A Piringalla e a Sarriana postúlanse como os favoritos para chegar á final polo ascenso

Ambos os dous equipos venceron coma visitantes o duelo de ida da semifinal contra o Polvorín e o Becerreá

Playoff Ascenso

Os equipos lucenses teñen fame de ascenso e esta xornada disputaron os partidos de ida das semifinais. Volveuse a repetir o duelo da semana pasada Becerreá-Sarriana que pechou a primeira fase e, de novo, os brancos conseguiron a vitoria. Despois dunha primeira metade con seca de gol, o conxunto de Sarria abriu o marcador cun tanto de Johann no minuto 60. O Becerreá foi quen de empatar no partido a través de Javier, pero na seguinte xogada un gol de Adrián deulle o triunfo á Sarriana. 

O outro triunfo caeu do lado da Piringalla, que conseguiu un triunfo a domicilio contra o Polvorín. Iker abriu o marcador no minuto 40 para os visitantes, pero o conxunto amarelo empatoulles cedo nun penalti. Na segunda metade volveu chegar o dianteiro da Piringalla á área dos locais para poñer de novo ao seu equipo por diante no marcador. Cristóbal certificou a vitoria dos visitantes con dous goles máis e o 1-4 pechou o electrónico.

Consulta a clasificación aquí

 POLVORÍN 1 - 4 A PIRINGALLA

EF Polvorín: Adan R, Mauro, Mario, Mateo, Diego, Jhojan S, Pablo, Sergio, Diego S, Manuel e Adrián. Tamén xogaron Christian, David, Anxo, Pedro e Luca.
ADC A Piringalla: Manuel, Noé, Pablo, Simón, Adan, Lucas, Cristóbal, Miguel, Erik S, Hugo e Íker. Tamén xogaron Roman, David, Ángel, Aarón e Javier.
Goles: 0-1 (40'): Íker. 1-1 (46'): Mario, de penalti. 1-2 (55'): Íker. 1-3 (74'): Cristóbal. 1-4 (81'): Cristóbal.
Árbitro: Jose Luis Fraga Torres.

BECERREÁ 1 - 2 SARRIANA

SD Becerreá: Iago, Alejo, Javier, Adrián, Antón, Noel, Higinio, Sergio, Javier G, Andrés e Claudiu M. Tamén xogaron Martín, Diego, Brais e Mario.
SD Sarriana: Rubén, Pablo, Adrián, Nicolás, Xoel, Miguel, Smit J, Javier, David, Yago e Fabio A. Tamén xogaron Óscar, Johann D e Francisco.
Goles: 0-1 (60'): Johann D. 1-1 (83'): Javier G. 1-2 (84'): Adrián.
Árbitro: Dariel Pardo Veitia.

 

 
XUVENIL PRIMEIRA GALICIA LUGO - PLAY OFF ASCENSO

Semifinais Ida

Polvorín 1-4 A Piringalla
Becerreá 1-2 Sarriana

Semifinais Volta

A Piringalla - Polvorín
Sarriana - Becerreá

 

Torneo Delegación

O resto dos conxuntos lucenses disputan o Torneo Delegación. Nesta primeira xornada o Residencia B goleou ao Foz na casa malia comezar perdendo. No minuto oito adiantouse o Foz, pero antes do descanso o marcador xa estaba en 5-1 para os da capital, que remataron o partido cun resultado de 8-2. O Casás gañou o outro partido da competición por 1-4 ante o Castro. No primeiro minuto xa se puxeron por diante cun tanto de Sami, pero os locais conseguiron empatarlles á media hora da primeira parte. As táboas mantivéronse no marcador ata a recta final do partido cando nun empuxón o Casás marcou tres goles en menos de dez minutos.

Consulta a clasificación aquí

 RESIDENCIA B 8 - 2 FOZ

SD Residencia B: Félix, Xabier, Roberto D, Juan A, Samuel, Sergio, Rodrigo, Xurxo, Óscar, Anxo e Alejandro. Tamén xogaron Alejandro C, Adrián e Jorge.
CD Foz: Abraham, Máximo A, Rubén, Santiago D, Roberto, Dylan, Miguel A, Iván, Pablo, Gaizka e Gonzalo. Tamén xogaron Pedro e Joel.
Goles: 0-1 (8'): Santiago D. 1-1 (13'): Xabier. 2-1 (15'): Óscar. 3-1 (23'): Óscar. 4-1 (35'): Anxo. 5-1 (47'): Óscar, de penalti. 5-2 (57'): Pablo, de penalti. 6-2 (69'): Alejandro C, de penalti. 7-2 (72'): Xurxo. 8-2 (87'): Anxo.
Árbitro: Jose Luis López Rodríguez.

 CASTRO 1 - 4 CASÁS

CD Castro: Antonio, Hugo, Lucas, Iván, Javier, Aimar, David, Isaac, Pedro, José E e David R. Tamén xogaron Alex e Manuel.
Club Polideportivo Casás: Mario, Sami, Brais, Mateo, Joel, Alberto, Yerai, Diego, Aarón, Jorge e Samuel. Tamén xogaron Raúl, Alejandro, José L e Aymane.
Goles: 0-1 (1'): Sami. 1-1 (27'): Pedro. 1-2 (81'): Sami. 1-3 (83'): Brais. 1-4 (89'): Sami.
Árbitro: José Luís Cabanas Parrado.

 

 
XUVENIL PRIMEIRA GALICIA LUGO - TORNEO DELEGACIÓN

Resultados xornada 1

Residencia B 8-2 Foz
Castro 1-4 Casás

Próxima xornada

Castro - Foz
Casás - Residencia B