O Pontenova levouse o premio malia empatar cun San Ciprián que loitou ata o final

O peche da primeira volta deixa ao Rácing Vilalbés B, ao Pontenova, ao Palas e ao Sagrado Corazón na competición polo ascenso

Grupo 1

No grupo 1 o Pontenova conseguiu rematar entre os tres primeiros e colocarse no grupo de ascenso. Os do Spórting enfrontábanse a domicilio contra o San Ciprián, o outro equipo que aínda tiña posibilidades para colarse entre os mellores, xa que só se distanciaban por dous puntos. Dispostos a pelexar, os locais adiantáronse no minuto 17 cun tanto de Aleixo.

Malia ter o resultado en contra o Pontenova non agachou a cabeza e conseguiu o empate antes do descanso. O 1-1 valíalle para asegurar o terceiro posto e conseguiu aguantar o marcador ata o final. Acompaña asi ao Burela, xa ascendido, e ao Vilalbés B entre os tres mellores. Os chairegos gañáronlle ao Iberia a domicilio. Comezaron adiantándose con goles de Luís e Paulo nos primeiros minutos, pero os locais recortaron distancias no 35' cun tanto de Rubén. Na segunda metade, os chairegos mataron o partido co 1-3 co que Paulo fixo dobrete.

O Cospeito rematou a primeira fase no derradeiro posto e perdendo contra o Lourenzá. Os da Mariña impuxéronse por 0-3 nun duelo que resolveron nos primeiros 20 minutos. O enfrontamento entre o Meira e o Viveiro quedou cun marcador máis igualado. Os celestes saíron ao campo coas cousas moi claras e desbordando actitude, co que conseguiron poñerse 0-4 ao descanso. Malia o difícil resultado o Meira non se achantou e conseguiu poñerse 3-4, aínda que non lle deu tempo a máis. 

Consulta a clasificación aquí 

SAN CIPRIAN 1 - 1 PONTENOVA

CD San Ciprian: Manuel, Iván, Hector, Danielson, Alejandro, Manuel R, Bruno, Fabio, Iván P, Aleixo e Izan. Tamén xogaron Ramiro I, Adrián, Carlos e Borja.
Spórting Pontenova: Paulo, Ismael, David, Marcos, Samuel, Alex, Francisco, Hugo, Marcos M, Mario e Hades. Tamén xogaron Agustín e Ruben.
Goles: 1-0 (17'): Aleixo. 1-1 (44'): Hugo.
Árbitro: Oscar Leal Montesinos.

IBERIA 1 - 3 VILALBÉS B

Iberia CF: Samuel, Nicolás, Adrián, Daniel, Jorge L, Raúl, Rubén, Iván, Adrián, Gabriel e Javier. Tamén xogaron Anxo, Adrián P, Alex, Sergio e Jesús.
Rácing Club Vilalbés B: Xabier, Sergio, Antonio, Sergio O, Diego, Anxo, Diego L, Eduardo, Paulo, Luis E e Álex. Tamén xogaron Fabián e Sergio V.
Goles: 0-1 (16'): Luis E. 0-2 (25'): Paulo. 1-2 (35'): Ruben. 1-3 (83'): Paulo.
Árbitro: Raúl López Martínez.

 COSPEITO 0 - 3 LOURENZÁ

CD Cospeito: Pablo, Rubén, Sergio, Iván, Danny, Adrián, Ismael, Adrián, Yoseph, Rafael e Diego. Tamén xogaron Enrique, Antonio, Héctor e Anxo.
ED Lourenzá: Fernando, Diego, Joel, Yago, Bruno, Diego E, Raúl, Samir, Julián, Jorge e Nicolás. Tamén xogou Noel.
Goles: 0-1 (6'): Raúl. 0-2 (14'): Diego E. 0-3 (17'): Raúl.
Árbitro: David Rodríguez López.

MEIRA 3 - 4 VIVEIRO

Meira CF: Xoel, Diego, Iago, Sergio, Marco, Agustín, David, Javier, Raúl, Kevin e Diego S. Tamén xogaron Jose, Samuel, Younes, David P e Ramón.
SD Viveiro: Daniel, Nicolás, Óscar, Iván, Javier, Jonathan, Hugo, David, Pablo, Antón e Óscar V. Tamén xogaron David A, Íker e Álvaro.
Goles: 0-1 (5'): Antón. 0-2 (14'): David. 0-3 (20'): Nicolás. 0-4 (35'): Hugo. 1-4 (51'): Javier. 2-4 (69'): Diego. 3-4 (86'): Diego.
Árbitro: Ronal Harrison Ramírez Ribeiro.

 

 
SEGUNDA GALICIA XUVENIL - LUGO GRUPO 1

Resultados xornada 18

Iberia 1-3 Vilalbés B
Cospeito 0-3 Lourenzá
San Ciprián 1-1 Pontenova
Meira 3-4 Viveiro
  D Burela

 

Grupo 2

No grupo 2 o Antas rematou a liga regular invicto e deixando á Piringalla B sen opcións de colarse no play-off de ascenso. Os líderes, vencéronlles no Castro Seoane por 6-3. Aínda que o inicio do partido estivo igualado, os locais apertaron e fóronse ao descanso partido case resolto. O Palas e o Sagrado Corazón completan así o podio e xogarán pola praza na Primeira. Ambos os dous equipos enfrontáronse no Rodríguez Lago e foron os locais quen conseguiron os tres puntos ao gañarlles 2-0. O resultado, xunto coa derrota da Piringalla B, aseguroulles o bronce.

Na zona media da táboa, o Ferroviaria, que descansou nesta última xornada, rematou quinto. No sexto posto o Guitiriz perdeu contra o Taboada, que conseguiu a súa segunda vitoria da liga cun marcador de 5-3. O Polvorín, sétimo, venceu a un San Roque que pecha a fase no posto número nove e con só dous puntos no seu peto.

Consulta a clasificación aquí 

SAGRADO CORAZÓN 2 - 0 PALAS

ADC Sagrado Corazón: Alan, Lucas, Íker, Dawit, Brais, David, Aaron, Ismael, Hugo, Tomas C e André M. Tamén xogaron Daniel, Alejandro, Jimmy e Sergio.
Palas CD: Adrián, Jorge, Noel, Diego, Iago, Álvaro, Juan D, Antón, Juan, Roberto e José L. Tamén xogaron Rodrigo, Manuel, David M, David e Alexandre.
Goles: 1-0 (4'): André M. 2-0 (87'): Alejandro.
Árbitro: Carlos Casas Herrero.

TABOADA 5 - 3 GUITIRIZ

Taboada CF: Miguel, Adan, Raúl, Elías, Enrique, Carlos, Francisco, Nicolás, Esteban, Ángel e Iago. Tamén xogaron Luís, David, Marcos e José A.
Guitiriz SD: Breixo, Daniel, Brais, Juan, Adrián, Xabier, Roi, Manuel, Miguel, Mario e Adrián.
Goles: 1-0 (3'): Francisco. 1-1 (30'): Breixo. 2-1 (38'): Esteban. 2-2 (58'): Adrián. 3-2 (65'): Luís. 4-2 (80'): Ángel. 5-2 (83'): Ángel. 5-3 (89'): Manuel.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

POLVORÍN  4 - 3 SAN ROQUE

Polvorín FC: Adán, Pablo, Diego, David, Juan F, Antón, Jeremy, Oscar, Luís, Antón C e Ricardo.
SDC San Roque: Antón, Juan S, José L, Houssame, Hugo, Aaron, Mohamed, Aaron G, Nicolás, Adam e Manuel. Tamén xogaron Martín, Nabil, Mateo e Lucas.
Goles: 0-1 (6'): Juan S. 1-1 (43'): Antón C, de penalti. 1-2 (45'): Manuel. 2-2 (46'): Jeremy. 3-2 (50'): Antón. 4-2 (58'): Jeremy. 4-3 (71'): Nabil.
Árbitro: Lidia Álvarez Argerey.

 ANTAS 6 - 3 A PIRINGALLA B

SD Antas: Lucas, Martín, Roi, David, Hugo, Martín, Fernando D, Manuel, Jorge, Alejandro e Germán. Tamén xogaron Iker, Nicolás, Daniel e Andrés.
ADC A Piringalla B: Ian, Gabriel, Ángel, Asis, Aaron, Facundo X, Tsotne, Xian, Pedro, Cristian e Jesús. Tamén xogaron Eduardo, Anxo, Jeremy, Álex e Ruben.
Goles: 0-1 (17'): Gabriel. 1-1 (23'): Fernando D. 2-1 (26'): Alejandro. 3-1 (36'): Jorge. 4-1 (43'): Alejandro. 4-2 (44'): Ángel. 5-2 (45'): Fernando D. 6-2 (49'): Alejandro. 6-3 (88'): Xian.
Árbitro: Josue Villabrille Forja.

 

 
SEGUNDA GALICIA XUVENIL - LUGO GRUPO 2

Resultados xornada 18

Taboada 5-3 Guitiriz
Sagrado Corazón 2-0 Palas
Polvorín 4-3 San Roque
Antas 6-3 A Piringalla B
  D Ferroviaria