O Lugo cadete convence ante o Rácing e o Viveiro foi derrotado no último minuto

O equipo lugués infantil caeu ante un sempre complicado Deportivo antes do descanso, aínda que lle puxo as cousas difíciles no segundo tempo

División de Honra Cadete

3-1 venceu o Lugo cadete este sábado ao Rácing de Ferrol tras realizar un bo partido. Os de Rochela tentaron propoñer un partido combinativo mentres que o rival optou por un xogo máis directo.

Nos primeiros 15 minutos foron os visitantes os que levaron o peso, facendo dano aos locais, que aproveitaron para marcar o seu único tanto do partido, nun saque directo do porteiro, que peintea o dianteiro e só ante o porteiro, marca.

O Lugo púxose as pilas a partir de aí e fíxose coa contenda, xerando ocasións e sendo dominadores. Chegou así o primeiro gol, de Álvaro, antes da pausa, que recibe un balón de Lucas ás costas.

Na segunda seguiuse a mesma liña de partido e os dous goles que completaron a conta viñeron dun centro de Diego polo exterior que recibe Adrián só ante o porteiro, a doce minutos do final.

O último, xa contra o asubío final, foi un pase atrás que Lucas converte en gol. Aínda tiveron unha ocasión máis de marcar por medio de Aimar, que recibe pero tras un contra un co defensa rival acaba mandando o balón ao pau.

Consulta aquí a clasificación

O Viveiro deixou ir o punto que tiña no peto cun gol sobre o asubío final ante o Coruxo, co que perdeu 1-2.

O Viveiro amosou de novo un bo fútbol, cos xogadores moi ordenados e impedindo ao rival xerar ocasións mentres que os celestes si tiña oportunidades nas contras.

O gol chegou tras unha perda de balón do Viveiro cando xogaban en curto e que acaba en falta lateral. No saque, o Coruxo cólgaa ao segundo pau e malia non entrar no tiro si o fai no rexeite. Con este resultado foron ao descanso e no segundo tempo, unha xogada similar pero ao contrario trae o gol de Alejandro para os celestes. 

Cando parecía que o marcador ía quedar así, o Viveiro fixo unha xogada á contra pero non defenderon ben. O Coruxo mete o gol da viroria xusto no final mediante un centro pouco vistoso pero que acaba entrando de volea. O Viveiro sacou de medio pero o árbitro pitou o final.

VIVEIRO 1 - 2 CORUXO

Viveiro CF: Eric, Justin, Mauro, Diego, Alejandro, Unai, Iago, Claudio, Matías, Saúl e Gabriel. Tamén xogou Pablo.
Coruxo FC: Mateo, Ricardo, Thiago, Pablo D, Pablo F, Mario, Gael, Noé, Diego, Lucas e Hugo. Tamén xogaron Aarón, Jorge, Óscar, Luis e Isatu.
Goles: 0-1 (35'): Noé. 1-1 (67'): Alejandro. 1-2 (80'): Óscar.
Árbitro: José Luis López Rodríguez.

                   

LUGO 3 - 1 FERROL

CD Lugo: Jairo, Raúl, Mateo, Manuel, Aarón, Diego, Yago, Lucas, Martín, Adrián e Sergio. Tamén xogaron Xabier, Gael e  Aimar.
Rácing Club Ferrol: Rubén, Brais, Sergio, Diego R, Hugo, Antón, Daniel G, Enrique, Javier, Yago e Álvaro. Tamén xogaron Iago, Daniel B, Diego G e Álex.
Goles: 0-1 (8'): Álvaro. 1-1 (34'): Lucas. 2-1 (67'): Adrián. 3-1 (80'): Lucas.
Árbitro: Pedro Castro Gómez.       
 
DIVISIÓN DE HONRA CADETE

           Resultados xornada 24

Rápido de Bouzas 1-1 Bergantiños
Val Miñor 0-2 Arosa
Lugo 3-1 Ferrol
Lérez 3-1 Pontevedra
Celta 2-1 San Tirso
Pabellón Ourense 0-1 Xuventude Oroso
Ural 0-5 Deportivo
Conxo 3-2 Victoria CF
Viveiro CF 1-2 Coruxo
Areosa 2-1 Choco

Próxima xornada

Choco - Rápido de Bouzas
Bergantiños - Val Miñor
Arosa - Lugo
Ferrol - Lérez
Pontevedra - Celta
San Tirso - Pabellón Ourense
Xuventude Oroso - Ural
Deportivo - Conxo
Victoria CF - Viveiro CF
Coruxo - Areosa

               

División de Honra infantil

O CD Lugo infantil caeu ante un dos aspirantes ao título, o Deportivo, por 3-0. Como se prevía foi un partido moi desigual na primeira metade pero non así na segunda.

Na primeira hora o conxunto local non parou e logrou facerse cos tres goles, o primeiro deles nun centro lateral desde fóra. Unha vez superados eses primeiros 30 minutos, o equipo logrou parar aos locais ata o intermedio e despois na segunda parte estiveron máis igualados. Aínda sí non tiveron moitas ocasións, agás algunha de Óscar pero que non lle reportaron perigo ao Deportivo.

Consulta aquí a clasificación

DEPORTIVO 3 - 0 LUGO

RC Deportivo: Diego, Joaquín, Sergio, Adrián, Iago, Xoel, Gael, Yago, Íker C, Mauro e Borja. Tamén xogaron Joel, Roi, Mateo, Samba e Íker R.
CD Lugo: Alexandre, Diego, Daniel R, Raúl, Daniel A, Arón, Brais, Hugo R, Óscar, Íker e  Hugo H. Tamén xogaron Álvaro, Pedro, Cristian e Jean Paul.
Goles: Íker C (5'), Mauro (14') e Gael (29').
Árbitro: Daniel Naya Rey.              
 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

           Resultados xornada 21

Deportivo 3-0 Lugo
Bergantiños 1-0 Cidade de Ribeira
Pabellón Ourense 2-4 Arosa
Ural 3-2 Santa Mariña
Conxo 0-3 Celta
Victoria FC 2-1 San Tirso
DSF 6-2 Portero 2000
Val Miñor 0-0 Areosa

Próxima xornada

Cidade de Ribeira - Lugo
Arosa - Bergantiños
Santa Mariña - Pabellón Ourense
Celta - Ural
San Tirso - Conxo
Portero 2000 - Victoria FC
Areosa - DSF
Val Miñor - Deportivo