A Piringalla e a Sarriana volven triunfar e certifican o pase á final polo ascenso

Os dous conxuntos lucenses enfrontaranse a semana que vén na Ribela para celebrar o encontro de ida da derradeira eliminatoria pola praza na Galega

Playoff Ascenso

A Piringalla e a Sarriana eran os claros favoritos despois de conseguir impoñerse a domicilio nos duelos de ida das semifinais. Esta fin de semana certificaron o pase á final con dúas novas vitorias coma locais. Os da Piringalla conseguiron gañar ao Polvorín coa mesma diferenza que na ida. Á media hora de partido foron os amarelos quen abriron o marcador, pero en pouco chegou Cristobal para empatar o partido. No segundo tempo Miguel adiantaba á Piringalla e dous coles máis sentenciaron a eliminatoria.

Cunha bancada repleta na Ribela, a Sarriana recibiu ao Becerreá e conseguiu levarse o partido con dous goles que tardaron en chegar. Despois dunha primeira parte igualada onde faltou efectividade, nos últimos 20 minutos do encontro chegaron os goles de Adrián e Nicolás para darlle a vitoria á Sarriana. A vindeira fin de semana serán precisamente os brancos quen actúen coma locais ante A Piringalla, para disputar o partido de ida da final polo ascenso.

Consulta a clasificación aquí

A PIRINGALLA 4 - 1 POLVORÍN

ADC A Piringalla: Manuel, Noé, Román, Simón, Adán, Lucas, Cristóbal, Miguel, Hugo, Íker e David. Tamén xogaron Aarón, Facundo X, Pablo, Pedro e Ángel.
EF Polvorín: Christian, Mauro, Mario, Mateo, Diego, Jhojan S, Pedro, Pablo, Diego S, Manuel e Adrián. Tamén xogaron Sergio, Adán R, David, Anxo e Luca.
Goles: 0-1 (32'): Mauro. 1-1 (34'): Cristóbal. 2-1 (52'): Miguel. 3-1 (70'): Cristóbal. 4-1 (89'): Pablo.
Árbitro: Francisco Ibáñez López.

SARRIANA 2 - 0 BECERREÁ

SD Sarriana: Rubén, Pablo, Óscar, Adrián, Nicolás, Miguel, Smit J, Javier, David, Johann D e Yago. Tamén xogaron Pablo G, Xoel, Fabio A, Adrián G e Francisco.
SD Becerreá: Iago, Alejo, Javier, Adrián, Antón, Noel, Higinio, Sergio, Javier G, Andrés e Claudiu M. Tamén xogaron Martín, Diego, Mario e Brais.
Goles: 1-0 (76'): Adrián. 2-0 (80'): Nicolás.
Árbitro: Pedro Castro Gómez.

 

 
XUVENIL PRIMEIRA GALICIA LUGO - PLAY OFF ASCENSO

Semifinais Ida

Polvorín 1-4 A Piringalla
Becerreá 1-2 Sarriana

Semifinais Volta

A Piringalla 4-1 Polvorín
Sarriana 2-0 Becerreá

Final Ida

Sarriana - A Piringalla

 

Torneo Delegación

Pasando a falar do Torneo Delegación, o Residencia B segue á cabeza malia que rematou en empate contra o Casás. O duelo celebrado no Rodríguez Lago comezou cun gol dos locais, pero os branquiazuis conseguiron o partido marcando o 2-1 no minuto 45. Na segunda metade, Aymane puxo de novo as táboas no marcador e o 2-2 chegou á recta final do partido. Nos últimos minutos o Residencia foi quen de meter o 2-3, pero o Casás volveu aparecer para sentenciar o partido co 3-3 definitivo.

O duelo entre o Castro e o Foz foi ben diferente, xa que os vermellos se impuxeron con facilitade aos da Mariña. O Castro pechou a primeira parte 3-0 e seguiu encontrando a portería rival ata conseguir un resultado de 6-1. A vitoria deulles así o terceiro posto da lista, por diante dos focenses.

Consulta a clasificación aquí

CASTRO 6 - 1 FOZ

CD Castro: Antonio, Hugo, Lucas, Iván, Javier, Aimar, Isaac, Jose E, Antón, Manuel e Raúl. Tamén xogaron Álvaro, Adrián e Jose.
CD Foz: Abraham, Fran, Dylan, Santiago D, Gonzalo, Gaizka, David, Sergio, Iván, José M e Roberto. Tamén xogou Máximo A.
Goles: 1-0 (13'): Manuel. 2-0 (42'): Jose E. 3-0 (43'): Aimar. 4-0 (55'): Adrián. 4-1 (63'): Sergio. 5-1 (75'): Raúl. 6-1 (87'): Jose E.
Árbitro: Jorge Estraviz Cerdeira.

 CASÁS 3 - 3 RESIDENCIA B

Club Polideportivo Casás: Mario, Sami, Brais, Aymane, Mateo, Iván, Joel, Alberto, Yerai, Diego e Jose L. Tamén xogaron Jose M, Raúl e Tulio.
SD Residencia B: Cristian, Gabriel, Samuel, Samuel F, Manuel, Sergio, Rodrigo, Xurxo, Óscar, Anxo e David. Tamén xogaron Lucas, Daniel, Alejandro e Juan A.
Goles: 1-0 (17'): Aymane. 1-1 (33'): Óscar. 1-2 (45'): Cristian. 2-2 (54'): Aymane. 2-3 (85'): Xurxo. 3-3 (87'): Joel.
Árbitro: Fernando Fernández López.
 
XUVENIL PRIMEIRA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN

Resultados xornada 2

Castro 6-1 Foz
Casás 3-3 Residencia B

Próxima xornada

Foz - Casás
Residencia B - Castro