3-0

Os infantís dispuxeron dos mellores minutos da tempada pero foi o rival o que se levou finalmente os tres puntos grazas a un único gol

División de Honra Cadete

O Lugo cadete deixou escapar os tres puntos na segunda parte dun partido no que foi ao descanso 3-0. Xogaron moi ben os de Fran, que aproveitaron as ocasións con varios balóns ao espacio. Tiveron alguna máis pero a vantaxe parecía segura cando fixeron a pausa.

Na segunda metade o UD Ourense saíu máis centrado ao campo, mellor posicionado e o partido volveuse algo tolo. O Lugo controlou a fase defensiva e xa non puido atacar. O UD Ourense, pola contra, puxo as cousas moi complicadas e con dous goles moi seguidos, o primeiro de penalti pouco despois do reinicio, a vitoria do Lugo xa estaba contra as cordas. 

Finalmente, o Ourense logrou o empate para repartir o pastel dos puntos. 

Consulta a clasificación aquí

LUGO 3 - 3 UD OURENSE

CD Lugo: Antón, Mateo, Adrián, Pablo, Sergio, Ángel, Saúl, Héctor, Jesús, Gabriel e Gael. Tamén xogaron Lucas, Jesús, Hugo, Marcos.
UD Ourense: Álvaro, Breixo, Víctor Manuel, Unai, Iago, Carlos, Borja, Mateo, Xaime, José e Mauro. Tamén xogaron Hugo, Anxo e Marcos.
Goles: Adrián, Héctor e Mateo polo local e Unai de penlati e Carlos (2) polo visitante. 
Árbitro: David Pereira Ferreiro.

 

Resultados xornada 4

Conxo 2 1 Montañeros
Lugo 3 3 UD Ourense
Deportivo 8 1 Salgueiriños
Rápido de Bouzas 2 3 Ural
Ferrol 0 0 Coruxo
Areosa 0 4 Val Miñor
Victoria 0 6 Arosa
Xuventude Oroso 0 1 Celta
Pabellón Ourense 1 1 San Tirso

Próxima xornada

Conxo - - Lugo
UD Ourense - - Deportivo
Salgueiriños - - Rápido de Bouzas
Ural - - Ferrol
Coruxo - - Areosa
Val Miñor - - Victoria
Arosa - - Xuventude Oroso
Celta - - Pabellón Ourense
Montañeros - - San Tirso

 

División de Honra Infantil

Foi un partido moi igualado o que disputou o Lugo infantil na casa ante o Victoria, no que o triunfo acabaou en mans visitantes logo dun único gol no ecuador do partido.

Para o Lugo as mellores ocasións chegaron na primeira parte a balón parado. As dúas en senllos saques de esquina, no primeiro non chegaron ao remate ao segundo pau e no segundo o rival logra sacala da porta.

O rival tamén dispuxo dalgunha ocasión e tamén a balón parado pero o Lugo non concedeu moito.

Tras un descanso sin goles, no primeiro minuto da segunda parte o Victoria marca nunha falta lonxana que bota na área pequena e cóase na portería.

A partir de aí o rival xogou uns minutos sendo mellor pero os albivermellos non deixaron de intentalo ata o final. Destacou unha xogada de Yago Maseda pola banda dereita, que se vai de tres xogadores, filtra un pase para Noel que non chega a rematar con facilidade.

Na última acción do partido, chegaron a rematar ante o porteiro pero non foron quen de materializar.

Continúan os de Lugo no último posto e con unha mostra de sumar os primeiros puntos.

Consulta a clasificación aquí

LUGO 0 - 1 VICTORIA

CD Lugo: Miguel, Jorge, Noel, Iago, Martín O, Jesús, Bruno, Asier, Manuel, Carlos e Marcín E. Tamén xogaron Raúl, Germán, Bruno, Brais e Anxo.
Victoria CF: Roi, Xabier, Pablo, Alejandro, Anxo, Mateo, Iago, Faraji, Mateo, Raúl e Esaw. Tamén xogaron Ariel, Mateo, Nicolás, Mario e Lucas.
Goles: Gold e Mateo no minuto 41. 
Árbitro: Javier Gómez Martín.

 

Resultados xornada 3

Deportivo 6 1 Areosa
Lugo 0 1 Victoria
Santa Mariña 2 4 San Tirso
Celta 0 0 Val Miñor
Conxo 3 1 Pabellón Ourense
Ural 0 0 Lérez
Escola DSF 1 1 Arosa
Portero 2000 4 2 Bertamiráns
Próxima xornada
Areosa - - Portero 2000
Victoria - - Deportivo
San Tirso - - Lugo
Val Miñor - - Santa Mariña
Pabellón Ourense - - Celta
Lérez - - Conxo
Arosa - - Ural Español
Bertamiráns - - Escola DSF