O Pontenova conseguiu o ascenso ao gañar ao Vilalbés por 0-2 no duelo de volta

Os da Mariña, que xa gañaran na casa, conseguiron a praza na Primeira tras un partido no que non lles freou o dominio local

Play off Ascenso

O Pontenova xa é de Primeira xuvenil. O equipo mariñao conseguiu o ascenso coa dobre vitoria sobre o Vilalbés B na eliminatoria. Despois de gañar o partido de ida na casa cun marcador de 3-0 tíñano todo ao seu favor, pero o Roca sempre causa respecto. No duelo de volta celebrado o sábado os chairegos tiveron todo o dominio. O Pontenova estivo moi ben plantado e o marcador non se moveu ao descanso. Na segunda metade, o equipo da Mariña creu perigo a través de transicións e así conseguiu dous goles de Hugo que lle deron a vitoria e certificaron o pase a Primeira.

Consulta a clasificación aquí

VILALBÉS B 0 - 2 PONTENOVA

Rácing Club Vilalbés B: Iker, Antonio, Sergio, Miguel, Miguel R, Anxo, Reda, Álex, Eduardo, Luis E e Sergio V. Tamén xogaron Sergio D, Paulo, Carlos e Hugo.
Spórting Pontenova: Paulo, Ismael, David, Samuel, Alex, Francisco, Hugo, Marcos, Rubén, Saúl e Hades. Tamén xogaron Alejandro, Agustín, Raúl, Miguel A e Antonio.
Goles: 0-1 (59'): Hugo. 0-2 (80'): Hugo.
Árbitro: David Rodríguez López.
 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - PLAY OFF ASCENSO

Final Ida

Pontenova 3-0 Vilalbés B

Final Volta

Vilalbés B 0-2 Pontenova

 

Torneo Delegación

GRUPO 2

O Burela rouboulle ao Lourenzá o liderado do Grupo 2 do Torneo Delegación. Os dous mariñaos enfrontáronse na Marosa e os verdes conquistaron o marcador por 3-0. Samir abriu o marcador no minuto catro e ao descanso fóronse co 2-0. Na segunda metade, Borja sentenciou o duelo co terceiro. O Iberia baixou ao terceiro posto malia golear ao Cospeito a domicilio. Nun partido dominado dende o inicio, remataron levándose os tres puntos cun taboleiro de 1-5.

Consulta a clasificación aquí

COSPEITO 1 - 5 IBERIA 

CD Cospeito: Pablo, Rubén, Sergio, Brais, Antón, Iván, Danny, Rui J, Ismael, Adrián e Yoseph. Tamén xogaron Francisco, Adrián, Diego, Anxo e Héctor.
Iberia CF: Samuel, Nicolás, Adrián, Adrián C, Daniel, Raúl, Iván, Carlos, Adrián, Gabriel e Javier. Tamén xogaron Adrián P, Anxo, Alex, Jesús e Sergio.
Goles: 0-1 (25'): Carlos. 0-2 (27'): Daniel. 1-2 (40'): Rui J, de penalti. 1-3 (48'): Iván, de penalti. 1-4 (71'): Daniel. 1-5 (88'): Alex.
Árbitro: Brais Piñeiro Lozano.

BURELA 3 - 0 LOURENZÁ

Burela SD: Félix, Anxo, Mateo, Hugo, Samir, David, Pablo, Diego, Nor E, Hugo S e Borja. Tamén xogou Yago.
ED Lourenzá: Daniel, Diego, Joel, Yago, Samir, Diego E, Raúl, Ayoub, Julián, Jorge e Lucas. Tamén xogou Fernando.
Goles: 1-0 (4'): Samir. 2-0 (18'): Hugo S. 3-0 (70'): Borja.
Árbitro: Alberto Rivera Gómez.

 

XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 2

Resultados xornada 4

Cospeito 1-5 Iberia
Burela 3-0 Lourenzá

Próxima xornada 

Cospeito - Lourenzá
Iberia - Burela

 

GRUPO 3 

O partido do grupo 3 rematou en empate entre o San Ciprián e o Viveiro. Os celestes abriron o electrónico da Veiga cun gol de Antón e Hugo avultou o marcador co segundo no 37'. Os locais reaccionaron e recortaron distancias cun tanto de Iván que lles fixo irse 1-2 ao descanso. Na segunda metade, ambos tiveron oportunidades, pero un gol de Daniel fixo que o San Ciprián conseguira o empate. O resultado os mantén no primeiro posto, seguido do Viveiro e o Meira.

Consulta a clasificación aquí

SAN CIPRIÁN 2 - 2 VIVEIRO

CD San Ciprián: Manuel, Carlos, Hugo, Iván, Danielson, Alejandro, Iván P, Fabio, Oscar, Aleixo e Izan. Tamén xogaron Adrián, Jhonatan J, Daniel e Borja.
SD Viveiro: Daniel, Nicolás, Oscar, David, Javier, Jonathan, Hugo, David D, Pablo, Antón e Samuel. Tamén xogou Israel.
Goles: 0-1 (15'): Antón. 0-2 (37'): Hugo. 1-2 (37'): Iván. 2-2 (70'): Daniel.
Árbitro: Mario Cordido García.

 

XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 3

Próxima xornada 

San Ciprián 2-2 Viveiro
  D Meira

Próxima xornada 

Viveiro - Meira
  D San Ciprián

 

GRUPO 4

O Antas mantén o pleno de vitorias no grupo 4. O campión do grupo sur levouse un avultado triunfo a domicilio contra o San Roque. No primeiro tempo conseguiron poñerse 0-2 e remataron metendo tres máis despois do descanso. O San Roque mantense no segundo posto, seguido do Ferroviaria, que lle gañou ao Polvorín por 3-2. Adiantáronse os amarelos cun tanto de Luís na primeira metade, pero non conseguiron pechar o resultado e a Ferroviaria deulle a volta ao marcador ata rematar 3-1.

Consulta a clasificación aquí

 FERROVIARIA 3 - 1 POLVORÍN

AD Ferroviaria: Carmelo, Brian, Wander M, Iñaki, Diego, Carlos, Mateo, Marcos, Diego A, Hugo e Alejandro. Tamén xogaron Brais, Alejandro P, Gabriel e Hugo Q.
Polvorín FC: Adrián, Pablo, Diego, David, Ruben, Oscar, Luís, Ricardo, Antón, Pablo P e Adán. Tamén xogou Antón M.
Goles: 0-1 (22'): Luís. 1-1 (60'): Hugo. 2-1 (67'): Diego. 3-1 (69'): Alejandro.
Árbitro: Gabriel Fernández Grandio.

 SAN ROQUE 1 - 5 ANTAS

SDC San Roque: Antón, José L, Houssame, Adam, Nicolás, Juan S, Manuel, Hugo, Adrián, Aaron e Lucas. Tamén xogaron Nabil, Mohamed e Mateo.
SD Antas: Lucas, Martín, Manuel, David, Andrés, Martín, Hugo, Roi, Daniel, Fernando D e Jorge. Tamén xogaron Germán, Nicolás e Alejandro.
Goles: 0-1 (23'): Jorge. 0-2 (32'): Roi. 0-3 (58'): Germán. 1-3 (64'): Nabil. 1-4 (76'): Jorge. 1-5 (85'): Jorge.
Árbitro: Manuel Rivera Ferreiro.
 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 4

Resultados xornada 4 

Ferroviaria 3-1 Polvorín
San Roque 1-5 Antas

Próxima xornada 

Ferroviaria - Antas
Polvorín - San Roque

 

GRUPO 5

No grupo 5 A Piringalla B mantense líder e esta xornada goleou ao Taboada a domicilio. Xa no primeiro minuto os visitantes chegaron á rede e antes do paso polos vestiarios ían 0-4. Á volta, Alex marcou o quinto e o Taboada tirou de orgullo para meter o primeiro. Ao final, o duelo rematou cun 2-7 no marcador. A vindeira xornada A Piringalla B enfrontarase contra o Guitiriz, segundo clasificado do grupo.

Consulta a clasificación aquí

TABOADA 2 - 7 A PIRINGALLA B

Taboada Cf: Germán, Raúl, Adan, Miguel, Enrique, Carlos, Francisco, Nicolás, Esteban, Elías e Luís. Tamén xogaron Marcos, Ángel e David.
ADC A Piringalla B: Andrés, Asis, Alex, Ian, Joel, Antón, Hugo, Rubén, Eduardo, Tsotne e Xian. Tamén xogaron Gabriel, Jesús, Alejandro, Abdessamad e David.
Goles: 0-1 (1'): Tsotne. 0-2 (22'): Xian. 0-3 (28'): Asis. 0-4 (36'): Eduardo. 0-5 (53'): Alex. 1-5 (65'): Elías. 1-6 (66'): Tsotne. 2-6 (85'): Raúl. 2-7 (89'): Jesús.
Árbitro: Emiliano Fabian Lameiro García.

 

 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 5

Resultados xornada 4

Taboada 2-7 A Piringalla B
  D Guitiriz

Próxima xornada 

A Piringalla B - Guitiriz
  D Taboada