O Pontenova e o Vilalbés B pasan á final polo ascenso á Primeira

Os duelos de semifinais de volta estiveron moi axustados, o Spórting caeu contra o Palas, pero pasou grazas ao golaverage. No duelo dos de Vilalba, remataron empatando contra o Sagrado Corazón

Play off Ascenso

O Pontenova e o Vilalbés B veranse as caras na final polo ascenso á Primeira. Os dous equipos conseguiran gañar nos duelos de ida cunha diferenza de dous goles, vantaxe moi importante para pasar a eliminatoria, xa que o Palas e o Sagrado Corazón saíron ao verde para virar a eliminatoria.

O duelo entre Palas e o Pontenova precisamente caeu do lado dos locais, pero o average deulle o pase ao Spórting. Os donos dos Chacotes adiantaronse cedo a través dun gol de Rodrigo, pero en pouco máis de dez minutos Alex conseguiu o empate para o Pontenova. Na segunda metade, Álvaro volveu adiantar ao Palas e o 2-1 sentenciou o partido.

No enfrontamento celebrado no Roca entre o Vilalbés B e o Sagrado Corazón os dous lucenses remataron empatando. O Sagrado saíu con gañas de cambiar o destino da eliminatoria e no minuto tres David anotou o 0-1. Os chairegos tiveron máis dunha oportunidade de empatarlles e chegou tras un gol en propia de Ismael.

Consulta a clasificación aquí

PALAS 2 - 1 PONTENOVA

Palas CD: Brais, David, Jose L, Diego, Manuel, Noel, Javier, Tomás, Álvaro, Rodrigo e Antón. Tamén xogaron Iago, Jorge, David M, Juan e Juan D.
Spórting Pontenova: Paulo, Ismael, David, Marcos, Samuel, Alex, Francisco, Hugo, Marcos M, Mario e Agustín. Tamén xogaron Iago, Saúl e Raúl.
Goles: 1-0 (7'): Rodrigo. 1-1 (20'): Alex. 2-1 (66'): Álvaro.
Árbitro: Josue Villabrille Forja.

 VILALBÉS B 1 - 1 SAGRADO CORAZÓN

Rácing Club Vilalbés B: Iker, Antonio, Sergio, Miguel, Anxo, Eduardo, Paulo, Álex, Reda, Luis E e Sergio V. Tamén xogaron Miguel F, Carlos, Sergio D e Borja.
ADC Sagrado Corazón: Alan, Lucas, Íker, Dawit, David, Aarón, Ismael, David B, Hugo, Tomás C e André M. Tamén xogaron Alejandro, Daniel, Brais e Jimmy.
Goles: 0-1 (3'): David B. 1-1 (44'): Ismael, en propia.
Árbitro: Javier Gómez Martín.

 

 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - PLAY OFF ASCENSO

Semifinais Ida

Pontenova 2-0 Palas
Sagrado Corazón 0-2 Vilalbés B

Semifinais Volta

Palas 2-1 Pontenova
Vilalbés B 1-1 Sagrado Corazón

Final Ida

Pontenova - Vilalbés B

 

Torneo Delegación

GRUPO 2

A segunda xornada do Torneo Delegación deixou moitos goles no grupo 2. O Lourenzá asinou a vitoria máis avultada da fin de semana contra o Cospeito. Os da Mariña despregaron todo o seu poder goleador e pecharon o marcador cun 12-0. No choque entre o Burela e o Iberia tamén houbo moito perigo, pero neste caso o duelo estivo máis igualado. Os verdes conseguiron meter tres goles na primeira metade, pero o Iberia conseguiu apertarlles na segunda ata poñerse 4-3. O Burela volveu tomar distancia co 5-3 de Diego, pero os visitantes seguiron insistindo e Jorge volveu recortar distancias. Ao final, o partido quedou co 5-4 para os locais.

Consulta a clasificación aquí

LOURENZÁ 12 - 0 COSPEITO

ED Lourenzá: Daniel, Diego, Joel, Yago, Samir, Diego E, Raul, Ayoub, Julián, Jorge e Lucas. Tamén xogaron Bruno e Nicolás.
CD Cospeito: Pablo, Francisco, Ruben, Sergio, Diego, Ismael, Yoseph, Danny, Brais, Adrián e Adrián. Tamén xogaron Iván, Enrique, David, Anxo e Héctor.
Goles: 1-0 (11'): Julián. 2-0 (22'): Lucas. 3-0 (33'): Diego. 4-0 (36'): Diego E. 5-0 (48'): Ayoub. 6-0 (51'): Diego E. 7-0 (55'): Lucas. 8-0 (66'): Lucas. 9-0 (68'): Diego E. 10-0 (72'): Lucas. 11-0 (77'): Jorge. 12-0 (88'): Bruno, de penalti.
Árbitro: Oscar Leal Montesinos.

BURELA 5 - 4 IBERIA 

Burela SD: Iker, Iván, Anxo, Hugo, David, Pablo, Diego, Jorge, Nor E, Daniel e Borja. Tamén xogaron Yago, Mateo e Samir.
Iberia CF: Samuel, Nicolas, Adrián, Adrián C, Daniel, Raúl, Iván, Carlos, Adrián, Gabriel e Javier. Tamén xogaron Jorge L e Alex.
Goles: 1-0 (4'): Ivan. 2-0 (30'): Ivan. 3-0 (30'): Nor E. 3-1 (32'): Carlos. 4-1 (45'): Anxo. 4-2 (48'): Javier. 4-3 (58'): Javier. 5-3 (75'): Diego. 5-4 (87'): Jorge L.
Árbitro: Mario Cordido García.
 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 2

Resultados xornada 2

Lourenzá 12-0 Cospeito
Burela 5-4 Iberia

Próxima xornada

Cospeito - Burela
Iberia - Lourenzá

 

GRUPO 3 

No grupo 3, o Viveiro non tivo piedade co Meira na Lomba. Os celestes abriron o marcador na primeira metade cun tanto de Jonathan. No segundo tempo fixerónse co mando do partido e comezou a chuvia de goles, hat-trick de Óscar, un tanto de Hugo e o segundo de Jonathan completaron o 0-6. O resultado os puxo no primeiro posto da lista, seguidos do San Ciprián no segundo posto.

Consulta a clasificación aquí

MEIRA 0 - 6 VIVEIRO

Meira CF: Xoel, Diego, Iago, Sergio, Ricardo, Adrián, Marco, Raúl, Kevin, Álvaro e Diego S. Tamén xogaron Samuel, Víctor, Javier, David e Younes.
SD Viveiro: Daniel, Nicolás, Óscar, Iván, David, Javier, Jonathan, Hugo, David D, Íker e Óscar V. Tamén xogaron Antón e Pablo.
Goles: 0-1 (9'): Jonathan. 0-2 (54'): Óscar V. 0-3 (56'): Hugo. 0-4 (67'): Óscar. 0-5 (68'): Óscar V. 0-6 (89'): Jonathan.
Árbitro: Alejandro Luna Méndez.

 

XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 3

Resultados xornada 2

Meira 0-6 Viveiro
  D San Ciprián

Próxima xornada

San Ciprián - Meira
  D Viveiro

 

GRUPO 4

No Grupo 4, o Antas colle a dianteira da clasificación despois de conseguir a segunda vitoria do Torneo. Superaron ao Ferroviaria no Castro Seoane con goles de Manuel G e Alejandro. A outra vitoria da xornada foi para o San Roque que, tamén coma local, foi mellor que o Polvorín e conseguiu os tres puntos grazas aos tantos de Adam e Nabil. Os verdibrancos puxéronse así no segundo posto, seguidos do Ferroviaria, terceiro, e o Polvorín, cuarto.

Consulta a clasificación aquí

ANTAS 2 - 1 FERROVIARIA

SD Antas: Lucas, Martín, Manuel, David, Andrés, Roi, Hugo, Manuel G, Daniel, Fernando D e Germán. Tamén xogaron Martín, Jorge, Nicolás, Alejandro e Iker.
AD Ferroviaria: Carmelo, Santiago, Brais, Alejandro, Brian, Wander M, Diego, Carlos, Mateo, Marcos e Diego A. Tamén xogaron Gabriel, Xoel, Javier e Hugo.
Goles: 1-0 (45'): Manuel G. 2-0 (76'): Alejandro. 2-1 (90'): Alejandro.
Árbitro: Emiliano Fabian Lameiro García.

SAN ROQUE 2 - 0 POLVORÍN 

SDC San Roque: Antón, Mohamed, Nicolás, Adam, Nabil, Juan S, Manuel, Aaron, Hugo, Adrián e Aaron G. Tamén xogaron Lucas, José L, Mateo, Martín e Houssame.
Polvorín FC: Ricardo, Pablo, David, Juan F, Rubén, Nicolás, Luís, Antón, Antón C, Pablo P e Adán. Tamén xogaron Alejandro, Oscar, Jeremy e Diego.
Goles: 1-0 (27'): Adam. 2-0 (62'): Nabil.
Árbitro: Adrián López Bermúdez.

 

 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 4

Resultados xornada 2

Antas 2-1 Ferroviaria
San Roque 2-0 Polvorín

Próxima xornada

Ferroviaria - San Roque
Polvorín - Antas

 

GRUPO 5

Por último, en canto ao grupo 5, A Piringalla B caeu a domicilio contra o Guitiriz. Os da capital, que gañaran na primeira xornada ao Taboada, foron superados por unha diferenza de tres goles. Despois dunha primeira metade con seca nas áreas, o Guitiriz abriu o marcador a través de Juan e Hugo Pena sentenciou a vitoria cun dobrete.

Consulta a clasificación aquí

GUITIRIZ 3 - 0  A PIRINGALLA B

Guitiriz SD: Mario, Daniel, Asier, Paulo, Juan, Adrián, Xabier, Anxo, Roi, Hugo e Adrián. Tamén xogaron Hugo P e Aitor.
ADC A Piringalla B: Anxo, Gabriel, Alejandro, Asis, Joel, Ruben, Rubén, Eduardo, Tsotne, Xian e Jesús. Tamén xogaron Hugo, Alex, Jeremy, David e Abdessamad.
Goles: 1-0 (49'): Juan. 2-0 (61'): Hugo P. 3-0 (80'): Hugo P.
Árbitro: David Rodríguez López.
 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 5

Resultados xornada 2

Guitiriz 3-0 A Piringalla B
  D Taboada

Próxima xornada

Taboada - Guitiriz
  D A Piringalla B