Os dous equipos do Lugo caen ante rivais fortes polo mesmo resultado: 0-2

O Viveiro non xogou porque varios equipos pediron cambios de data debido á convocatoria de varios xogadores para a Selección

División de Honra Cadete

Mala xornada para o Lugo, que recibiu na casa a un rival que fixo valer a súa fortaleza física para marcar distancias desde o primeiro momento.

Entraron mal os de Lugo ao partido, en especial os primeiros dez minutos, nos que o Val Miñor foi moi superior levándose de renda un gol, produto dunha carambola de rexeites.

A partir do minuto 10 o Lugo subiu a intensidade e comezou a levar o balón cara adiante aínda que sen xerar oportunidades de gol claras.

Costoulle ao Lugo facer fronte a este rival na primeira pero tamén na segunda parte. As ideas non estaban claras na finalización mentres que o Val Miñor defendía ben. O segundo tanto foi un saque de banda, que centran e rematan ao segundo pau. 

Consulta aquí a clasificación

O Viveiro non xogou do mesmo xeito que non se xogaron máis partidos. Esto foi debido a que algúns equipos solicitaron aprazamento por ter algún xogador convocado coa selección sub 16.

                   

LUGO 0 - 2 VAL MIÑOR

CD Lugo: Xabier, Raúl, Manuel, Mateo M, Yago, Aimar, Xabier T, Lucas, Martín, Andrés e Mateo D. Tamén xogaron Diego, Mateo C, Saúl O e Saúl L.
ED Val Miñor Nigrán: Nicolás, Pablo M, Borja, Adrián, Iago, Xián, Lucas, Iago A, Mateo, Pablo F e Mauro. Tamén xogaron Álvaro, Miguel, Lucas, Edgar e Dorian.
Goles: Mateo (4') e Lucas (62').
Árbitro: Eduardo Feijoo Trigo.

 

 
DIVISIÓN DE HONRA CADETE

           Resultados xornada 28

Lugo 0-2 Val Miñor
Lérez 2-1 Rápido de Bouzas
Celta S Bergantiños
Pabellón Ourense 2-0 Arosa
Ural S Ferrol
Conxo A Pontevedra
Viveiro CF S San Tirso
Areosa 2-2 Xuventude Oroso
Coruxo S Deportivo
Victoria CF 1-2 Choco

Próxima xornada 

Choco - Lugo
Val Miñor - Lérez
Rápido de Bouzas - Celta
Bergantiños - Pabellón Ourense
Arosa - Ural
Ferrol - Conxo
Pontevedra - Viveiro CF
San Tirso - Areosa
Xuventude Oroso - Coruxo
Deportivo - Victoria CF

   

 

División de Honra infantil

Derrota do Lugo ante o líder, o Celta, que marcou posicións ante o equipo albivermello, aínda que non tanta como cabería esperar. Os de Jonathan encaixaron o primeiro tanto aos cinco minutos e non habían pasado outros dez cando entrou o segundo. O Celta pasou por riba dos lugueses que non tiveron opcións e practicamente careceron de oportunidades. Si fixo boas intervencións Alexandre, que salvou un resultado que puido ser maior.

Na segunda parte o Lugo contrarrestou o ataque feroz do Celta pero aínda así os celestes tiveron ocasións e o Lugo algunha chegada que non foi a ningún lado.

Queda o conxunto lugués nunha difícil posición, só está dous puntos por riba do primeiro equipo colocado para o descenso polo que ten que conseguir vencer nos cinco partidos que lle restan.

Consulta aquí a clasificación

LUGO 0 - 2 CELTA

CD Lugo: Alexandre, Diego, Daniel R, Raúl, Arón, Brais, Unai, Íker, Javier, Lucas e Rubén. Tamén xogaron Hugo, Daniel A, Óscar e Cristian.
RC Celta: Éric, Alejandro, Breixo, Jaime, Alejandro, Daniel, Pablo, Íker R, Izan, Pedro e Íker P. Tamén xogaron Pablo F, Pablo R, Lorenzo, Lucas C e Lucas G.
Goles: Íker P (5') e Alejandro (12').
Árbitro: Adrián Fernández Teijido.              
 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

           Resultados xornada 25

Deportivo 4-0 Arosa
Cidade de Ribeira 5-3 Santa Mariña
Lugo 0-2 Celta
Bergantiños 0-4 San Tirso
Pabellón Ourense 7-1 Portero 2000
Ural 1-0 Areosa
Conxo 0-6 Val Miñor
Victoria FC 0-3 DSF

Próxima xornada

Santa Mariña - Arosa
Celta - Cidade de Ribeira
San Tirso - Lugo
Portero 2000 - Bergantiños
Areosa - Pabellón Ourense
Val Miñor - Ural
DSF - Conxo
Victoria FC - Deportivo