Dúas vitorias moi necesarias para os dous conxuntos albivermellos na casa

Nos dous casos sufriron nos primeiros minutos pero logo foron superiores na segunda parte, mentres que o Viveiro segue sen poder puntuar

División de Honra cadete

A clasificación respaldou ao Lugo na súa vitoria desta fin de semana ante o Pabellón Ourense, a cuarta do conxunto albivermello no que vai de Liga.

Os lugueses fixeron un gran partido e quedaron cun 2-1 no marcador que lles impulsa á posición número 15 da táboa. Os primeiros minutos foron de moito sufrimento ante un equipo que xogou con moita presión arriba e fixo dano provocando constantes perdas de balón e sen chegadas. Tras eses minutos iniciais, o rival deu un paso atrás e aproveitou o Lugo para atopar un xogo fluído cara arriba con Aimar e Mateo polo medio e con Valiña e Diego polas bandas.

Sorprendeu o primeiro gol, do Ourense, un tiro dende lonxe que pega no largueiro e cae nos pés do dianteiro.

Aberta a veda, non quedaría o Lugo atrás e que empata nun córner por medio de Manu Cabana.

Na segunda parte o Lugo volveu de novo liderando o xogo e sendo superiores ata no 65' e tras o gol de Aimar, nunha xogada na que quedou só diante do porteiro.

O Lugo aceptaba eses tres puntos pero o rival veuse arriba de novo polo que tivo que defender ferreamente buscando o balón longo. Aguantaron ben con varias chegadas pero ninguna con puido acabar en gol.

Consulta aquí a clasificación

O Viveiro segue sen poder puntuar e caeu ante o Bergantiños tras unha primeira parte na que os mariñaos protexeron a súa portería. Foron ao descanso 1-0 pero na segunda chegaron os outros tres tantos do rival.

LUGO 2 - 1 PABELLÓN OURENSE

CD Lugo: Hugo, Raúl, Manuel, Aarón, Diego, Mateo M, David, Yago, Aimar, Xavi e Xavier V. Tamén xogaron Saúl, Martín, Mateo C e Xabier T.
Pabellón Ourense CF: Jorge, Bruno, Miguel, Iván, Adrián, Íker, Ander, Tiago, Xacobe, Jesús e José. Tamén xogaron Álex, David e Lucas.
Goles: 0-1 (16'): Xacobe. 1-1 (27'): Manuel. 2-1 (44'): Aimar.
Árbitro: Alberto Lago Barreiro.

BERGANTIÑOS 4 - 0 VIVEIRO

Bergantiños CF: Martín, Brais, Fabrián, Eli, Iván, Sergio S, Nicolás, Lucas, Alejandro, Joel e Sergio R. Tamén xogaron Adrián, David, Mario e Alberto.
Viveiro CF: Eric, Justin, Mauro, Alejandro P, Iago, Axel, Saúl, Xoel, Alejandro C, Claudio e Jorge. Tamén xogaron Diego, Unai, Pablo e Souhail.
Goles: Eli (10' e 51'), Adrián (65') e Lucas (75').
Árbitro: Ángel Acuña Piñeiro.
                                                       
 
DIVISIÓN DE HONRA CADETE

           Resultados xornada 13

Lérez 0-4 Celta
Lugo 2-1 Pabellón Ourense
Val Miñor 0-2 Ural
Rápido de Bouzas 1-1 Conxo
Bergantiños 4-0 Viveiro CF
Arosa 2-0 Areosa
Ferrol 1-1 Coruxo
Pontevedra 1-4 Victoria CF
San Tirso 0-4 Deportivo
Choco 1-1 Xuventude Oroso

Próxima xornada 

Celta - Choco
Pabellón Ourense - Lérez
Ural - Lugo
Conxo - Val Miñor
Viveiro CF - Rápido de Bouzas
Areosa - Bergantiños
Coruxo - Arosa
Victoria CF - Ferrol
Deportivo - Pontevedra
Xuventude Oroso - San Tirso

                     

   

División de Honra infantil

O Lugo fíxose esta fin de semana cunha nova vitoria, a segunda, ante o San Tirso. Foi unha vitoria ampla ante un equipo da zona media que lles permite manterse lonxe da cola da clasificación.

Malia o resultado, o Lugo sufriu bastante na primeira parte, cun San Tirso que estivo moito mellor tecnicamente. Os visitantes tiveron máis o balón e os de Lugo non daban chegado a tempo.

O gol de Arón, na final da primeira parte deu un pouco de aire ao equipo, un tanto de córner.

Na segunda cambiou o conto, e o Lugo foi superior. O segundo foi un gol tras unha falta na frontal, obra de Lucas. No minuto seguinte Lucas fai o terceiro dende fóra da área. Co 3-0 o Lugo brillou no campo facendo gala dunha gran presión e roubando balóns no seu campo. Nunha falta na frontal da área o San Tirso acurta distancias, pero no tempo de desconto Daniel mete o último tanto despois dun saque dende a área.

Consulta aquí a clasificación

LUGO 4 - 1 SAN TIRSO

CD Lugo: Álvaro, Diego D, Daniel, Raúl, Arón, Unai, Brais, Íker, Lucas, Hugo H e Rubén. Tamén xogaron Hugo R, Jean Paul, Leo e Marco.
San Tirso SD: Daniel, Javier, Guillermo, Nikolay, Ander, Iago, Lucas, Alberto, Sergio, Gabriel e Roi. Tamén xogaron Alejandro, Raúl, Antón e Martín.
Goles: 1-0 (37'): Arón. 2-0 (53'): Lucas. 3-0 (54'): Raúl. 3-1 (69'): Ander. 4-1 (80'): Daniel.
Árbitro: Pedro Castro Gómez.              
 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

           Resultados xornada 11 

Arosa 1-2 Santa Mariña
Cidade de Ribeira 0-8 Celta
Lugo 4-1 San Tirso
Bergantiños 1-6 Portero 2000
Pabellón Ourense 2-0 Areosa
Ural 2-1 Val Miñor
Conxo 1-1 DSF
Deportivo 7-0 Victoria FC

            Próxima xornada   

Santa Mariña - Deportivo
Celta - Arosa
San Tirso - Cidade de Ribeira
Portero 2000 - Lugo
Areosa - Bergantiños
Val Miñor - Pabellón Ourense
DSF - Ural
Victoria FC - Conxo