O San Ciprián e o Pontenova empatan a puntos no grupo 1

Ambos equipos da Mariña mantéñense no podio detrás do Burela, que adiou o seu encontro co Vilalbés B. No grupo 2, o Piringalla apertou ao Palas na clasificación

Grupo 1

O Burela e o Vilalbés aprazaron o seu partido da xornada número trece. Os verdes seguen líderes do grupo 1, seguidos do San Ciprián e do Pontenova, que empatan a 24 puntos no segundo e terceiro posto da táboa de clasificación. Os primeiros superaron este sábado ao Lourenzá na Veiga cun bo resultado de 3-0. O Pontenova descansou esta xornada e leva un partido menos. 

O Viveiro continúa coa intermitencia de resultados e esta vez saíulle cara contra o Iberia. Os celestes conseguiron levarse os tres puntos cunha cómoda vitoria na casa que pecharon con catro goles. O outro partido que se celebrou a fin de semana foi o Meira-Cospeito, ámbolos dous conxuntos ocupan os derradeiros postos da lista. Nesta cita, foron os anfitrións da Lomba quen se levaron os tres puntos cun amplo resultado de 6-2.

Consulta a clasificación aquí 

 VIVEIRO 4 - 0 IBERIA

SD Viveiro: Daniel, Nicolás, Óscar, Iván, Hugo, David, Javier, Antonio, Eduardo G, Antón e Israel. Tamén xogaron Óscar V e Mikel.
Iberia CF: Samuel, Nicolás, Adrián, Daniel, Jorge L, Raúl, Rubén, Iván, Carlos, Adrián e Javier. Tamén xogaron Anxo, Adrián P e Gabriel.
Goles: 1-0 (2'): Hugo. 2-0 (35'): Eduardo G. 3-0 (70'): Eduardo G. 4-0 (77'): Antonio.
Árbitro: Gabriel Polo Fraga.

SAN CIPRIÁN 3 - 0 LOURENZÁ

CD San Ciprián: Manuel, Carlos, Iván, Jhonatan J, Danielson, Alejandro, Manuel R, Bruno, Iván P, Aleixo e Ramiro I. Tamén xogaron Izan, Adrián, Fabio e Borja.
ED Lourenzá: Daniel, Diego, Raúl, Yago, Diego E, Samir, Ayoub, Julián, Nicolás, Lucas e Joel. Tamén xogaron Noel, Ian, Marwane e Bruno.
Goles: 1-0 (43'): Danielson. 2-0 (54'): Bruno, de penalti. 3-0 (59'): Bruno.
Árbitro: José Vale Ferreira.

MEIRA 6 - 2 COSPEITO

Meira CF: Samuel, Diego, Iago, Sergio, Ricardo, Marco, Agustín, Raúl, Kevin, Álvaro e Diego S. Tamén xogaron David, Víctor, Xoel, Javier e Younes.
CD Cospeito: Pablo, Ruben, Sergio, Antonio, Brais, Iván, Francisco, Ismael, Adrián, Yoseph e Diego. Tamén xogaron Antón, Danny, David, Enrique e Iván F.
Goles: 0-1 (4'): Yoseph. 1-1 (19'): Sergio, de penalti. 2-1 (28'): Álvaro. 2-2 (44'): Brais. 3-2 (46'): Sergio. 4-2 (62'): Diego S. 5-2 (64'): Kevín. 6-2 (89'): Younes.
Árbitro: Alejandro Luna Méndez.

 

 
SEGUNDA GALICIA XUVENIL - LUGO GRUPO 1

Resultados xornada 13

Meira 6-2 Cospeito
Burela A Vilalbés B
Viveiro 4-0 Iberia
San Ciprián 3-0 Lourenzá
  D Pontenova

Próxima xornada

Cospeito - Pontenova
Vilalbés B - Meira
Iberia - Burela
Lourenzá - Viveiro
  D San Ciprián

 

Grupo 2

Once vitorias acumula o líder do grupo 2 e con elas o Antas suma 34 puntos co contundente triunfo conseguido na casa contra o Taboada, no que anotou un 6-0. O partido da xornada foi o duelo entre o Palas e A Piringalla B, ambos os equipos se encontran no podio, pero trala vitoria dos da capital, estes quedaron a tan só un punto dos palenses, segundos clasificados. 

No cuarto posto, o Sagrado Corazón caeu a domicilio contra o Polvorín. Os amarelos leváronse o partido pola mínima grazas a un tanto de Antón sobre a bucina. No caso do Ferroviaria, gañou sen sorpresas ao Guitiriz por 5-0.

Consulta a clasificación aquí 

A PIRINGALLA B 2 - 0 PALAS

ADC A Piringalla: Anxo, Gabriel, Alejandro, Ángel, Alex, Aarón, Joel, Eduardo, Tsotne, Xián e Jesús. Tamén xogaron Jeremy, Rubén, Rubén e Antón.
Palas CD: Brais, David, Jose L, Diego, Jorge, Manuel, Noel, Javier, Álvaro, Rodrigo e Juan D. Tamén xogaron Tomás, David M, Roberto e Diego L.
Goles: 1-0 (1'): Xián. 2-0 (54'): Jeremy.
Árbitro: Fernando Fernández López.

ANTAS 6 - 0 TABOADA

SD Antas: Lucas, Martín, Manuel, David, Andrés, Martín, Roi, Nicolás, Daniel, Alejandro e Íker. Tamén xogaron Jorge, Manuel G, Germán, Fernando D e Hugo.
Taboada CF: Marcos, David, Adán, Raúl, Enrique, Iago, Ángel, Esteban, José A e Elías.
Goles: 1-0 (13'): Raúl, en propia. 2-0 (20'): Nicolás. 3-0 (24'): Nicolás. 4-0 (42'): Daniel. 5-0 (53'): Daniel. 6-0 (56'): Íker.
Árbitro: Josué Villabrille Forja.

POLVORÍN 1 - 0 ADC SAGRADO CORAZÓN

Polvorín FC: Adrián, Pablo, Diego, Ruben, Nicolás, Antón, Luís, Pablo P, Antón C, Oscar e Adán. Tamén xogaron David, Ricardo, Jeremy e Juan F.
ADC Sagrado Corazón: Alan, Jarno, Alejandro, Tomas C, David, Aaron, Lucas, Hugo, Brais, Dawit e Íker. Tamén xogaron André M, Adrián, Ismael, Sergio e Daniel.
Goles: 1-0 (89'): Antón.
Árbitro: Brais García Valín.

 FERROVIARIA 5 - 0 GUITIRIZ 

AD Ferroviaria: Carmelo, Santiago, Alejandro, Ayoub, Iñaki, Diego, Carlos, Marcos, Diego A, Teo e Alejandro D. Tamén xogaron Hugo, Gabriel, Javier, Mateo e Wander M.
Guitiriz SD: Breixo, Brais, Paulo, Juan, Aitor, Javier, Roi, Manuel, Miguel, Hugo e Mario. Tamén xogaron Estevo e Xabier.
Goles: 1-0 (4'): Alejandro. 2-0 (42'): Diego. 3-0 (44'): Diego A. 4-0 (47'): Alejandro. 5-0 (65'): Wander M.
Árbitro: Sadoum Losada Moreda.

 

 
SEGUNDA GALICIA XUVENIL - LUGO GRUPO 2

Resultados xornada 13

A Piringalla B 2-0 Palas
Ferroviaria 5-0 Guitiriz
Antas 6-0 Taboada
Polvorín 1-0 Sagrado Corazón
  D San Roque

Próxima xornada

Palas - San Roque
Guitiriz - A Piringalla B
Taboada - Ferroviaria
Sagrado Corazón - Antas
  D Polvorín