Os penaltis salvan aos de Terceira

Piringalla e Rubián sobreviven con Iberia, Comercial, Candelaria, Becerreá, Friol e Antas

O Xoves Santo foi tamén día de Copa para a Segunda e Terceira, que fixeron a súa sesión de oitavos. Nos duelos entre rivais da categoría, o Becerréa sacou o resultado máis amplo, un 0-2 ante o San Roque. Partido moi serio dos da montaña, que amosaron solidez defensiva e xeraron ocasións a nivel ofensivo. Adiantáronse cunha boa combinación entre Xairo e Damián antes do descanso. Na segunda parte apertou máis o San Roque pero co segundo gol visitante xa non houbo máis que dicir.

Co mesmo resultado 2-1 venceron o Candelaria ao Xermade e o Antas ao Brollón. No primeiro caso a efectividade foi decisiva xa que tiveron ocasións ámbolos dous. Marcou na primeira metade o local os dous, e o visitante na segunda.

No outro caso, ao Antas púxoselle o partido de cara cun gol madrugador pero foi o Brollón o que dominou e creou ocasións, aínda que o visitante parou todo. Empataron a cinco minutos do final e o Antas evitou chegar aos penaltis no 89’ nunha contra.

O Iberia e o Muimenta tiveron que chegar aos penaltis logo de quedar 1-1, cos dous goles nos últimos minutos. O equipo da Mariña será o que estará nas semifinais, que serán o 1 de maio.

A metade dos equipos de Terceira pasaron a criba de oitavos, nos dous casos grazas aos penaltis. O Piringalla fíxose coa súa praza ante o Vilalbés B logo de empatar 2-2. Partido igualado cun Piringalla moi intenso que botou fóra un penalti. Mentres, o Vilalbés B tivo unha opción pero non foi ata o tramo final da segunda parte que chegaron os goles. Foron os vilalbeses os que se puxeron por diante nun penalti logo da expulsión dun xogador local. O Pirigalla volveu darlle a volta ao marcador e xogando con dous menos, por dúas vermellas directas, o Vilalbés B empatou no último minuto.

Tamén por penaltis o Rubián expulsou da competición ao Paradela, nun duelo no que faltaron os goles. O campo non axudou moito pola chuvia e fútbol non houbo, todo foi xogo directo, aéreo e un par de ocasións para cada equipo. Houbo algo de polémica por parte do Paradela, que pediu un penalti contra o final do encontro pero este non se tirou. Foi máis contundente a que se produciu na quenda de penaltis. No último tiro, o Rubián fallou e o árbitro mandou repetir o lanzamento sen explicar por que, penalti que entrou, dando a vitoria ao equipo de Terceira.

O Casás quedou fóra da competición despois da magnífica tempada realizada no ano da súa estrea. Foi ante a Comercial, que necesitaba unha vitoria para afrontar a última parte da Liga. Saíron con ritmo os visitantes e fixeron o seu xogo. Un dos goles foi un pouco de fortuna pero no resto estiveron moi ben.
Tampouco estiveron afortunados os do Páramo, que perderon ante o Friol por 0-2. O campión do sur en Terceira non tivo o día de cara a porta, como si o fixo o Friol, que marcou nas dúas ocasións que tivo, o segundo tanto axudado por un rexeite nun xogador local.

IBERIA 1 - 1 MUIMENTA

Iberia CF: Alonso, Miguel, Carlos, Mario, Marcos P, Bachir, Ángel, Samuel, Jordane, Adrián e Jorge. Tamén xogaron Daniel P, Lucas, Antón, Marcos R e Daniel V.
CSD Muimenta: Javier N, Alejandro B, Daniel, Iago, Miguel, Julio, Miguel Ángel, Jorge, Pablo, Jesús e Jairo. Tamén xogaron Javier M, Iván e Alejandro D.
Goles: Lucas polos locais e Iago polos visitantes. Penaltis: 5-4.
Árbitro: David Rodríguez López.

CASÁS 0 - 3 COMERCIAL

Club Polideportivo Casás: Raúl, Roberto, Juan I, Alberto G, Juan E, Alberto H, Bryan, Daniel, Alberto S, Cristian e Kevin. Tamén xogaron Sergio, David e Aarón.
SG Comercial: Joshua, Arturo, Christian, Julio, Carlos, Javier D, Manuel, Javier B, Francisco, Álvaro e Juan. Tamén xogaron Antonio, Martín, Cristian, Aarón e Lucas
Goles: Álvaro, Javier D e Julio polos visitantes.
Árbitro: Adrián Estraviz Cerdeira. 

PIRINGALLA 2 - 2 VILALBÉS B

ADC A Piringalla: Manuel, Diego, Cristóbal, Juan J, Juan A, Antonio, Aarón, Noé, Román, Adán, Miguel e Hugo. Tamén xogou Iker.
Rácing C. Vilalbés B: Pedro, Daniel, Hugo X, David, Anxo, Carlos, Miguel, Alfredo, Aitor, Hugo L e Hugo B. Tamén xogaron Samuel, Alejandro, Víctor e Álex.
Goles: Miguel e Juan J polos locais. 2 de Samuel polos visitantes. Penaltis: 4-2.
Árbitro: Brais Vallejo Rubal. 

CANDELARIA 2 - 1 XERMADE

SD Candelaria: Xesús, Lavilson, Jorge, Simón, Semedo, Pablo, Miguel, Roberto, Rafael, Rui e Azael. Tamén xogaron Carlos, Raúl, Silverio e Daniel.
ACD Xermade: Ángel, Esteban, Hugo, Oliverio, Iván, Alberto, Ayrton, Diego, Dan, Andrés e Pedro. Tamén xogaron Mario e Sergio. 
Goles: Azael e Rafael polos locais. Andrés polos visitantes.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

SAN ROQUE 0 - 2 BECERREÁ

SDC San Roque: Gikay, Nicolás, Raúl, Andrés, Emilio, Alejandro H, Manuel, Anxo, Lucas, Lucas e Juan. Tamén xogaron Alejandro F, Elián, Adam Álex e Carlos.
SD Becerreá: Alejandro, Héctor, Álvaro, David, Iago, Miguel, Christian, Xairo, Damián, Higinio e Jesús. Tamén xogaron Albino, Antón, Javier e Mario.
Goles: Damián e Albino polos visitantes.
Árbitro: Yago Amil Castro.

BROLLÓN 1 - 2 ANTAS

CD Brollón: César V, Iván, David A, David R, Miguel, Samuel, Ismael, Iago, Nicolás, Damián e César D. Tamén xogaron Alberto, David L, Francisco e Hugo.
SD Antas: Kevin, Félix, Iván, Jesús, Martín, Luís, Xurxo, Marcos, José, Pablo e Juan.
Goles: Miguel polos locais. Pablo e Jesús polos visitantes.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.

 O PÁRAMO 0 - 2 FRIOL

SD O Páramo: Diego, Iván, Héctor, José, Jonatan, Juan, Borja, Hugo G, Daniel, Julio e Hugo F. Tamén xogaron Antonio, Bruno e Álvaro.
Friol CF: Brais L, Adrián P, Miguel, Brais B, José M, Nilo, Diego, Bruno, Daniel, Miguel e Isaac. Tamén xogaron Roberto, Rubén, José Mamuel, Julio e Adrián G.
Goles: Diego polo Friol e outro en propia porta dos locais.
Árbitro: José Luis Cabanas Parrado.

RUBIÁN 0 - 0 PARADELA

SD Rubián: David, Luis L, Javier L, Daniel R, Antonio, José Manuel, Brian, Víctor, Iván, Manuel e Daniel L. Tamén xogaron Francisco, Luis A, Diego, Miguel e Javier G.
SD Paradela: José Ángel, Alejandro, Carlos, Hugo, Francisco, Efrén, Diego, David, Juan, Raúl e Alberto. Tamén xogaron Esteban e Adrián.
Penaltis: 5-4.
Árbitro: Adrián Rodríguez Pacio.

 

Resultados Oitavos

Iberia 1 1 Muimenta
Casás 0 3 Comercial
Piringalla 2 2 Vilalbés B 
Candelaria 2 1 Xermade
San Roque 0 2 Becerreá
Brollón 1 2 Antas
O Páramo 0 2 Friol
Rubián 0 0 Paradela