Dous empates para o Lugo, que lles impiden progresar na táboa, malia que mereceron máis

O Viveiro foi derrotado amplamente polo Xuventude Oroso e non sae da última praza
DHC_Lugo-San Tirso__Noe-7
photo_camera DHC_Lugo-San Tirso__Noe-7

División de Honra Cadete

O Lugo logrou levarse un punto do duelo co Rápido de Bouzas nun enforntamento que se lle puxo en contra na primeira parte tras o 2-0.

Os locais foron difíciles de conter para o Lugo xa que se trata un equipo moi físico que fixo moito dano e que foi superior, en especial nos duelos, nos que facían valer a súa fortaleza. Aínda así, os dous goles foron dous fallos defensivos do Lugo.

Na segunda, o Rápido cambiou o plantexamente para repregarse atrás e o Lugo aproveitou esta situación para facerse co control do xogo, acosando ao rival ata que no tramo final entraron os dous goles do Lugo, o segundo sobre o asubío final.

O primeiro foi obra de Lucas, que marca coa perna esquerda tras recibir na área, e o segundo foi obra de Martín, que mete gol tras varios rexeites.

Consulta aquí a clasificación

Derrota avultada do Viveiro, nesta ocasión ante o Xuventude de Oroso, un equipo da parte media-alta. Non tiveron moito que dicir os de Samuel, que comezaron encaixando un penalti no primeiro minuto. Suxeitaron ao rival ata o 20', cando o local marcou o segundo, e rapidamente foi contestado polo Viveiro. Antes da pausa o Xuventude xa etaba 4-1 e co partido praticamente sentenciado, en especial cando, xusto á volta, entrou o quinto.

XUVENTUDE OROSO 6 - 1 VIVEIRO

ED Xuventude Oroso: Alejandro, Hugo, Lucas, Marco A, Diego, Adrián, Oliver, Marco C, Mateo Seoane, Gabriel e Ignacio. Tamén xogaron Darío P, Darío F e Mateo V.
Viveiro CF: Íker, Justin, Pablo, Mauro, Diego, Alejandro, Unai, Claudio, Saúl, Xoel e Sasha. Tamén xogaron Iago, Gabriel, Axel e Alejandro.
Goles: Mateo Seoane (de penalti), Adrián (2), Gabriel, Marco A e Oliver polo local e Xoel polo visitante.
Árbitro: Jesús Piñeiro Lugo.

                   

RÁPIDO DE BOUZAS 2 - 2 LUGO

Club Rápido de Bouzas: Leo, Liber, Joaquín, Nicolás, Adrián R, Manuel, Diego, Hugo, Adrián P, Naza e Hernán. Tamén xogaron Alejandro, José, Mateo e Roberto. 
CD Lugo: Hugo, Raúl, Mateo C, Manuel, Aarón, Diego, Yago, Aimar, Lucas, Martín e Mateo D. Tamén xogaron Andrés, Mateo M, Gael e Xabier.
Goles: 1-0 (8'): Adrián. 2-0 (25'): Adrián. 2-1 (70'): Lucas. 2-2 (80'): Martín.
Árbitro: Eduardo Rivera Gores.      

 

 
DIVISIÓN DE HONRA CADETE

           Resultados xornada 27 

Choco 1-0 Val Miñor
Rápido de Bouzas 2-2 Lugo
Bergantiños 0-3 Lérez
Arosa 2-3 Celta
Ferrol 2-2 Pabellón Ourense
Pontevedra 1-0 Ural
San Tirso 1-0 Conxo
Xuventude Oroso 6-1 Viveiro CF
Deportivo 3-2 Areosa
Victoria CF 3-0 Coruxo

   Próxima xornada 

Lugo - Val Miñor
Lérez - Rápido de Bouzas
Celta - Bergantiños
Pabellón Ourense - Arosa
Ural - Ferrol
Conxo - Pontevedra
Viveiro CF - San Tirso
Areosa - Xuventude Oroso
Coruxo - Deportivo
Victoria CF - Choco

       

 

División de Honra infantil

O Lugo non puido pasar do empate co Santa Mariña esta fin de semana malia que mereceu gañar polas oportunidades das que dispuxo. Aínda que foi o Santa Mariña o que marcou primeiro, na única chegada que tiveron, foi o Lugo o que tivo as ocasións, tamén cun tanto anulado, e varios tiros con perigo, entre eles un pau.

Foron superiores tamén na segunda parte, ata que unha falta lateral que remata Óscar puxo o empate no marcador. Xusto despois un tiro clarísimo foi parado polo porteiro rival. Non faltaron máis ocasións pero o marcador non se moveu máis.

Consulta aquí a clasificación

SANTA MARIÑA 1 - 1 LUGO

UD Santa Mariña: Pablo. Xián, Mateo, Fabio, Gerard, Diego, Manuel, Tomás, Carlos, Adrián, Luis. Tamén xogaron Xián, Nicolás, Roberto, Diego e Anxo.
CD Lugo: Álvaro, Lucas, Diego, Raúl, Arón, Óscar, Íker, Javier, Hugo H e Rubén. Tamén xogaron Leo, Pedro, Cristian e Daniel.
Goles: 1-0 (25'): Diego. 1-1 (55'): Óscar.
Árbitro: Carlos Alberto González Fernández              
 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

           Resultados xornada 24

Arosa 2-1 Cidade de Ribeira
Santa Mariña 1-1 Lugo
Celta 10-0 Bergantiños
San Tirso 1-2 Pabellón Ourense
Portero 2000 2-2 Ural
Areosa 2-2 Conxo
Val Miñor 5-1 Victoria FC
DSF 2-2 Deportivo

Próxima xornada

Deportivo - Arosa
Cidade de Ribeira - Santa Mariña
Lugo - Celta
Bergantiños - San Tirso
Pabellón Ourense - Portero 2000
Ural - Areosa
Conxo - Val Miñor
Victoria FC - DSF