A Segunda xuvenil lucense comezará a segunda fase a vindeira fin de semana

O Pontenova, o Palas, o Sagrado Corazón e o Vilalbés B loitarán polo ascenso, mentres que o resto dos conxuntos disputarán o Torneo Delegación divididos en catro grupos
Unha imaxe de arquivo da derradeira xornada da primeira fase entre o Polvorín e o San Roque
photo_camera Unha imaxe de arquivo da derradeira xornada da primeira fase entre o Polvorín e o San Roque

A pasada fin de semana pechouse a liga regular da Segunda xuvenil, o Burela e o Antas conseguiron o acceso directo ao rematar líderes de cada grupo, pero aínda queda por decidir quen os acompañará a vindeira tempada na Primeira. O Vilalbés B e o Pontenova quedaron no segundo e terceiro posto do grupo norte e o Palas e o Sagrado Corazón no grupo sur, polo que os catro equipos disputaran o play off de ascenso. A eliminatoria comezará a vindeira fin de semana coas semifinais, que serán a ida e volta. O Pontenova recibirá ao Palas e o Sagrado Corazón ao Vilalbés B. Á vez, o resto dos equipos da categoría comezarán a disputar o Torneo Delegación, que comezará xogándose en catro grupos nos que se disputarán seis xornadas. 

                                  

 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - PLAY OFF ASCENSO

Semifinais Ida

Pontenova - Palas
Sagrado Corazón - Vilalbés B
 
 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 2

Xornada 1

Iberia - Cospeito
Lourenzá - Burela

                                             

 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 3

Xornada 1

Viveiro - San Ciprián
  D Meira

                                            

 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 4

Xornada 1

Polvorín - Ferroviaria
Antas - San Roque

                                      

 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 5

Xornada 1

A Piringalla B - Taboada
  D Guitiriz