O Palas pasou a rolda previa do Torneo Delegación tras gañar pola mínima ao Pontenova

Un gol de Roberto na recta final do partido deulles o triunfo. Na fase de grupos, remataron liderando o Burela, o San Ciprián, o Antas e o Guitiriz

Torneo Delegación

2º ELIMINATORIA

Esta fin de semana pechouse a ronda de eliminatorias previas do Torneo Delegación e foi o Palas quen conseguiu continuar na competición. O cadro dos Chacotes venceu a domicilio ao Pontenova o sábado. Despois dunha primeira metade igualada e con pouca efectividade nas áreas, os visitantes conseguiron marcar un tanto a través de Roberto no 86'. O 0-1 serviulle ao Palas para levarse a vitoria e pasar á seguinte ronda do Torneo.

Consulta a clasificación aquí

PONTENOVA 0 - 1 PALAS

Spórting Pontenova: Alex, Saúl, Ismael, Samuel, Francisco, Raúl, Marcos, Agustín, Miguel A, Iago e Antonio. Tamén xogaron Hades, David, Ruben, Oscar e Stefan.
Palas CD: Brais, David, Jose L, Diego, Manuel, Noel, Javier, Álvaro, Rodrigo, Juan e Iago. Tamén xogaron Jorge, Juan D, Roberto e Raúl.
Goles: 0-1 (86'): Roberto.
Árbitro: Antón Llenderrozas Ron.

 

XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - ELIMINATORIAS PREVIAS TORNEO DELEGACIÓN

Resultado

Pontenova 0-1 Palas

 

GRUPO 2

Esta fin de semana rematou tamén a fase de grupos e no 2 o Burela rematou líder cunha vitoria na casa ante o Cospeito. Os verdes comezáronse adiantando moi cedo na Marosa e Daniel selou a primeira metade con catro goles. Na segunda o Cospeito achegouse cun gol de penalti, pero aínda encaixaron tres goles máis ata o 7-1 definitivo.

No segundo posto do grupo quedou o Lourenzá, que remontou ao Iberia no anexo do Santa Cruz. Os visitantes abriron o marcador cun gol de Jorge no minuto seis e Carlos puxo o 0-2. Porén, ao pouco os locais reaccionaron e déronlle a volta ao marcador cun dobrete de Diego e un tanto de Lucas. Trala derrota, o Iberia quedou no terceiro posto, diante do Cospeito.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 7 - 1 COSPEITO

Burela SD: Félix, Iván, Mateo, Hugo, David, Diego, Jorge, Nor E, Daniel, Hugo S e Yago. Tamén xogaron Raúl, Samir e Borja.
CD Cospeito: Pablo, Héctor, Rubén, Sergio, Brais, Antón, Francisco, Ismael, Adrián, Yoseph e Diego. Tamén xogaron Adrián, Enrique, Danny e David.
Goles: 1-0 (2'): Daniel. 2-0 (5'): Daniel. 3-0 (11'): Daniel. 4-0 (30'): Jorge. 4-1 (50'): Brais, de penalti. 5-1 (65'): Diego. 6-1 (68'): Diego. 7-1 (89'): Borja.
Árbitro: Carlos Alberto Penacorveira.

LOURENZÁ 3 - 2 IBERIA

ED Lourenzá: Daniel, Samir, Yago, Raúl, Raúl L, Diego, Julián, Diego H, Héctor, Lucas e Jorge. Tamén xogaron Joel e Bruno.
Iberia CF: Anxo, Nicolás, Adrián, Adrián, Daniel, Jorge L, Raúl, Carlos, Adrián T, Gabriel e Javier. Tamén xogaron Alex e Jesús.
Goles: 0-1 (6'): Jorge L. 0-2 (25'): Carlos. 1-2 (26'): Diego. 2-2 (28'): Lucas. 3-2 (37'): Diego.
Árbitro: Antonio Javier Lanzos Rey.

 

XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 2

Resultados xornada 6

Burela 7-1 Cospeito
Lourenzá 3-2 Iberia

 

GRUPO 3 

No grupo 3 o campión foi o San Ciprián, malia acabar perdendo nesta última xornada contra o Meira nun duelo ao que se presentaron cun curto banco. Xogaron o sábado na Lomba e os locais xa se foron ao intermedio por diante. Na segunda chegou o empate do San Ciprián e aguantaron o resultado ata que cara ao final do partido o Meira abriu a lata para subir ao taboleiro cun 8-2. Esta foi a súa primeira e única vitoria do Torneo, no que quedaron últimos de grupo.

Consulta a clasificación aquí

MEIRA 8 - 2 SAN CIPRIÁN

Meira CF: Samuel, Diego, Iago, Sergio, Ricardo, Marco, Raúl, Ramón, Kevin, Álvaro e Diego S. Tamén xogaron Víctor, Javier, Xoel, David e David P.
CD San Ciprián: Manuel, Carlos, Iván, Borja, Danielson, Alejandro, Kemer S, Iván P, Daniel, Izan e Hugo. Tamén xogou Elmer L.
Goles: 1-0 (28'): Raúl. 1-1 (31'): Daniel. 2-1 (44'): Sergio. 2-2 (49'): Daniel. 3-2 (69'): Diego S. 4-2 (73'): Kevin. 5-2 (77'): Javier. 6-2 (81'): Iago. 7-2 (88'): Kevin. 8-2 (90'): Víctor.
Árbitro: José Adrián Rodríguez Expósito.

 

XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 3

Resultados xornada 6

Meira 8-2 San Ciprián
  D Viveiro
 

GRUPO 4

No grupo 4 quedou liderando o Antas, que rematou invicto a fase de grupos tras empatar na casa contra o Polvorín. Martín abriu o taboleiro do Castro Seoane e o 1-0 mantívose ata o intermedio. Tralo paso polos vestiarios o Polvorín resistiu malia ter un corto banco e acabou empatando a través de Nicolás.

No segundo posto quedou o San Roque malia caer na casa contra o Ferroviaria na derradeira xornada. Marcos adiantou aos visitantes no Polvorín e marcou o 2-0 no inicio da segunda metade. Aos locais púxoselle costa arriba o partido e quedaron cun xogador menos. O Ferroviaria rematou mendo o 3-0 definitivo na recta final.

Consulta a clasificación aquí

SAN ROQUE 0 - 3 FERROVIARIA

ADC San Roque: Antón, Mohamed, Nicolás, Nabil, Adam, Adrián, Manuel, Aarón, Hugo, Houssame e Aarón G. Tamén xogaron Lucas, Martín e Mateo.
AD Ferroviaria: Carmelo, Santiago, Gabriel, Wander M, Mauro, Diego, Carlos, Mateo, Marcos, Hugo e Alejandro. Tamén xogaron Brais, Alejandro P, Hugo Q e Javier.
Goles: 0-1 (43'): Marcos. 0-2 (49'): Marcos. 0-3 (81'): Alejandro P.
Árbitro: Javier López López.

ANTAS 1 - 1 POLVORÍN 

SD Antas: Lucas, Manuel, David, Roi, Andrés, Martín, Fernando D, Manuel G, Hugo, Alejandro e Jorge. Tamén xogaron Nicolás, Daniel, German e Martín.
Polvorín FC: Adrián, Pablo, Rubén, Nicolás, Antón, Óscar, Jeremy, Izan, Antón C, Pablo P e Luis.
Goles: 1-0 (21'): Martín. 1-1 (53'): Nicolás.
Árbitro: Brais Del Olmo Brasero.
 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 4

Resultados xornada 6

San Roque 0-3 Ferroviaria
Antas 1-1 Polvorín

 

GRUPO 5

No grupo 5 o Guitiriz rematou campión despois de gañar ao Taboada por 6-0. Hugo e Adrián subiron os dous primeiros goles ao electrónico do Suso Cruz na primeira metade, complicándolle moito as cousas aos visitantes. Na segunda chegaron seguidos o terceiro e o cuarto  e na recta final apareceu Manuel e, de novo, Adrián, para pechar a goleada. A vitoria deixou ao Guitiriz empatando a puntos coa Piringalla B, pero o golaverage deulle o liderado aos guitiricenses.

Consulta a clasificación aquí

GUITIRIZ 6 - 0 TABOADA

Guitiriz SD: Breixo, Paulo, Juan, Aitor, Adrián, Xabier, Roi, Miguel, Hugo, Mario e Hugo B. Tamén xogaron Daniel, Manuel e Brais.
Taboada CF: Germán, David, Adán, Raúl, Enrique, Carlos, Francisco, Nicolás, Esteban, Angel e Iago. Tamén xogaron Miguel e Marcos.
Goles: 1-0 (24'): Hugo. 2-0 (34'): Adrián. 3-0 (65'): Aitor. 4-0 (66'): Miguel. 5-0 (81'): Manuel. 6-0 (88'): Adrián.
Árbitro: Emiliano Fabián Lameiro García.
 
XUVENIL SEGUNDA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN GRUPO 5

Resultados xornada 6

Guitiriz 6-0 Taboada
  D A Piringalla