O esférico prepárase para volver rodar na Primeira xuvenil

A vindeira fin de semana os oito equipos do grupo lucense retomarán a competición tralo descanso de Nadal

Despois dun longo momento de descanso os equipos da Primeira xuvenil do grupo de Lugo prepáranse para volver aos estadios. A derradeira xornada de decembro, a número nove, deixou a clasificación encabezada pola Piringalla con 25 puntos e aínda ningunha derrota na caixa de partidos perdidos. Na primeira quenda do ano, recibirán ao Polvorín na casa, equipo que ocupa o quinto posto e non viu a vitoria nas últimas tres quendas. Aos líderes séguelle a Sarriana, con 18 puntos, e o Foz, con 15, que se enfrontarán ao Residencia B e ao Casás, sétimo e sexto. O Becerreá mantense tamén dentro do grupo de play off ao ocupar o cuarto posto con 13 puntos e recibirá no Municipal ao Castro, equipo que pecha a lista no posto de descenso.

Consulta a clasificación aquí 

 
PRIMEIRA GALICIA XUVENIL - LUGO

Próxima xornada 

A Piringalla - Polvorín
Sarriana - Residencia B
Becerreá - Castro
Casás - Foz