As lesións e un banco escaso fixeron pasar apuros ao Lugo cadete, que se adiantou no tramo final

Vitoria dos infantís por 2-0 nun partido con moitas oportunidades e nova derrota do Viveiro

División de Honra cadete

O Lugo segue sumando puntos e esta fin de semana engadiu tres máis tras vencer por 3-2 ao Victoria nun partido que se torceu no segundo tempo.

Os albivermellos estiveron fortes na primeira metade, controlando o xogo e marchando a vestiarios co 2-0 no marcador. Optaron polo contraataque e así lograron os dous goles, tras dous roubos e a conseguinte remontada á porta rival, os dous a cargo de Diego.

Na segunda parecía máis do mesmo, pero as lesións, primeiro de Aimar e logo de Diego, puxeron en tensión ao equipo que estaba moi xusto de cambios. Así foi como o rival aproveitou o medo que había no banco para remontar ata a igualdade. 

Sen embargo, co empate o Lugo veuse arriba e cando faltaban cinco minutos, de novo nun contraataque, Xabier Valiña marcou o terceiro, que daba dereito aos tres puntos e a un novo ascenso na táboa xeral, ata a sexta praza.

Consulta aquí a clasificación

Nova derrota do Viveiro ante o Pabellón Ourense, equipo da zona media da táboa. 4-0 foi o resultado que se trouxeron do sur os mariñaos, que encaixaron dous tantos antes do intermedio e outros dous na segunda metade. Etapa complicada para o equipo celeste, que non fixo máis que sumar tres puntos pola falta de acerto e resolución na porta contraria.

PABELLÓN OURENSE 4 - 0 VIVEIRO

Pabellón Ourense CF: Aimar, Bruno, Miguel, Iván, Íker, Ander, Xacobe, Jesús, Manuel, José e Pablo. Tamén xogaron Álex, Hugo, David e Lucas.
Viveiro CF: Éric, Justin, Mauro, Alejandro, Unai, Iago, Sasha, Claudio, Matías, Gabriel e Xoel. Tamén xogaron Axel. Alejandro e Francisco.
Goles: Pablo (27'), Miguel (30'), Álex (69') e Lucas (72').
Árbitro: Rubén Fernández Otero.

                   

LUGO 3 - 2 VICTORIA

CD Lugo: Xabier, Raúl, Aarón, Diego, Mateo M, Aimar, Lucas, Xabier V, Martín, Mateo e Sergio. Tamén xogaron Mateo C e Xavi.
Victoria CF: Izan, Lucas, Tomás, Aarón, Manuel, Xoel, Erick, Xenxo, Bruno, Daniel e Pablo. Tamén xogaron Miguel, Samuel, Iago e Marcelo.
Goles: 1-0 e 2-0 (14' e 28'): Diego. 2-1 (31'): Bruno. 2-2 (70'): Xoel. 3-2 (74'): Xabier V.
Árbitro: Ángel Pérez Rodríguez.       
 
DIVISIÓN DE HONRA CADETE

           Resultados xornada 19

Ural 2-3 Conxo
Pabellón Ourense 4-0 Viveiro CF
Celta 1-2 Areosa
Lérez 1-1 Coruxo
Lugo 3-2 Victoria CF
Val Miñor 1-4 Deportivo
Rápido de Bouzas 3-2 Xuventude Oroso
Bergantiños 3-1 San Tirso
Arosa 2-0 Pontevedra
Ferrol 4-0 Choco

                 Próxima xornada  

Arosa - Ferrol
Bergantiños - Pontevedra
Rápido de Bouzas - San Tirso
Val Miñor - Pabellón Ourense
Lugo - Deportivo
Lérez - Victoria CF
Celta - Coruxo
Xuventude Oroso - Areosa
Ural - Viveiro CF
Conxo - Choco

       

División de Honra infantil

O equipo infantil do Lugo recuperou a senda da vitoria, tras unha derrota e un empate e venceu ao Victoria FC, un rival da súa zona, por 2-0. Deste modo o equipo de Jonathan pon algo de máis distancia co fondo da táboa.

Viviron os lugueses un inicio de duelo moi igualado que daría paso, aos 20 minutos, a un xogo dominado polos locais e no que houbo varias oportunidades de abrir o marcador antes do gol de Arón, como un man a man de Rubén co porteiro e unha chegada de centro lateral. O primeiro tanto rematou cunha volea ao pau contrario. Polos visitantes, unha única ocasión, un rexeite que para Álvaro.

Na segunda, seguiron chegando as distintas opcións, dúas claras de Óscar e outra de Arón, que acabaría sendo o segundo gol, obra de Javier, na prolongación da xogada.

A partid de aí, houbo máis chegadas dos albivermellos pero o visitante veuse arriba e foi máis difícil xerar oportunidades de marcar. O rival só dispuxo dun centro lateral raso no final.

Consulta aquí a clasificación

LUGO 2 - 0 VICTORIA FC

CD Lugo: Álvaro, Antonio, Daniel, Raúl, Arón, Óscar, Íker, Javier, Hugo H, Rubén e Cristian. Tamén xogaron Leo, Hugo R e Daniel.
Victoria FC: Mateo, Xurxo, Antón, Iago, Nicolás, Adrián, Cristian, Hugo V, Ángel, Izan e Miguel. Tamén xogaron Javier, Hugo S, Xoel, Alejandro S e Diego.
Goles: Arón no minuto 33 e Javier no 48'.
Árbitro: David Rodríguez López.              
 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

           Resultados xornada 16

Pabellón Ourense 4-0 Ural
Bergantiños 1-1 Conxo
Lugo 2-0 Victoria FC
Cidade de Ribeira 1-1 DSF
Arosa 0-1 Val Miñor
Santa Mariña 2-4 Areosa
Celta 6-1 Portero 2000
San Tirso 1-6 Deportivo

               Próxima xornada

Deportivo - Pabellón Ourense
Ural - Bergantiños
Conxo - Lugo
Victoria FC - Cidade de Ribeira
DSF - Arosa
Val Miñor - Santa Mariña
Areosa - Celta
Portero 2000 - San Tirso