O Pontenova impúxose con tres goles ao Vilalbés na ida da final polo ascenso

Os do Spórting non conseguiran gañarlles na liga regular, pero agora postuláronse como favoritos

Play off Ascenso

Esta fin de semana celebrouse o primeiro encontro da final polo ascenso e o Pontenova está máis preto da Primeira. Os da Mariña gañaron na Mina ao Rácing Vilalbés B por 3-0 nun choque no que superaron ao rival nos duelos individuais. Na liga regular os do Spórting caeran contra os chairegos no duelo de ida e empataran na ida, pero esta vez por fin foron quen de superalos. Hugo abriu o marcador no minuto 35 e co 1-0 se foi o partido ao descanso. O Vilalbés tivo un penalti que non conseguiu materializar, que puido cambiar o destino do partido. Porén, no segundo tempo os locais tiveron moitas oportunidades e Francisco conseguiu facer o segundo gol para o Pontenova. Na recta final do duelo, volveu aparecer Hugo para pechar o resultado co 3-0 definitivo.

Consulta a clasificación aquí

PONTENOVA 3 - 0  VILALBÉS B

Spórting Pontenova: Paulo, Ismael, David, Marcos, Samuel, Alex, Francisco, Hugo, Marcos M, Rubén e Agustín. Tamén xogaron Saúl, Raúl, Miguel A e Antonio.
Rácing Club Vilalbés B: Íker, Antonio, Sergio, Miguel, Miguel F, Anxo, Eduardo, Álex, Reda, Luis E e Sergio V. Tamén xogaron Sergio D e Paulo.
Goles: 1-0 (35'): Hugo. 2-0 (53'): Francisco. 3-0 (86'): Hugo.
Árbitro: Ángel Ron Valle.

 

 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - PLAY OFF ASCENSO

Semifinais Ida

Pontenova 2-0 Palas
Sagrado Corazón 0-2 Vilalbés B

Semifinais Volta

Palas 2-1 Pontenova
Vilalbés B 1-1 Sagrado Corazón

Final Ida

Pontenova 3-0 Vilalbés B

Final Volta

Vilalbés B - Pontenova

 

Torneo Delegación

GRUPO 2

No Torneo Delegación varios grupos aprazaron os seus encontros desta terceira xornada. No caso do grupo 2 os dous encontros foron adiados. O Cospeito tíñase que enfrontar contra o Burela e o Iberia recibiría ao Lourenzá. Ambos os encontros quedan citados para o vindeiro 8 de abril. A vindeira fin de semana xogarán o Cospeito e o Burela contra o Iberia e o Lourenzá.

Consulta a clasificación aquí

 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 2

Resultados xornada 3

Cospeito A Burela
Iberia A Lourenzá

Próxima xornada 

Cospeito - Iberia
Burela - Lourenzá

 

GRUPO 3 

No grupo 3 si que se celebrou o encontro entre o San Ciprián e o Meira. Nun duelo no que se impuxeron os ataques ás defensas, o marcador quedou cun avultado 6-5. Os locais empezaron mandando e no minuto 11 xa ían 3-0. O Meira conseguiu apertarlles e empataron o partido á media hora. O San Ciprián volveu poñerse pr diante, pero no 66' o 5-5 subiu ao electrónico. Cando parecía que o duelo remataría en táboas un gol de Hugo nos últimos minutos do encontro deulle os tres puntos ao cadro da Veiga.

Consulta a clasificación aquí

 SAN CIPRIÁN 6 - 5 MEIRA

CD San Ciprián: Elmer L, Carlos, Borja, Jhonatan J, Danielson, Alejandro, Adrián, Fabio, Oscar, Aleixo e Izan. Tamén xogaron Manuel, Hector, Iván P, Hugo e Iván.
Meira CF: Samuel, Diego, Iago, Sergio, Ricardo, Marco, Kevin, David, Víctor, Álvaro e Diego S. Tamén xogaron Javier, Younes, Ramón, José e Adrián.
Goles: 0-1 (2'): Kevin. 0-2 (6'): Kevin. 0-3 (11'): Kevin. 1-3 (22'): Aleixo. 2-3 (28'): Oscar. 3-3 (33'): Alejandro. 3-4 (35'): Diego S. 3-5 (41'): David. 4-5 (55'): Iván P. 5-5 (66'): Danielson. 6-5 (89'): Hugo.
Árbitro: Oscar Leal Montesinos.

 

XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 3

Resultados xornada 3

San Ciprián 6-5 Meira
  D Viveiro

Próxima xornada 

San Ciprián - Viveiro
  D Meira

 

GRUPO 4

No caso do grupo 4, celebrouse un duelo e aprazouse outro. Saíron ao verde do Luís Gorgoso a Ferroviaria e o San Roque e foron os locais quen conseguiron os tres puntos pola mínima. Iñaki abriu o marcador ao final da primeira parte, pero Aarón conseguiu o 1-1 en pouco tempo. Despois de tres amarelas, o San Roque conseguiu levarse o triunfo co 1-2 de Lucas. Os tres puntos os pon no segundo posto, detrás do Antas, que aprazou o duelo contra o Polvorín para o 10 de abril.

Consulta a clasificación aquí

FERROVIARIA 1 - 2 SAN ROQUE

AD Ferroviaria: Hugo, Brais, Alejandro, David, Gabriel, Wander M, Iñaki, Diego, Carlos, Mateo e Diego A. Tamén xogaron Xoel, Carmelo, Hugo V, Javier e Alejandro D.
SDC San Roque: Antón, Houssame, Adam, Mohamed, Nicolás, Nabil, Manuel, Aaron, Hugo, Adrián e Aaron G. Tamén xogaron Lucas, José L e Martín.
Goles: 1-0 (43'): Iñaki. 1-1 (43'): Aaron G. 1-2 (89'): Lucas.
Árbitro: Anai Vázquez Expósito.
 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 4

Resultados xornada 3

Ferroviaria - San Roque
Polvorín A Antas

Próxima xornada 

Ferroviaria - Polvorín
San Roque - Antas

 

GRUPO 5

En canto á xornada do grupo 5, o Taboada e o Guitiriz celebraran o seu duelo o 7 de abril. A Piringalla, cun partido máis, lidera a clasificación e xogará coma visitante a vindeira fin de semana contra o Taboada.

Consulta a clasificación aquí

 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 5

Resultados xornada 3

Taboada A Guitiriz
  D A Piringalla B

Próxima xornada 

Taboada - A Piringalla B
  D Guitiriz