O Lugo apura a competición cunha vitoria ante o Coruxo na penúltima sesión

O Viveiro foi goleado de forma abrumadora polo Celta, que apertou ata o último minuto

División de Honra Cadete

O Lugo apura a tempada, da que só queda unha cita a próxima semana, e venceu ao Coruxo por un 3-1, que podería ter sido máis se a definición na área contraria houbese estado máis afortunada.

O Lugo foi dominador durante todo o partido pero costou máis a primeira parte, na que só houbo unha ocasión clara, o gol de Martín xa no minuto 10.

Na segunda, ademais de dominar, o Lugo comezou a chegar mellor, a xerar xogadas e tamén a dar máis oportunidades aos dianteiros, acumulando o xogo na área rival. Así chegaron os dous goles de Lucas, en catro minutos, dos que destacou pola súa técnica o segundo, no que o lugués regatea ao porteiro e logo a un xogador para empuxar o balón á rede contraria.

A catro minutos do final o Coruxo fixo o seu gol nun contrataque tras un penalti que non entrou pero sen opción a máis.

Consulta aquí a clasificación

O Viveiro pola súa conta sufriu contra o Celta, que o goleou de forma inmisericorde, o que amosa a fortaleza do segundo da competición, que, xunto co Deportivo, son claramente superiores

O Viveiro, que tamén está rematando a competición, da que sairá este ano tras unha dura tempada, encaixou rápido e no descanso xa tiña a metade dos goles en contra. Non parou o local, que seguiu apertado ata o final, metendo o tanto número 12 a un minuto do final.

CELTA 12 - 0 VIVEIRO

RC Celta: Borja, Fernando, Pedro, Alejandro, David, Julián, Mateo, Brais, Ángel, Iago e Nicolás. Tamén xogaron Raúl, Alexandre, Hugo, Pablo e Iván.
Viveiro CF: Íker, Justin, Pablo, Mauro, Diego, Alejandro, Unai, Xoel, Saúl, Claudio e Matías. Tamén xogaron Sasha, Gabriel, Axel e Éric.
Goles: Ángel, David, Mateo, Nicolás (2), Iago, Pedro, Alexandre (3) e Hugo (2). 
Árbitro: Rubén Extremadura Hernández.

LUGO 3 - 1 CORUXO

CD Lugo: Jairo, Raúl, Aarón, David, Aimar, Xabier T, Lucas, Saúl, Martín, Adrián e Mateo. Tamén xogaron Diego, Andrés, Yago e Sergio.
Coruxo FC: Aarón, Ricardo, Jorge, Pablo, Luis, Mario, Diego, Noé, Javier, Gael e Óscar. Tamén xogaron Lucas, Hugo, Mateo, Thiago e Xavier.
Goles: 1-0 (10'): Martín. 2-0 e 3-0 (59' e 63'): Lucas. 3-1 (76'): Xavier.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

           Resultados xornada 37

Ural 0-2 Choco
Pabellón Ourense 1-0 Conxo
Celta 12-0 Viveiro CF
Lérez 3-2 Areosa
Lugo 3-1 Coruxo
Val Miñor 5-0 Victoria CF
Rápido de Bouzas 1-4 Deportivo
Bergantiños 0-3 Xuventude Oroso
Arosa 1-1 San Tirso
Ferrol 3-0 Pontevedra

Próxima xornada

Conxo - Ural
Viveiro CF - Pabellón Ourense
Areosa - Celta
Coruxo - Lérez
Victoria CF - Lugo
Deportivo - Val Miñor
Xuventude Oroso - Rápido de Bouzas
San Tirso - Bergantiños
Pontevedra - Arosa
Choco - Ferrol