A Primeira lucense xuvenil volve aos estadios cun empate dos líderes

O Polvorín, quinto clasificado, conseguiu poñer en problemas ao Piringalla, que malia comezar por diante viu como se lle deu a volta ao duelo

Despois de un mes sen poñerse o traxe de gala, os lucenses da Primeira xuvenil volven á competición. A Piringalla comezou o ano empatando contra o Polvorín, quinto clasificado. Os líderes adiantáronse no minuto sete, pero antes do descanso o equipo amarelo logrou remontar o partido. Na segunda metade A Piringalla puxo o 2-2 definitivo cun tanto de Cristóbal.

A Sarriana empezou o ano tal e como deixou o anterior, na xeira das vitorias. Os brancos superaron ao Residencia B na Ribela, despois de que os visitantes abriran o marcador. Nicolás empatou no minuto 14 e pouco despois Javier os puxo por diante. No segundo tempo Xoel fixo o terceiro e, aínda que o Residencia apertou o marcador, Fabio redondeou o taboleiro co 4-2 definitivo.

O Foz afastase da Sarriana despois de perder a domicilio contra o Casás. Os da Mariña empezaron mellor anotando un gol de Santiago nos primeiros intres. Malia iso, os locais non se amedrentaron e conseguiron remontar o duelo a través de Jose L e Samuel.

O Becerreá pecha o grupo alto con 14 puntos tras empatar no Municipal contra o Castro. Os anfitrións do duelo adiantáronse á media hora, pero antes do descanso os castrexos empataban nun penalti. Tralo intermedio os visitantes puxéronse por diante, pero o Becerreá volveu poñer o empate no 87'.

Consulta a clasificación aquí 

A PIRINGALLA 2 - 2 POLVORÍN

ADC A Piringalla: Manuel, Ángel, Roman, Simón, Santiago, Adan, Lucas, Cristóbal, Miguel, Hugo e David. Tamén xogaron Iker e Pablo.
EF Polvorín: Christian, Mauro, Mateo, Diego, Pablo, Jhojan S, Sergio, Martin, Diego S, Manuel e Adrián. Tamén xogaron Nicolás, Mario, David e Pedro.
Goles: 1-0 (7'): Miguel. 1-1 (20'): Manuel. 1-2 (35'): Pablo. 2-2 (75'): Cristóbal.
Árbitro: Miguel Pin Calvín.

SARRIANA 4 - 2 RESIDENCIA B

SD Sarriana: Rubén, Pablo, Adrián, Nicolás, Xoel, Miguel, Smit J, Javier, David, Johann D e Yago. Tamén xogaron Dennis, Fabio A, Gonzalo e Adrián R.
SD Residencia: Xurxo, Rubén, Juan A, Xurxo T, Samuel, Pablo, Daniel A, Sergio, Óscar, Anxo e Nicolás. Tamén xogaron Gabriel, Daniel, Alejandro e Joel.
Goles: 0-1 (12'): Daniel A. 1-1 (14'): Nicolás. 2-1 (21'): Javier. 3-1 (58'): Xoel. 3-2 (89'): Alejandro. 4-2 (90'): Fabio A.
Árbitro: Iván Prado López.

BECERREÁ 2 - 2 CASTRO

SD Becerreá: Iago, Javier, Diego, Adrián, Antón, Brais, Alejo, Claudiu M, Javier G, Sergio e Martín. Tamén xogaron Mito, Mario, David C e Borja.
CD Castro: Antonio, Hugo, Óscar, Adrián, Iván, Javier, David, Isaac, Jose E, Noé e David R. Tamén xogaron Lucas, Miguel, Antón e Raúl.
Goles: 1-0 (30'): Javier G. 1-1 (44'): Noé, de penalti. 1-2 (65'): David. 2-2 (87'): Claudiu M.
Árbitro: Rodrigo Mendoza Sánchez.

CASÁS 3 - 1 FOZ

Club Polideportivo Casás: Mario, Samuel, Sami, Brais, Iván, Alberto, Aarón, Jose M, Jose L, Jorge e Samuel A. Tamén xogaron Raúl, Joel, Yerai, Mateo e Alejandro.
CD Foz: Pedro, Joel, Rubén, Santiago D, Roberto, Miguel A, David, Pablo, Daniel, Fran e Gaizka. Tamén xogaron Máximo A, Iván e Gonzalo.
Goles: 0-1 (3'): Santiago D. 1-1 (22'): Iván. 2-1 (55'): Jose L. 3-1 (60'): Samuel.
Árbitro: Soufiane Belhelba.

 

 
PRIMEIRA GALICIA XUVENIL - LUGO

Resultados xornada 10

A Piringalla 2-2 Polvorín
Sarriana 4-2 Residencia B
Becerreá 2-2 Castro
Casás 3-1 Foz

Próxima xornada

Foz - A Piringalla
Polvorín - Sarriana
Residencia B - Becerreá
Castro - Casás