O Antas consegue o ascenso directo a falta de tres xornadas para rematar a liga regular

O líder do grupo 2 certificou esta fin de semana o ouro despois de gañar ao Polvorín no Castro Seoane

Grupo 2

O Antas consegue o ascenso directo ao proclamarse campión do grupo 2 a falta de tres xornadas. Os líderes conseguiron a vitoria número 13 na casa, superando ao Polvorín por 3-1. Polo momento, o resto de metais aínda non están decididos e quedar no podio suporía disputar o play off de ascenso.

Ata agora, no segundo e no terceiro posto, mantéñense o Palas, que descansou esta fin de semana, e A Piringalla B, que goleou ao Taboada por 10-1.  

O Sagrado Corazón, que venceu á Ferroviaria por 2-3, acumula 25 puntos, mentres que os vermellos quedaron con 22 despois da derrota. O Guitiriz, sexto e con 18 puntos, gañou o sábado pola mínima ao San Roque, segundo pola cola.

Consulta a clasificación aquí 

 ANTAS 3 - 1 POLVORÍN

SD Antas: Lucas, Germán, Manuel, Roi, David, Martín, Hugo, Manuel G, Daniel, Alejandro e Jorge. Tamén xogaron Iker, Fernando D, Martín, Alexandre e Ignacio.
Polvorín FC: Adrián, Pablo, Diego, Ruben, David, Antón, Jeremy, Pablo P, Antón C, Oscar e Ricardo. Suplentes: Luís e Nicolás.
Goles: 1-0 (22'): Jorge. 2-0 (48'): Martín. 3-0 (65'): Alejandro. 3-1 (66'): Antón.
Árbitro: Paula Vázquez Díaz.

SAN ROQUE 0 - 1 GUITIRIZ

SDC San Roque: Antón, Juan S, José L, Houssame, Hugo, Aaron, Nicolás, Adam, Manuel, Adrián e Lucas. Tamén xogaron Nabil, Mohamed, Martín, Aaron M e Mateo.
Guitiriz SD: Breixo, Daniel, Paulo, Juan, Javier, Adrián, Xabier, Miguel, Mario, Hugo e Adrián. Tamén xogou Estevo.
Goles: 0-1 (12'): Adrián.
Árbitro: Abdelouadoud Boutzakate.

A PIRINGALLA B 01 - 1 TABOADA

ADC A Piringalla B: Ian, Gabriel, Alejandro, Asis, Alex, Joel, Antón, Eduardo, Tsotne, Xian e Jesús. Tamén xogaron Ruben, Pablo, Manoel, David e Abdessamad.
Taboada Cf: Marcos, David, Adan, Raúl, Enrique, Carlos, Francisco, Nicolás, Esteban, Elías e Ángel. Tamén xogaron Miguel, Luís e Iago.
Goles: 1-0 (11'): Xian. 1-1 (18'): Francisco. 2-1 (20'): Asis. 3-1 (35'): Xian. 4-1 (42'): Asis. 5-1 (57'): Gabriel. 6-1 (64'): Xian. 7-1 (69'): Xian. 8-1 (75'): Tsotne. 9-1 (85'): Tsotne. 01-1 (89'): Ruben.
Árbitro: José Luís López Rodríguez.

FERROVIARIA 2 - 3 SAGRADO CORAZÓN

AD Ferroviaria: Carmelo, Alejandro, Ayoub, Iñaki, Mauro, Diego, Carlos, Mateo, Marcos, Diego A e Hugo. Tamén xogaron Brais, Santiago e Gabriel.
ADC Sagrado Corazón: Alan, Lucas, Íker, Dawit, David, Aaron, Ismael, David B, Hugo, Tomas C e Jarno. Tamén xogaron Daniel, Jimmy, Sergio, André M e Adrián.
Goles: 0-1 (8'): David B. 0-2 (21'): David B. 0-3 (31'): Lucas. 1-3 (40'): Marcos. 2-3 (89'): Brais.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

 

 
SEGUNDA GALICIA XUVENIL - LUGO GRUPO 2

Resultados xornada 15

San Roque 0-1 Guitiriz
A Piringalla B 10-1 Taboada
Ferroviaria 2-3 Sagrado Corazón
Antas 3-1 Polvorín
  D Palas

Próxima xornada

Guitiriz - Palas
Taboada - San Roque
Sagrado Corzón - A Piringalla B
Polvorín - Ferroviaria
  D Antas

Grupo 1

No grupo 1, aínda queda moito por decidir, pero o Burela segue no alto e esta fin de semana asinou a quinta vitoria na casa contra o Lourenzá. Os verdes puxéronse por diante con dous tantos, pero o Lourenzá recortou distancias cun gol de Lucas. Daniel matou o encontro sobre a bucina co 3-1 definitivo.

O Pontenova e o Vilalbés B empataron na Mariña. Os chairegos adiantáronse cedo, pero o Pontenova conseguiu remontar o partido. Na recta final do duelo, o Rácing puxo o 2-2 cun tanto de Reda, pero o punto non lle salvou de baixar ao cuarto posto. Agora o terceiro é o San Ciprián, que foi quen de impoñerse ao Viveiro coma visitante con tres goles a favor. 

O Meira e o Iberia pecharon a xornada o domingo e foron os anfitrións da Lomba quen conseguiron os tres puntos. Nun duelo moi igualado onde se impuxeron os ataques, os locais fóronse ao descanso por diante (3-2). No segundo tempo o Iberia conseguiu empatar pero o Meira non deixou que se lle escapara o triunfo e anotou dous tantos máis. 

Consulta a clasificación aquí 

MEIRA 5 - 4 IBERIA 

Meira CF: Samuel, Diego, Iago, Sergio, Ricardo, Marco, David, Raúl, Kevin, Álvaro e Diego S. Tamén xogaron Víctor, Javier, Younes e David P.
Iberia CF: Samuel, Nicolás, Adrián, Adrián C, Daniel, Jorge L, Raúl, Ruben, Adrián, Gabriel e Javier. Tamén xogaron Anxo, Alex, Sergio e Joan P.
Goles: 1-0 (10'): Sergio. 2-0 (15'): Álvaro. 2-1 (19'): Jorge L. 3-1 (23'): Raúl. 3-2 (35'): Daniel. 3-3 (53'): Jorge L. 4-3 (70'): Sergio, de penalti. 5-3 (76'): Raúl. 5-4 (90'): Jorge L.
Árbitro: Borja Bran López.

VIVEIRO 0 - 3 SAN CIPRIÁN

SD Viveiro: Daniel, Nicolás, Óscar, Iván, Javier, Jonathan, Hugo, Eduardo G, Antón, Oscar V e Israel. Suplentes: Diego, Christian, David, Pablo e Samuel.
CD San Ciprián: Kemer S, Carlos, Hector, Iván, Jhonatan J, Danielson, Alejandro, Manuel, Bruno, Aleixo e Ramiro I. Suplentes: Elmer L, Adrián, Fabio, Iván P e Izan.
Goles: 0-1 (9'): Bruno. 0-2 (20'): Bruno. 0-3 (65'): Danielson.
Árbitro: José Vale Ferreira.

PONTENOVA 2 - 2 RÁCING VILALBÉS B

Spórting Pontenova: Paulo, Agustín, David, Marcos, Alex, Francisco, Hugo, Marcos M, Mario, Brais e Saúl. Tamén xogaron Samuel, Iago, Raúl e Antonio.
Rácing Club Vilalbés B: Iker, Antonio, Hugo, Sergio, Anxo, Eduardo, Alex, Álex, Reda, Luis E e Sergio V. Tamén xogaron Paulo e Diego.
Goles: 0-1 (2'): Reda. 1-1 (41'): Hugo. 2-1 (60'): Alex. 2-2 (79'): Reda.
Árbitro: Aarón Sánchez Lópes.

BURELA 3 - 1 LOURENZÁ

Burela SD: Unai, Iván, Yago, Anxo, Hugo, Hugo P, David, Pablo, Nor E, Daniel e Borja. Tamén xogaron Yago A, Raúl, Hugo S, Félix e Samir.
ED Lourenzá: Daniel, Diego, Yago, Bruno, Samir, Ayoub, Julián, Nicolás, Lucas, Noel e Joel. Tamén xogou Ian.
Goles: 1-0 (22'): Anxo. 2-0 (53'): Yago A. 2-1 (70'): Lucas. 3-1 (90'): Daniel.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

 

SEGUNDA GALICIA XUVENIL - LUGO GRUPO 1

Resultados xornada 15

Pontenova 2-2 Vilalbés B
Meira 5-4 Iberia
Burela 3-1 Lourenzá
Viveiro 0-3 San Ciprián
  D Cospeito

Próxima xornada

Vilalbés B - Cospeito
Iberia - Pontenova
Lourenzá - Meira
San Ciprián - Burela
  D Viveiro