Os infantís logran unha cómoda vitoria nun partido no que sufriron e non resolveron ata o final

Un punto para cada un dos dous cadetes, que empataron os seus duelos, sen repercusión nas táboas
DHC_Viveiro-Lugo_Noe-3
photo_camera DHC_Viveiro-Lugo_Noe-3

División de Honra Cadete

O equipo cadete do Lugo colleitou un punto esta fin de semana ante o Arosa. Foi un partido no que os de Rochela xogaron ben en defensa pero co rival máis forte en xogo directo aínda que o Lugo se levou todas as disputas.

Foron superiores os xogadores albivermellos que viron como dous tiros do rival dende lonxe acababan no largueiro como únicos sinais de perigo.

Acabaron a primeira parte sen goles pero na segunda o Lugo marcou a través dunha xogada de Andrés, que define ao pau corto e marca.

Con ese resultado aguantaron o marcador como dominadores do xogo e no minuto 7 do desconto o rival empatou nunha xogada a balón parado de córner, perdendo a ocasión de poder levarse os tres puntos. Bo resultado para os lugueses, que se enfrontaban a un dos equipos da zona alta e que manteñen unha meritoria quintar praza.

Consulta aquí a clasificación

O Viveiro sumou un punto a domicilio ao empatar co Victoria CF. Os mariñaos reciben este respaldo tímido á súa mellora do xogo nas últimas semanas. O equipo local foi o primeiro en marcar pero o Viveiro non lles deixou desfrutar do momento, xa que meteu gol aos dous minutos, resultado co que foron ao descanso. 

Esta igualdade mantívose ata o tramo final. A falta de 9 minutos o Viveiro adiántase cun gol de Xoel pero tamén nesta ocasión os festexos terminaron cedo xa que ao minuto seguinte o Victoria lograba un empate que ensombrecía a situación de vantaxe da que dispuxeron.

VICTORIA CF 2 - 2 VIVEIRO

Victoria CF: Izan, Iago, Tomás, Aarón, Manuel, Samuel, Luca, Xoel, Noé, Daniel e Marcelo. Tamén xogaron Bruno, Simón, Miguel e Xenxo.
Viveiro CF: Mateo, Justin, Pablo, Mauro, Diego, Unai, Iago, Claudio, Matías, Gabriel e Sasha. Tamén xogaron Souhail e Xoel.
Goles: 1-0 (16'): Manuel. 1-1 (18'): Iago. 1-2 (71'): Xoel. 2-2 (72'): Xoel.
Árbitro: Edgar Soto Eiroá.

                   

AROSA 1 - 1 LUGO

Arosa SC: Adrián, Beltrán, Javier, Yeray, Roberto, Brais, Breixo, David P, Sergio, Diego e Juan. Tamén xogaron David S, Jorge, Jacobo e Anxo.
CD Lugo: Xabier, Raúl, Manuel, Aarón, Diego, Mateo, Yago, Aimar, Lucas, Martín e Mateo D. Tamén xogaron Andrés Adrián, Xabier e Mateo C.
Goles: 0-1 (64'): Andrés. 1-1 (80'): Juan.
Árbitro: César Montes Villamil.       
 
DIVISIÓN DE HONRA CADETE

           Resultados xornada 25

Choco 2-2 Rápido de Bouzas
Bergantiños 0-1 Val Miñor
Arosa 1-1 Lugo
Ferrol 1-0 Lérez
Pontevedra 0-10 Celta
San Tirso 4-5 Pabellón Ourense
Xuventude Oroso 3-2 Ural
Deportivo 6-1 Conxo
Victoria CF 2-2 Viveiro CF
Coruxo 4-2 Areosa

Próxima xornada  

Val Miñor - Rápido de Bouzas
Lugo - Bergantiños
Lérez - Arosa
Celta - Ferrol
Pabellón Ourense - Pontevedra
Ural - San Tirso
Conxo - Xuventude Oroso
Viveiro CF - Deportivo
Areosa - Victoria CF
Coruxo - Choco

             

División de Honra infantil

O Lugo sacou esta fin de semana os tres puntos ante o Cidade de Ribeira nun partido no que, malia o resultado, sufriron moito.

O rival foi o primeiro en ter opcións de gol, pero aos cinco minutos unha boa xogada de Dani pola dereita acaba en gol tras centrar aos pés de Aarón.

Seguiron como dominadores do xogo pero o árbitro anulou un golazo de Dani Abuín e tamén quedou sen entrar unha xogada de Dani Rodríguez, que mandou fóra nun man a man co porteiro rival.

Tralo descanso, na segunda parte, o colexiado anulou outro gol máis, nesta ocasión procedente dun córner. Tras estas decisións arbitrais e a situación do xogo, o partido dábase por terminado pero a dous minutos do final Brais centra a Rubén que envía a Óscar que esta vez si, mete o segundo.

E xusto antes do asubío final, entrou o terceiro, nunha acción na que Hugo Rodríguez centra pola dereita e que acaba sendo en propia porta do rival. 

Consulta aquí a clasificación

CIDADE DE RIBEIRA 0 - 3 LUGO

Cidade de Ribeira CF: Brais, Enrique, Marco, Álvaro F, Álvaro V, Hugo, Jonathan, Miguel, Alejandro, Marco e Andrés. Tamén xogaron Álvaro P, Pablo, Leo e Uxía.
CD Lugo: Álvaro, Diego, Daniel R, Raúl, Daniel A, Arón, Unai, Íker, Lucas,  Hugo H e Rubén. Tamén xogaron Óscar, Hugo R, Pedro e Brais.
Goles: Arón (7'), Óscar (79') e o último en propia porta do rival (80').
Árbitro: Sergio Miguens Santiago.              
 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

           Resultados xornada 22

Cidade de Ribeira 0-3 Lugo
Arosa 4-0 Bergantiños
Santa Mariña 1-7 Pabellón Ourense
Celta 4-0 Ural
San Tirso 3-2 Conxo
Portero 2000 2-0 Victoria FC
Areosa 3-1 DSF
Val Miñor 2-2 Deportivo

Próxima xornada

Deportivo - Cidade de Ribeira
Lugo - Arosa
Bergantiños - Santa Mariña
Pabellón Ourense - Celta
Ural - San Tirso
Conxo - Portero 2000
Victoria FC - Areosa
DSF - Val Miñor