Os cadetes do equipo albivermello vencen ao Celta nun duelo de alternancia de poder

Os infantís xogarán a próxima semana un partido decisivo co Areosa para manter a categoría logo de non poder pasar do empate este sábado

División de Honra Cadete

O Lugo firmou esta fin de semana na casa unha importante vitoria ante o Celta, equipo situado no posto de prata da competición.

Os de Rochela intentaron facer un xogo combinativo durante os primeiros 15 minutos e así obtiveron de renda o primeiro gol, nos minutos iniciais, que chega tras un balón que vai ao espazo e esvara un xogador do Celta polo que Diego quedou só ante o porteiro e marcou.

Despois deses primeiros minutos de xogo combinativo, o Celta deixou ver a súa superioridade física e o Lugo xogou máis pechado atrás.

No segundo tempo, o Lugo volveu marcar de inicio, nesta ocasión nun contraataque de Adrián, Raúl e Diego que finaliza Raúl só ante o porteiro.

O Celta achegouse aos dous minutos nun gol produto dun córner que mete de cabeza o dianteiro rival.  Despois dese tanto ao equipo albivermello tocoulle aguantar e sufrir ata o final pero os tres puntos quedaron en Lugo. Jairo fixo dúas intervencións que evitaron o empate.

Consulta aquí a clasificación

O Viveiro volveu caer esta fin de semana co Arosa por 3-0, un equipo da zona máis alta. O conxunto viveirés, que xa está descendido, dispuxo de ocasións pero non foi quen de pechar as xogadas para sumar algún gol. De feito, no primeiro tempo apertaron arriba e crearon perigo na saída de balón dando oportunidade de marcar en dúas xogadas.

Pero foi o rival o que marcou, o primeiro tanto antes do descanso nunha xogada a balón parado.

Na segunda o Viveiro non desesperou e seguiu apertando arriba pero o xogo directo do Arosa foi imbatible e meteron nunha xogada con varios atacantes. O último tanto do rival foi un balón que pasou por varios despexes e acabou entrando.

LUGO 2 - 1 CELTA

CD Lugo: Jairo, Raúl, Manuel, Aarón, Diego, Yago, Aimar, Xabier T, Martín, Adrián e Sergio. Tamén xogaron Andrés, Mateo, Lucas e David.
RC Celta: Borja, Anxo, Alejandro V, Alejandro B, Roi, Julián, Cristian, Raúl, Alexandre, Ángel e Pedro. Tamén xogaron Mario, Fernando, Brais e Hugo.
Goles: 1-0 (3'): Diego. 2-0 (45'): Raúl. 2-1 (47'): Ángel.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

AROSA 3 - 0 VIVEIRO

Arosa SC: Lucas, Javier, Jacobo, Anxo, Jorge, Pablo, David S, Brais, Breixo, David P e Sergio. Tamén xogaron Adrián, Yeray, Manuel, Roberto e Juan Diego.
Viveiro CF: Eric, Justin, Mauro, Diego, Alejandro P, Unai, Iago, Claudio, Matías, Gabriel e Xoel. Tamén xogaron Saúl, Pablo, Axel e Alejandro C.
Goles: Jacobo (22'), Jorge (57') e David S (72').
Árbitro: Jorge Chan Pérez.

 

DIVISIÓN DE HONRA CADETE

           Resultados xornada 31

Choco 0-2 Lérez
Lugo 2-1 Celta
Val Miñor 1-1 Pabellón Ourense
Rápido de Bouzas 1-2 Ural
Bergantiños 1-5 Conxo
Arosa 3-0 Viveiro CF
Ferrol 2-1 Areosa
Pontevedra 0-4 Coruxo
San Tirso 2-1 Victoria CF
Xuventude Oroso 0-3 Deportivo

   Próxima xornada

Celta - Lérez
Pabellón Ourense - Lugo
Ural - Val Miñor
Conxo - Rápido de Bouzas
Viveiro CF - Bergantiños
Areosa - Arosa
Coruxo - Ferrol
Victoria CF - Pontevedra
Deportivo - San Tirso
Xuventude Oroso - Choco

 

 

División de Honra infantil

O Lugo non aproveitou para saír da zona de perigo na que se atopa e empatou esta fin de semana co Portero 2000 cun resultado de 2-2.

Partido moi desigual no que a primeira parte foi para o equipo visitante, que se puxo 2-0 cedo con dous balóns á espalda. O Lugo acabou xogando moi apresurado e non impediu que entraran os dous tantos do rival, o primeiro nunha boa transición e o segundo tras o lanzamento do porteiro rival.

O Lugo reaccionou xa antes do descanso cun golazo de Oscar. Tamén o árbitro anulou un gol co 1-2 por fóra de xogo pero Leo rematou unha bola que chegou ao segundo pau nun centro lateral para poñer o empate no marcador.

O Lugo, que estivo mellor na segunda parte, tivo moitas ocasións, con varias chegadas pero non conseguiron rematalas.

O conxunto de Jonathan enfrontarase a próxima semana a unha xornada decisiva pola súa permanencia ante o Areosa.

Consulta aquí a clasificación

LUGO 2 - 2 PORTERO 2000

CD Lugo: Álvaro, Daniel R, Raúl, Arón, Brais, Óscar, Íker, Javier, Lucas, Hugo H e Rubén. Tamén xogaron Leo e Diego.
EF Portero 2000: Fernando, Manuel, Felipe, Hugo C, Gael, Xurxo, Santiago, Xuanchao, Santiago, Hugo R e Anxo. Tamén xogaron Héctor, Alejandro, Sergio e Roque.
Goles: 0-1 e 0-2 (20' e 36'): Xuanchao. 1-2 (39'): Óscar. 2-2 (67'): Leo.
Árbitro: David Rodríguez López.              
 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

           Resultados xornada 27

Deportivo 4-3 Santa Mariña
Arosa 0-1 Celta
Cidade de Ribeira 2-1 San Tirso
Lugo 2-2 Portero 2000
Bergantiños 2-2 Areosa
Pabellón Ourense 6-0 Val Miñor
Ural 0-0 DSF
Conxo 2-2 Victoria FC

Próxima xornada

Celta - Santa Mariña
San Tirso - Arosa
Portero 2000 - Cidade de Ribeira
Areosa - Lugo
Val Miñor - Bergantiños
DSF - Pabellón Ourense
Victoria FC - Ural
Conxo - Deportivo