A Segunda provincial pechou a primeira volta co Burela e Antas como líderes

No grupo 1 os da Mariña descansaron nesta novena xornada, mentres que os de Antas de Ulla conseguiron a oitava vitoria do curso contra o seu rival directo, A Piringalla B, que perdeu por primeira vez

Grupo 1

Esta xornada rematou a primeira volta da liga na Segunda provincial e o Burela pechouna como líder do grupo 1 e descansando. O Vilalbés achegouse a dous puntos dos verdes despois de conseguir a cuarta vitoria consecutiva. Ganáronlle ao Iberia no Roca cun marcador de 4-1. No terceiro posto, o Lourenzá marcouse unha goleada de 7-1 contra o Cospeito. O mesmo resultado conseguiu o Viveiro no seu partido contra o Meira, o que lle fixo romper coa mala xeira das dúas últimas derrotas. Como cuarto clasificado da primeira volta quedou o Pontenova, que venceu ao San Ciprián na casa. Despois de adiantarse nos primeiros minutos do duelo, os visitantes achegáronse co 2-1, pero os do Spórting mataron o partido na segunda parte.

Consulta a clasificación aquí 

VILALBÉS 4 - 1 IBERIA

Rácing Club Vilalbés: David, Antonio, Hugo, Sergio, Daniel, Miguel, Diego, Eduardo, Sergio V, Luis E e Carlos. Tamén xogaron Rubén e Alex.
Iberia CF: Anxo, Nicolás, Adrián, Adrián, Daniel, Raúl, Rubén, Iván, Carlos, Gabriel e Javier. Tamén xogaron Jorge L, Adrián T, Alex e David.
Goles: 1-0 (39'): Luis E. 2-0 (41'): Diego. 3-0 (47'): Carlos. 3-1 (63'): Iván. 4-1 (81'): Carlos.
Árbitro: Josue Villabrille Forja.

LOURENZÁ 7 - 1 COSPEITO

ED Lourenza: Daniel, Diego, Raúl, Yago, Diego E, Joel, Julián, Héctor, Lucas, Jorge e Samir. Tamén xogaron Ian, Bruno, Marwane e Noel.
CD Cospeito: Pablo, Francisco, Rubén, Antonio, Brais, Brais P, Iván, Sergio, Diego, Adrián e Yoseph. Tamén xogaron Ismael, Adrián, Iván F, David e Enrique.
Goles: 1-0 (2'): Yago. 1-1 (6'): Brais P, de penalti. 2-1 (16'): Jorge. 3-1 (18'): Héctor. 4-1 (20'): Diego. 5-1 (22'): Diego E. 6-1 (62'): Ian, de penalti. 7-1 (65'): Diego.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

PONTENOVA 3 - 1 SAN CIPRIÁN

Spórting Pontenova: Paulo, Raúl, Marcos, Alex, Francisco, Hugo, Marcos M, Mario, Brais, Agustín e Hades. Tamén xogaron Samuel, Saúl, Iago, Antonio e Miguel A.
CD San Ciprián: Manuel, Carlos, Héctor, Borja, Jhonatan J, Danielson, Alejandro, Manuel R, Bruno, Ramiro I e Aleixo. Tamén xogaron Hugo, Ivan, Daniel e Adrián.
Goles: 1-0 (1'): Hugo. 2-0 (6'): Agustín. 2-1 (17'): Manuel R. 3-1 (34'): Mario.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.

VIVEIRO 7 - 1 MEIRA

SD Viveiro: Daniel, Iván, Hugo, David, Javier, David D, Pablo, Iker, Antón, Alejandro e Samuel. Tamén xogaron Álvaro, Mikel, Óscar G, Óscar e Álvaro G.
Meira CF: Xoel, Iago, Ricardo, Adrián, Marco, Raúl, Kevin, Víctor, Álvaro, Diego e Younes. Tamén xogaron Javier, David e Ramón.
Goles: 1-0 (8'): Pablo. 2-0 (16'): Hugo. 3-0 (30'): Samuel. 4-0 (52'): Samuel. 5-0 (56'): Antón. 6-0 (66'): Javier. 7-0 (66'): Óscar. 7-1 (85'): Kevin, de penalti.
Árbitro: José Vale Ferreira.

 

SEGUNDA GALICIA XUVENIL - LUGO GRUPO 1

Resultados xornada 9

Vilalbés B 4-1 Iberia
Cospeito 7-1 Lourenzá
Pontenova 3-1 San Ciprián
Meira 7-1 Viveiro
  D Burela

Próxima xornada

Meira - Burela
Pontenova - Viveiro
Cospeito - San Ciprián
Vilalbés - Lourenzá
  D Iberia
 

Grupo 2

No grupo 2 o líder da primeira volta foi o Antas, que rematou os primeiros oito partidos manténdose invicto. Esta novena xornada superou ao A Piringalla B, o seu rival directo arriba da táboa, que agora se afastou a cinco puntos. O duelo foi bastante competido, pero Daniel decantou os tres puntos para os visitantes cun gol no minuto 8 e outro no 48.

O Palas pechou a volta como terceiro clasificado e asinando tres vitorias consecutivas despois de superar o choque contra o Sagrado Corazón. Os anfitrións dos Chacotes deixaron o partido sentenciado nos primeiros quince minutos, cun tanto de Tomás e dous de Rodrigo. O Sagrado achegouse na segunda metade a través de David, pero o resultado foi o 3-1.

No quinto posto, o Guitiriz conseguiu golear no choque contra o Taboada. Foi duelo no que se impuxeron os ataques ás defensas e que no que os locais tomaron distancia na segunda metade rematando 7-3. O único choque que rematou en empate esta xornada foi o do San Roque contra o Polvorín. Os locais abriron o marcador á media hora, pero á volta do descanso Óscar puxo o 1-1 no marcador. Nos seguintes dez minutos repetiuse a historia e o partido foise ao 2-2. O San Roque seguiu insistindo e conseguiu poñerse 3-2 a través de Manuel, pero o Polvorín seguiu reaccionado e o partido rematou co 3-3 de Luís.

Consulta a clasificación aquí 

GUITIRIZ 7 - 3 TABOADA

Guitiriz SD: Breixo, Mario, Roi, Xabier, Hugo, Paulo, Manuel, Hugo B, Adrián, Anxo e Juan. Tamén xogou Estevo.
Taboada CF: Germán, David, Adan, Miguel, Enrique, Raúl, Francisco, Elías, Ángel, Carlos e Mauro. Tamén xogaron Esteban, Marcos e José A.
Goles: 1-0 (12'): Juan. 1-1 (23'): Francisco. 2-1 (34'): Juan. 3-1 (41'): Adrián. 3-2 (43'): Carlos. 4-2 (49'): Paulo. 4-3 (51'): Francisco. 5-3 (61'): Juan. 6-3 (78'): Paulo. 7-3 (89'): Roi.
Árbitro: Fernando Fernández López.

PALAS 3 - 1 SAGRADO CORAZÓN

Palas CD: Brais, José L, Noel, Jorge, Tomás, Álvaro, Rodrigo, Javier, Diego, Manuel e David. Tamén xogaron Juan D, Roberto, Antón, David M e Alex.
ADC Sagrado Corazón: Alan, Alejandro, Aarón, Jarno, Hugo, David, Brais, Dawit, Ismael, Jimmy e Tomas C. Tamén xogaron Sergio, Íker, Hugo L e Daniel.
Goles: 1-0 (5'): Tomas. 2-0 (10'): Rodrigo. 3-0 (14'): Rodrigo. 3-1 (50'): David.
Árbitro: Anai Vázquez Expósito.

SAN ROQUE 3 - 3 POLVORÍN

SDC San Roque: Antón, Juan S, Manuel, Hugo, Aarón, Aarón G, Aurelio, Nicolás, Manuel C, Adrián e Lucas. Tamén xogaron Mohamed, Jose A e Hugo F.
Polvorín FC: Adrián, Pablo, Diego, Juan F, David, Nicolás, Jeremy, Antón, Jonathan, Óscar e Luis. Tamén xogaron Alejandro, Rubén, Pablo P e Izan.
Goles: 1-0 (32'): Lucas. 1-1 (47'): Óscar. 2-1 (50'): Lucas. 2-2 (68'): Jeremy. 3-2 (69'): Manuel. 3-3 (73'): Luis.
Árbitro: Vicente Castro Rico.

A PIRINGALLA B 0 - 2 ANTAS

ADC A Piringalla: Ian, Gabriel, Alejandro, Jeremy, Aarón, Antón, Rubén, Tsotne, Xian, Pedro e Jesús. Tamén xogaron Ángel, Joel, Rubén e Eduardo.
SD Antas: Lucas, Germán, Roi, Andrés, Nicolás, Martin, Fernando D, Hugo, Daniel, Alejandro e Jorge. Tamén xogaron Manuel G, Manuel e Martín.
Goles: 0-1 (8'): Daniel. 0-2 (48'): Daniel.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

 

 
SEGUNDA GALICIA XUVENIL - LUGO GRUPO 2

Resultados xornada 9

Guitiriz 7-3 Taboada
Palas 3-1 Sagrado Corazón
San Roque 3-3 Polvorín
A Piringalla B 0-2 Antas
  D Ferroviaria

Próxima xornada

A Piringalla - Ferroviaria
San Roque - Antas
Palas - Polvorín
Guitiriz - Sagrado Corazón
  D Taboada