Xornada de descanso antes dos cuartos na Copa Deputación da Preferente e Primeira

Os equipos lucenses collen forzas para a vindeira ronda, que se celebrará entre o Acebreiro, o Castro Seoane, o Sangoñedo e o Municipal de Pol 
Unha imaxe do capitán do Pol no partido de oitavos contra o Riotorto. Foto Noelia Alpe
photo_camera Unha imaxe do capitán do Pol no partido de oitavos contra o Riotorto. Foto Noelia Alpe

O calendario deulles un respiro aos candidatos a levarse a Copa Deputación, esta fin de semana descansarán para coller forzas de cara aos cuartos de final. 

Seguen vivos dous dos equipos descendidos da Primeira, que precisamente se enfrontarán contra os dous conxuntos da Preferente que seguen na competición. O Pastoricense recibirá no Acebreiro ao Ribadeo, equipo que rematou esta xornada a liga regular no medio da lista. O Antas será o anfitrión do encontro contra un Portomarín que busca redimirse tras perder a praza na Preferente.  

O Outeiro de Rei, actual campión da Copa, ten o obxectivo de manter o título. Nos cuartos enfrontarase a domicilio contra un Pol que acumula unha boa xeira trala chegada de Diego Rey. O Sangoñedo acollerá o duelo entre o Chantada Atlético e o Santaballés, equipos de Primeira que remataron no sexto e décimo posto respectivamente.

Consulta a clasificación aquí

PREFERENTE E PRIMEIRA - COPA DEPUTACIÓN DE LUGO

Resultados Cuartos

Pastoricense - Ribadeo
Antas - Portomarín
Chantada Atl - Santaballés
Pol - Outeiro de Rei