Cero puntos nos casilleiros dos tres equipos das categorías de honra cadete e infantil

O Lugo infantil debutou a domicilio derrotado pola mínima nunha categoría que tamén se estrea este ano 

Na categoría cadete, o Lugo caeu ante o Xuventude Oroso nun duelo que non tivo que quedarse con este resultado mentres o Viveiro foi derrotado a domicilio polo que os dous representantes da provincia suman a segunda semana sen abrir o casilleiro dos puntos.

O Lugo plantexou un partido co obxectivo de facerse co balón pero a presión do rival arriba facía imposible aos de Fran saír na procura de opcións de marcar, porque cando o conseguían poñían en serio perigo a rede contraria.

Dous balóns ao espacio do rival por parte do seu punta Adrián trouxo dous goles para os visitantes que foron contestados polo Lugo con centro remate e cun córner. Así, co 2-2 no marcador marcharon ao descanso pero xusto á volta o Xuventude de Oroso marcaría o gol da vitoria. A partir de aí, os locais loitaron, dominaron e xeraron varias ocasións de gol pero finalmente no foi posible marcar o que deixou como fallo principal do equipo albivermello a falta de acerto na zona de finalización.

Consulta aquí a clasificación

O Viveiro volveu perder nesta segunda xornada na casa do Conxo. O Viveiro, que está recén ascendido, pagou de novo a súa inexperiencia con moitas dificultades á hora de atacar. Aínda así, fixo un bo traballo defensivamente impedindo que o rival marcase durante a primeira metade. Os mariñaos marcharon a vestiarios cun marcador que daba opcións e tras unha boa ocasión de marcar.

No segundo tempo, recibiron o primeiro tanto en contra e contestaron adiantando liñas para poder empatar e xeraron ocasións pero tiveron que encaixar o segundo no mintuo 68 nunha contra. O Viveiro quedou cun menos no campo cando a Saúl se lle subiu o xemelgo e tiveron que encaixar o terceiro tanto. 

LUGO 2 - 3 XUVENTUDE OROSO

CD Lugo: Xabier, Mateo, David, Alexandre, Aimar, Xabier T, Xavi, Xabier V, Saúl, Martín e Sergio. Tamén xogaron Raúl, Diego, Yago e Jorge.
ED Xuventude Oroso: Alejandro, Hugo M, Mateo, Marco A, Diego, Darío, Gabriel, Adrián, Oliver, Gael e Hugo V. Tamén xogaron Miguel, Marco C, Darío e Jacobo. 
Goles: 0-1 (14'): Adrián. 1-1 (20'): David. 1-2 (33'): Adrián. 2-2 (39'): Martín. 2-3 (44'): Marco.
Árbitro: Adrián Fernández Teijido.

CONXO 3 - 0 VIVEIRO CF

CD Conxo Santiago: Hugo S, Lois, Miguel, Jorge, Pedro, Sergio, Hugo P, Raúl, Rodrigo, Daniel e Xián. Tamén xogaron Brais, Manuel, Gabriel, Hugo V e Enrique.
Viveiro CF: Íker, Justin, Mauro, Diego, Unai, Iago, Claudio, Axel, Matías, Saúl e Gabriel. Tamén xogaron Pablo, Sasha, Alejandro e Souhail.
Goles: Daniel (51' e 68') e Rodrigo (75').
Árbitro: Jesús Piñeiro Lugo.
                                                       
 
DIVISIÓN DE HONRA CADETE

                   Resultados xornada 2 

Arosa 2-1 Choco
Bergantiños 1-1 Ferrol
Rápido de Bouzas 2-1 Pontevedra
Val Miñor 2-1 San Tirso
Lugo 2-3 Xuventude Oroso
Lérez 0-4 Deportivo
Celta 7-2 Victoria CF
Pabellón Ourense 3-2 Coruxo
Ural 5-0 Areosa
Conxo 3-0 Viveiro CF

                   Próxima xornada                                                                            

Arosa - Bergantiños
Ferrol - Rápido de Bouzas
Pontevedra - Val Miñor
San Tirso - Lugo
Xuventude Oroso - Lérez
Deportivo - Celta
Victoria CF - Pabellón Ourense
Coruxo - Ural
Areosa - Conxo
Choco - Viveiro CF

División de Honra infantil

O Lugo debutou na categoría con derrota pola mínima, xa que caeu ante o Victoria FC a domicilio por 1-0. Primeira xornada da nova categoría, a División de Honra infantil, que se pon en marcha este ano con 12 equipos do norte e o sur da provincia.

Consulta aquí a clasificación

Debut do equipo lugués con derrota xusto no ecuador do partido. Aos albivermellos costoulles entrar en situación neste primeiro envite. O rival superounos e ritmo e intensidade e o Lugo adoleceu de precipitación chegando ao campo contrario sen criterio.

Na segunda parte tomáronse o xogo con máis calma pero tiveron que encaixar o único tanto do partido xusto no medio, unha falta lateral que non toca ninguén e termina entrando.

O xogo foi mellorando pouco a pouco e chegaron algunhas ocasións, como unha de Dani que foi ao largueiro e outra de Unai que foi anulada por fóra de xogo. 

Os últimos dez minutos tiveron varias ocasións pero non lograron o empate.

VICTORIA FC 1 - 0 LUGO

Victoria FC: Javier, Xurxo, Antón, Iago, Hugo S, Nicolás, Adrián, Hugo V, Angel, Cristian e Miguel. Tamén xogaron Alejandro, Diego, Xoel e Mateo.
CD Lugo: Alexandre, Diego, Daniel R, Daniel A, Unai, Brais, Hugo R, Íker, Hugo H e Cristian. Tamén xogaron Marco, Jean Paul, Mael e Óscar.
Goles: Iago no minuto 35.
Árbitro: Nicolás Elespe Tireux.
                                                       
 
DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL

                   Resultados xornada 1 

Ural 3-2 Pabellón Ourense
Conxo 2-1 Bergantiños
Victoria FC 1-0 Lugo
Escola de Fütbol DSF 4-1 Cidade de Ribeira
Val Miñor 2-0 Arosa
Areosa 1-4 Santa Mariña
Portero 200 1-4 Celta
Deportivo 4-0 San Tirso

                   Próxima xornada                                                                            

Pabellón Ourense - Deportivo
Bergantiños - Ural
Lugo - Conxo
Cidade de Ribeira - Victoria FC
Arosa - Escola de Fútbol DSF
Santa Mariña - Val Miñor
Celta - Arosa
San Tirso - Portero 2000