O Vilalbés superou ao Residencia no primeiro derbi e o Viveiro conseguiu vencer a domicilio

Esta fin de semana deu comezo a Galega Infantil cun derbi lucense no que se repartiu o dominio en dúas fases e máis a primeira vitoria do conxunto celeste contra o Rácing Ferrol

A Galega Infantil deu comezo esta fin de semana cunha das citas que máis gusta aos lucenses, un derbi. O Rácing Vilalbés, que se estreou na categoría despois de conseguir o ascenso, conseguiu vencer ao Residencia na Magdalena. Ademais, o Viveiro, que se salvou do descenso na segunda fase da competición pasada, foi quen de iniciar este curso cunha merecida vitoria.

O choque provincial foi un partido competido, pero con dúas partes moi diferenciadas. Os chairegos foron superiores na primeira parte, crearon moito perigo a través de Iago Rouco e Augusto, quen foi quen de meter o primeiro tanto no minuto 14 tras un centro. En pouco tempo o Vilalbés logrou asinar o segundo tras un despexe nun córner que acabou convertendo Esteban. Na segunda metade o Residencia mellorou, meteron atrás aos locais a base de circular o balón e tiveron moitas ocasións claras ata que chegou o 2-1 no 77' cun remate de cabeza de Alex. Os da capital arriscaron na busca do empate, pero os de Vilalba conseguiron aguantar con esforzo o resultado.

En canto ao Viveiro, venceu a domicilio ao Rácing Ferrol nun partido moi disputado. Adiantáronse pouco despois dos primeiros dez minutos, nun penalti que provocou Hugo Rey e que Sergio conseguiu enchufar. Sen embargo, no final da primeira metade os mariñaos recibiron a mesma sentenza, pero esta vez en contra, e igualouse o marcador (1-1). Tralo paso polos vestiarios o conxunto de Pelayo Barrero foi a polo partido e nunha presión alta Hugo Rey meteu o 2-1 tras un rexeite. Na metade do segundo período un roubo de balón de Sergio en campo contrario finalizou cunha asistencia de Hugo a Xavi, que rematou de cabeza para matar o partido co 1-3 definitivo.

Consulta a clasificación aquí

VILALBÉS 2 - 1 RESIDENCIA

Rácing Club Vilalbés: Carlos, Mateo, Iago P, Iago L, Nicolás, Daniel, Iago R, Miguel, Augusto, Esteban e Xoel. Tamén xogaron Asier, Hugo P, Julián, Alejandro e Hugo R.
SD Residencia: Iván, Hugo, Mateo, Álex, Joel, Iker, Nicolás, Iago, Mario, Miguel e Jesús. Tamén xogaron Iago, Álvaro, Martín, Anes e Samuel. 
Goles: 1-0 (14'): Augusto. 2-0 (19'): Esteban. 2-1 (77'): Anes.
Árbitro: Adrián Fernández Calvín.

FERROL 1 - 3 VIVEIRO

Rácing Club Ferrol: Rodrigo, Adrián M, Mario, Hugo, Iker, Adrián S, Antón, Arseni, Lucas, Matías e Rubén. Tamén xogaron Pablo, Tomás, Francisco, Mateo e Arturo.
SD Viveiro: Carlos, Hugo T, Mario, Luís, Lucas, Iker, José M, Jaime, Hugo R, Sergio e Xavi. Tamén xogaron Arnold, Marco, Manuel, Óscar e Nicolás. 
Goles: 0-1 (13'): Sergio de penalti. 1-1 (36'): Matías de penalti. 1-2 (41'): Hugo. 1-3 (55'): Xavi. 
Árbitro: Iago Bertalo Sequeiro.

 

 
LIGA GALEGA INFANTIL - GRUPO NORTE
    
    

Resultados xornada 2             

Bertamiráns 3-2 Calasanz
Montañeros 6-1 Xuventude Oroso
Oza Juvenil 2-1 Boiro
Galicia de Caranza 1-1 O Val
Estrada 4-3 Imperátor
Lalín 0-7 Victoria
Rácing Ferrol 1-3 Viveiro
Rácing Vilalbés 2-1 Residencia
    
 

Próxima xornada

                       
Calasanz - Rácing Vilalbés
Xuventude Oroso - Bertamiráns
Boiro - Montañeros
O Val - Oza Juvenil
Imperátor - Galicia de Caranza
Victoria - Estrada
Viveiro - Lalín
Residencia - Rácing Ferrol