Oito na loita pola Copa

Resisten seis equipos da Primeira e o Lemos e o Ribadeo, da Preferente

A Semana Santa trouxo de novo a Copa Deputación de Preferente e Primeira cos oitavos. O Chantada Atlético fora o primeiro en clasificarse en febreiro, tras adiantar o encontro contra o Riotorto e gañarlle por 1-4. O Xoves Santo disputáronse o resto de duelos, nos que non se viron tantos goles.

O resultado máis avultado foi o do Foz contra o Residencia. Os da capital levaron a iniciativa, pero o cadro de Gayol tivo as mellores ocasións e adiantouse con dous goles á contra. Na segunda o Residencia sacou do banco aos titulares e recortaron distancias. Porén, o Foz seguiu xerando contraataques ata que no desconto chegou o 3-1 definitivo. Tamén cunha diferenza de dous goles, se impuxo o Chantada ao Meira. O estado da Lomba ditou xogo directo, os de Traste souberon adaptarse e tiveron varias ocasións, pero sen acerto. Trala pausa o Meira tivo unha nas botas de José Luis que non definiu ben. No 83’ un penalti claro sobre Gabri adiantou ao Chantada e no desconto Miguel, xuvenil debutante, sentenciou co 0-2.

Gañaron pola mínima e a domicilio o Milagrosa, o Santaballés e o Ribadeo. Os albivermellos superaron ao Taboada nun partido con ocasións para ambos, no que a defensa dos visitantes foi clave. No caso dos de Vilalba, puideron co Portomarín no Chao da Poza. Os locais estiveron ben ata que na segunda metade unha boa xogada de Alejandro Novás lles puxo o marcador en contra. Os de Diego Rey puideron empatar, pero foron eliminados. O Ribadeo conseguiu o pase a oitavos contra o Xove Lago nun partido con alternativas para ambos onde o acerto de Asier foi determinante.

O outro equipo que sigue vivo da Preferente é o Lemos, que se impuxo ao Lourenzá nos penaltis. O partido estivo igualado ata o minuto 70, cando os de Monforte empezaron a apertar. Aínda así a falta de acerto deixou o resultado 0-0 e na quenda de penaltis o Lemos foi máis efectivo, marcando catro fronte aos tres do Lourenzá. Así mesmo, tiveron que ir a penaltis o Pol e o Escairón. Os vermellos levaron a iniciativa ante un visitante que defendeu no seu campo, mais a falta de acerto os levou aos tiros penais. O Atlético só fallou un fronte aos dous erros do Pol e eliminou ao líder da Primeira.

Consulta a clasificación aquí

FOZ 3 - 1 RESIDENCIA

CF Foz: Tomás, Adán, José, Daniel, Anxo, Manuel, Antonio, Carlos, Adrián, Samuel e Aarón. Tamén xogaron Aitor, Cristian e Santiago.
SD Residencia: Marcos, Jorge Cantillo, Diego, Sergio, Artai, Andrés, Gabriel, Adrián, David, Yago e Gonzalo. Tamén xogaron Jorge Pereira, Daniel A, Daniel L, Roberto e Xabier.
Goles: Manuel, José e Aitor, de penalti, para o Foz. Jorge para o Residencia.
Árbitro: Jesús Adán Gallego.

TABOADA 0 - 1 MILAGROSA

Taboada CF: Ismael, Juan J, Miguel, Fabio, Rubén, Ibán, Adrián, Manuel G, Jonathan, Julio Alberto e Manuel V. Tamén xogaron Martín, Sergio e Alexandre.
SCD Milagrosa: Daniel, David, Marco, Mario, Pablo, Joel, Miguel, Christian, Leo, Juan e Rafael. Tamén xogaron David, Diego, Alejandro, Francisco L e Francisco R.
Gol: Juan para o Milagrosa.
Árbitro: Carlos Andrés Lamus Picón.

PORTOMARÍN 0 - 1 SANTABALLÉS

CF Portomarín: José L, Víctor, Javier, Diego, Alberto, Óscar, José D, Sergio, Yago, Héctor Hugo e Brais. Tamén xogaron Fabián e José Manuel. 
CD Santaballés: David H, Rubén, Jesús, David T, Daniel P, Hugo Z, Xosé, Adrián S, Miguel Ángel, Adrián V e Daniel G. Tamén xogaron Alejandro e Isaac.
Gol: Alejandro para o Santaballés.
Árbitro: David Rodríguez López.

POL 0 - 0 ATL ESCAIRÓN

SD Pol: Duarte, Adrián, Julio José, Pedro Henrique, Gerardo, Hamza, Marcos, Iván, Samuel, Alejandro e Agustín. Tamén xogaron Omar e Álvaro.
Atlético Escairón: Iván, Javier, Óscar, Rubén D, Asier, Julio, Antonio V, Diego, José M, Adrián e Fabrizio. Tamén xogaron Denis, Rubén C, Rodrigo, Rubén S e José Antonio.
Penaltis: 2-4.
Árbitro: Javier Pérez Prado.

MEIRA 0 - 2 CHANTADA

Meira CF: Jorge, Marcos F, Mateo, José L, Kevin Pierre, Marcos S, Sergio, Iván P, Iván L, Santiago E e Xosé Xesús. Tamén xogaron Óscar, Santiago J, Rubén, Diego L e Diego S.
SD Chantada: José Ramón, Alberto, Pablo, Manuel R, Manuel P Moure, Damián, Pedro, David, Jordi, Gabriel e Marcos. Tamén xogaron Hugo, Manuel P Lamas, José R, Miguel e Iñaki.
Goles: Manuel, de penalti, e Miguel para o Chantada.
Árbitro: Víctor Jacobo Rodríguez Bernal.

LOURENZÁ 0 - 0 LEMOS

ED Lourenzá: Clemente, Alejandro, José Antonio, David, Óscar, Yago, Xoel, Diego R, Jesús e Aarón. Tamén xogaron Diego E, Lucas, José Ángel, Álvaro e Noé.
Club Lemos: Pablo, Luis, Ángel, Miguel A, Roberto, Daniel A, Adrián A, Brais, Sergio, Daniel D e Aissa. Tamén xogaron Adrián C, Mauro, Samuel, Carlos e Alejandro.
Penaltis: 3-4.
Árbitro: Marco Antonio Fernández Vázquez.

XOVE LAGO 0 - 1 RIBADEO

UD Xove Lago: Óscar, Alejandro, Carlos L, Unai, Hugo, Maikel, Iago, Andrés, Francisco, Juan J e Jorge. Tamén xogaron Kevin, Carlos T, Samuel, Juan Pablo V e Daniel. 
Ribadeo FC: Hugo, Ismael, Alex, Diego F, Xairo, Santiago, Alejandro, Iván, Vicente, Asier e Simón. Tamén xogaron Christopher, Matías Sebastián, Diego P e Ayoub. 
Gol: Asier para o Ribadeo.
Árbitro: Raúl López Martínez.

 

Resultados oitavos

Foz 3 1 Residencia
Taboada 0 1 Milagrosa
Portomarín 0 1 Santaballés
Pol 0 0 Atlético Escairón
Meira 0 2 Chantada
Lourenzá 0 0 Lemos
Riotorto 1 4 Chantada Atl
Xove Lago 0 1 Ribadeo