O Chantada Atlético ten o obxectivo posto no Municipal de Pol

Os de Edu Rodríguez tentarán romper a xeira dos líderes para achegarse ao grupo de ascenso, máis teñen por diante ao Burela e o Atlético Escairón, que xogarán fóra da casa
Unha imaxe de arquivo do encontro entre o Guntín e o Chantada Atlético. Foto: Noelia Alpe
photo_camera Unha imaxe de arquivo do encontro entre o Guntín e o Chantada Atlético. Foto: Noelia Alpe

Con 12 xornadas por diante a Primeira fixo un alto no camiño para deixar paso á Copa Deputación. 12 partidos coas expectativas moi altas postas no Pol, que leva 20 vitorias en 21 partidos. Só o Taboada foi quen de frealo cun empate, pero por agora a marca é de película. O seu vindeiro rival será o Chantada Atlético, que poñerá tódolos seus esforzos por facer o que aínda ninguén conseguiu, vencer ao equipo de Fernandito. Os de Edu Rodríguez recuperaron o cuarto posto e queren meterse nos postos de ascenso.

Por agora o Burela é segundo e enfrontarse ao Santaballés na casa na vindeira xornada, os de Vilalba veñen de sumar só un punto nos últimos tres encontros. No terceiro posto está o Atlético Escairón, que gañou ao Chantada a semana pasada e viaxará á Mariña para enfrontarse ao Riotorto, que ten o obxectivo posto en fuxir dos postos baixos. O equipo de Traste recibirá ao Taboada, que ocupa o oitavo posto.

O Outeiro de Rei tentará esquecer as últimas dúas xornadas contra o Lourenzá, que lle esperará no Ladairo despois de empatar sen goles no último partido na casa. O Xove Lago intentará superar ao Meira na casa, ámbolos dous equipos levan varias xornadas sen ver os tres puntos.

O descenso persegue ao Guitiriz e ao Milagrosa, que empatan a 11 puntos. Os primeiros encóntranse no último posto da lista e o seu próximo rival será o Monterroso, que vai na metade da táboa. No caso do Milagrosa, verase as caras contra o Guntín, que leva dúas vitorias consecutivas. O Portomarín completa o grupo vermello, con 13 puntos e vaise enfrontar ao Foz, que leva cinco partidos sen perder. 

Consulta a clasificación aquí


Próxima xornada 

Lourenzá - - Outeiro de Rei
Milagrosa - - Guntín
Pol - - Chantada Atl 
Foz - - Portomarín
Xove Lago - - Meira
Chantada - - Taboada
Riotorto - - Escairón
Monterroso - - Guitiriz
Santaballés - - Burela