Debuta o Lugo infantil na competición cunha derrota ampla ante un duro rival

O cadete sumou o primeiro punto cun empate ante o Ural nun partido no que estivo mellor no primeiro tramo

División de Honra Cadete

O Lugo sumou un punto nesta segunda xornada de Liga ante o Ural logo de empatar a uns. Na primeira media hora o Lugo estivo moi ben, dominando todas as fases do xogo, con moi bos pases e forte en defensa. Foi neses interes cando chegou o gol: un balón ao espazo de Gabri que remata por riba Hugo. De seguido, este dianteiro dispuxo doutra ocasión pero o porteiro rival estivo moi acertado.

Desde ese momento foi máis difícil dominar o xogo. De feito, a segunda parte comezou cun penalti logo dun córner, que foi onde se puxeron eles 1-1.

A partir de aí, o partido púxose algo tolo, con momentos onde o balón estaba máis en posesión do Lugo e outros do Ural. O rival non tivo moitas ocasións e o Lugo dispuxo de varias opcións con perigo pero que non conseguiron rematar de forma clara.

Consulta a clasificación aquí

LUGO 1 - 1 URAL

CD Lugo: Antón, Andrés, Adrían, Hugo, Sergio O, Saul, Sergio M, Jesus G, Brais, Gabriel e Gael. Tamén xogaron Pablo, Lucas, Lois e Jesús A.
Ural Español CF: Pablo A, Daniel, Mael, Jorge, Nicolás, Ismael, Sebastián, Pablo C, Diego e Leo. Tamén xogaron Hugo, Samuel, Jaime e Luca.
Goles: 1-0 (16'): Hugo. 1-1 (46'): Marcos de penalti.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.

 

Resultados xornada 2

UD Ourense 2 3 Montañeros
Conxo 3 1 Salgueiriños
Lugo 1 1 Ural
Deportivo 3 1 Coruxo
Rápido de Bouzas 0 3 Val Miñor
Ferrol 0 4 Arosa
Areosa 0 3 Celta
Victoria 0 2 San Tirso
Xuventude Oroso 5 0 Pabellón Ourense
 

Próxima xornada

UD Ourense - - Conxo
Salgueiriños - - Lugo
Ural - - Deportivo
Coruxo - - Rápido de Bouzas
Val Miñor - - Ferrol
Arosa - - Areosa
Celta - - Victoria
San Tirso - - Xuventude Oroso
Montañeros - - Pabellón Ourense

 

División de Honra Infantil

Duro rival para o Lugo no seu inicio de tempada. Os albivermellos enfrontáronse ante o Deportivo, co que caeron por 1-5 na Cheda.

Malia o resultado, os locais xogaron moi ben, sobre todo na primeira parte. De feito, a primeira oportunidade de gol para eles, un centro lateral que non chega a rematar o dianteiro. Ademais producíronse varias chegadas con disparos non acertados pero que plantexaban cara ao rival na frontal da área.

Foi o Deportivo o que abriu o tanteo cun gol en parado nun saque de esquina. O segundo foi unha perda de balón do Lugo que rematou nun man a man con Miguel, que perdeu a vantaxe.

Tras unha boa primeira parte pero con dous goles en contra a moral aguantou ata que entrou o terceiro tanto, tras un cambio de xogo do Dépor. O Lugo comezou a chegar tarde á presión e o 0-3 fixo moito dano ao espírito do equipo. Tralo 0-4 chegou o gol do Lugo, grazas a un penalti que converteu Óscar. Finalmente, completou o Deportivo o marcador cun pase centrado que finalizou noutro man a man con Miguel. 

A partir de aí aguantou moi ben o Lugo o envite.

Consulta a clasificación aquí

LUGO 1 - 5 DEPORTIVO

CD Lugo: Miguel, Joaquín, Noel, Nicolás, Bruno S, Martín, Jesús, Carlos, Bruno P, Manuel e Asier. Tamén xogaron Alejandro, Iker, Jorge, Óscar e Iago.
RC Deportivo SAD: Lucas L, Iago José, Guillermo, Nicolás, Georgiev, Daniel, Sergio, José, Andrés, Raúl e  Miguel. Tamén xogaron Esteban, Lucas V, Pablo e Antón.
Goles: 0-1 (10'): Raúl. 0-2 (16'): Sergio. 0-3 (44'): Andrés. 0-4 (51'): Raúl. 1-4 (53'): Óscar de penalti. 1-5 (57'): Sergio.
Árbitro: David Pereira Ferreiro.

Resultados xornada 1

Lugo 1 5 Deportivo
Santa Mariña 0 0 Areosa
Celta 5 0 Victoria
Conxo 5 1 San Tirso
Ural 0 1 Val Miñor
Escola DSF 3 1 Pabellón Ourense
Bertamiráns 0 0 Lérez
Portero 2000 2 6 Arosa
Próxima xornada
Deportivo - - Portero 2000
Areosa - - Lugo
Victoria - - Santa Mariña
San Tirso - - Celta
Val Miñor - - Conxo
Pabellón Ourense - - Ural Español
Lérez - - Escola DSF
Arosa - - Bertamiráns