Primeiras semifinalistas de Copa

O Lugo B, PM Friol B e Antas pasaron de fase á espera do San Lázaro-Monte Forte

Copa Deputación

A fase de cuartos de Copa queda pendente dun partido, pero xa ten as primeiras tres semifinalistas, o Lugo B, o PM Friol B e o Antas. As friolesas xa tiñan disputado o seu duelo coa Comercial a primeiros de mes, aproveitando a xornada de descanso. Conseguiron chegar á vitoria (0-3) cos goles acumulados na segunda parte, co primeiro xusto á volta da pausa. 

O  mércores disputouse nas Gándaras o duelo entre o Lugo B e o San Roque. As albivermellas conseguiron resarcirse da derrota no partido de Liga facéndose co pase ás semifinais da Copa nun duelo que gañaron pola mínima, grazas a un gol no minuto 3 de partido. Duro enfrontamento entre dous equipos da mesma categoría que están moi preto na xeral.

Moito máis desigual foi o duelo entre o Milagrosa e o Antas, ámbolos dous de Segunda Galicia. O equipo da Ulloa gañou con solvencia a un Milagrosa, que ocupa a última praza na táboa. Marcaron seis goles as celestes, a metade no primeiro tempo, polo que o duelo xa estaba visto para sentenza cedo. O día 1 de maio terá lugar o último partido de cuartos, entre o San Lázaro e o Monte Forte.

LUGO B 1 - 0 SAN ROQUE

CD Lugo B: Lara, Noa, Alba, Ainara, Xiana, Claudia, Iria, Blanca, María, Candela e Nayra. Tamén xogaron Nekane, Iyore, Lucía, Uxía e Natalia.
SDC San Roque: Wanessa, Paula, Uxía, María L, Miriam, Noa, Saray, Sofía, Carla, María E e Cristina. Tamén xogaron Diana e Clara. 
Gol: Candela polo Lugo B.
Árbitro: Fernando Fernández López.

COMERCIAL 0 - 3 PM FRIOL B

SG Comercial: Belén, Sheila, Aroa, Diana, Antía, Noa, Lorena, Yolanda, Andrea, Iria e Estefany. Tamén xogaron Margarita, Estefanía e Lucía.
PM Friol B: Alba, Nerea, Ana, Lidia, Jessica, Antía, Iona, Ángela, Marie, Raluca e Floarea. Tamén xogaron Aroa e Rocío.
Goles: Nerea, Marie e Iona polo PM Friol B.
Árbitro: Joel Rois Rodríguez.

MILAGROSA 0 - 6 ANTAS

SDC Milagrosa: Alicia, Aldara, Ana, Antía, Lucía, Valeria, Susana, Mónica, Ainara, Zaira e Marta. Tamén xogaron María e Sheila.
SD Antas: Melanie, Laura, Idoia, Yaiza, Eva, Elisa, Aldara, Iria T, Tamara, Nuria e María. Tamén xogou Iria G.
Goles: 3 de Nuria, 2 de Elisa e Tamara polo Antas.
Árbitro: Noa Cupeiro Castro.

Resultados cuartos

Lugo B 1 0 San Roque
Comercial 0 3 PM Friol B
Milagrosa 0 6 Antas
San Lázaro A Monte Forte