Ou praia ou montaña

O Iberia gaña a semifinal pendente e se disputará a Copa co Becerreá o sábado
2ºA-San Ciprian-Iberia-FER (14)
photo_camera Imaxe de arquivo

O Iberia sacou a espiña de non ter logrado o ascenso cunha vitoria sobre o Candelaria por 3-2. Desta maneira, logra coarse na final, que disputará contra o Becerreá o sábado ás 18.00 horas no Anxo Carro.

Mal partido para os dous equipos, sen ritmo. Foron os visitantes os que se adiantaron logo dunha opción que non frutificou dos locais. Lograron o empate e seguiron con opcións pero sen acerto. Na segunda parte, dominou o Iberia pero sen profundidade, pero aínda así conseguiron dous goles máis, o primeiro de falta e o segundo nunha contra.

Rematado o tempo regulamentario o Candelaria achegouse pero non foi suficiente e a praza da final non cambiou de mans. Levouse unha ovación o local Marcos, que colga as botas cunha vitoria importante para o seu equipo.

O Becerreá logrou a clasificación a semana pasada en partido adiantado logo de derrotar ao Friol tamén pola mínima.

IBERIA - CANDELARIA

Iberia CF: Alonso, Javier, Jorge, Borja, Marcos, Bachir, Daniel, Antón, Adrián R, Adrián G e Ángel. Tamén xogaron Mario, Samuel, Jorge e Marcos.
SD Candelaria: Xosé, Lavilson, Jorge, Simón, Semedo, Pablo, Daniel, Miguel, Roberto, José Carlos e Rafael. Tamén xogaron Azael e Raúl. 
Goles: Marcos (2) e Adrián R polos locais. Roberto e Semedo polos visitantes.
Árbitro: Alejandro Luna Méndez.

Resultados Cuartos

Iberia 5 1 Comercial
Piringalla 1 1 Candelaria
Becerreá 2 1 Antas
O Rubián 1 3 Friol

Semifinal

Iberia 3 2 Candelaria
Becerreá 1 0 Friol

Final

Becerreá - - Iberia