O Milagrosa conquista o choque provincial contra o Lugo con dous goles de Pablo Quintela

A segunda xornada trouxo o primeiro derbi da campaña, un choque moi igualado no que ambos tiveron opcións pero as actuacións do porteiro local foron clave

Comezo da tempada e comezo tamén dos esperados encontros lucenses. Esta fin de semana o Milagrosa foi quen de vencer ao Lugo no primeiro derbi, unha xornada na que o Viveiro volveu ser superado.

O enfrontamento provincial estivo moi igualado, na primeira metade ambos equipos buscaron o balón e tiveron ocasións para abrir o marcador, pero o 0-0 mantivose ata o descanso. Despois do intermedio a competitividade seguiu na mesma dinámica, o Lugo tivo varias oportunidades de Lucas, Brais e Mateo, pero foi o Milagrosa quen conseguiu abrir o marcador no 64' cun gol de Pablo Quintela tras unha acción de córner. Os visitantes seguiron achegandose á portería de Anxo, que foi clave coas suas intervencions. No tempo de desconto chegou o segundo tanto para o Milagrosa, un dobrete de Pablo que asinou de cabeza. O 2-0 deixa ao Milagrosa no sexto posto da clasificación e ao Lugo no número dez.

A nova incorporación da Galega, os da SD Viveiro, aínda non puideron ver a vitoria neste inicio de tempada. Trala derrota contra o Ural no Marcos Gómez da primeira xornada, os celestes viaxaron a Boiro, onde se enfrontaron a un moi bo equipo. A primeira metade foi competida hasta que os locais conseguen facer o primeiro gol nunha contra. Na segunda metade aos mariñaos custoulles aguantar o ritmo e no 56' recibiron o segundo tanto do Boiro. Despois de dez minutos un penalti en contra subiu o 3-0 para os locais, que seguiron levando o partido da súa man ata marcar o cuarto e definitivo nunha boa transición. Esta segunda derrota para o Viveiro colocaos no derradeiro posto da lista.

Consulta a clasificación aquí

MILAGROSA 2 - 0 LUGO

SDC Milagrosa: Anxo, Javier, Daniel, Martín, Nicolás, Daniel L, Duarte, Mateo, Bruno, Diego e Ian. Tamén xogaron Ezequiel, Lucas, Pablo T e Pablo Q
CD Lugo: Martín, Saúl, Mateo, Andrés, Brais, Héctor, Gael, Gabriel, Marcos, Lucas Q e Lucas M. Tamén xogaron Jesús A, Jesús G, Raúl e Pablo.
Goles: 1-0 (64'): Pablo. 2-0 (80'): Pablo. 

BOIRO 4 - 0 VIVEIRO

EFM Concello de Boiro: Francisco F, Marcos, Manuel Jesús, Francisco A, Mateo, Roi, Marcos, Raúl M, José, Fernando e Ángel. Tamén xogaron Guillermo, Kevin, Antón, Rafa e Raúl R.
SD Viveiro: Diego, Manuel, Pablo, Saúl, Iago, Christian, Simón, David, Álvaro, Diego e Gabriel. Tamén xogaron Mateo, Antón, Saúl e Andrés.
Goles: 1-0 (35'): Raúl. 2-0 (56'): Mateo. 3-0 (66'): 4-0 (75'): Roi. 
Árbitro: Sergio Miguens Santiago.

 

 
LIGA GALEGA CADETE - GRUPO NORTE
    

Resultados xornada 2

Boiro 4-0 Viveiro
Amio 2-3 Montañeros
Victoria B 0-1 Conxo B
Dumbría 1-2 Narón O Freixo
Milagrosa 2-0 Lugo B
San Tirso B 2-0 Compostela
Xuventude Oroso B 2-2 Bertamiráns
Calasanz 2-6 Galicia de Caranza
Imperátor 1-0 Lalín
Ural 4-2 Rácing Ferrol
     

Próxima xornada                                  

Boiro - Amio
Montañeros - Victoria B
Conxo B - Dumbría
Narón O Freixo - Milagrosa
Lugo B - San Tirso B
Compostela - Xuventude Oroso B
Bertamiráns - Calasanz
Galicia de Caranza - Imperátor
Lalín - Ural
Viveiro - Rácing Ferrol

 

Grupo Sur

No outro grupo da Galega Cadete, o Sur, o Calasancio conseguiu a segunda vitoria do curso con goleada. Na estrea da tempada conseguiron vencer na casa ao Rápido Pereiro e nesta ocasión viaxaron ata a Guardia para marcarlle un 0-5 ao Spórting. A primeira metade estivo marcada pola expulsión de Gabri, que lles fixo sufrir ata o descanso. No segundo tempo a entrada de Javi, Mateo e Julio fixolles asentarse no campo e comezaron a xerar perigo polas bandas. Iván abriu o marcador nunha falta directa e pouco despois Juan fíxo o segundo. Mateo foi o encargado de asinar o 0-3 e en menos de cinco minutos chega o cuarto nunha acción a balón parado que remata Noé. Co partido controlado, Izan culmina co 0-5 despois de regatear ao porteiro rival. Polo momento, os monfortinos ocupan a segunda posición da clasificación, por debaixo do Arosa e por riba do Celta B.

Consulta a clasificación aquí

GUARDÉS 0 - 5 CALASANCIO

Spórting Guardés: Sergio, Alejandro, Roberto, Marcos, Aridane, Miguel, Iker, Bruno, Hugo, Daniel e Brayan. Tamén xogaron Pablo, Luka, Nicolás e Xavi.
CP Calasancio: Cristian, Gabriel, Manuel, Iván, Noé, Jacobo, Miguel, Miguel R, Alejandro, Beñat e Juan. Tamén xogaron Javier, Mateo, Julio e Izan.
Goles: 0-1 (48'): Iván. 0-2 (54'): Juan. 0-3 (61'): Mateo. 0-4 (65'): Noé. 0-5 (76'): Izan.
Árbitro: Eduardo Rivera Gores. 

 

LIGA GALEGA CADETE - GRUPO SUR
    

Resultados xornada 2

Alondras 0-0 UD Ourense
Ribadumia 1-1 Salgueiriños
Arousa 1-5 Celta B
Colegio Hogar 1-1 Porriño Industrial
DSF 1-0 Pabellón Promesas
Pabellón B 2-2 Ourense CF
Santa Mariña 2-1 Verín
Rápido Pereiro 0-3 Val Miñor B
Spórting Guardés 0-5 Calasancio
A Seca 3-5 Arosa B
     

Próxima xornada                                  

Alondras - Ribadumia
Salgueiriños - Arousa
Celta B - Colegio Hogar
Porriño Industrial - DSF
Pabellón Promesas - Pabellón B
Ourense CF - Santa Mariña
Verín - Rápido Pereiro
Val Miñor B - Spórting Guardés
Calasancio - A Seca
UD Ourense - Arosa B