O Casás conseguiu empatárlle á Piringalla e frear a súa xeira de vitorias

O derradeiro choque da primeira volta deixou o primeiro partido no que os líderes non se levaron a vitoria. Esta fin de semana o Foz foi o único equipo que conseguiu levarse os tres puntos ante o Residencia B

Despois de seis xornadas chegou o final da primeira volta e o Casás conseguiu frear a xeira de vitorias da Piringalla, posto que lle empatou na recta final do seu duelo. Os líderes comezaron co partido en contra no Rodríguez Lago, pois Jorge asinou un tanto para os visitantes no minuto 11. Porén, Cristóbal conseguiu remontar o partido antes do descanso con dous goles. Na segunda metade, a vitoria parecía asegurada, pero Tulio puxo o 2-2 que fixo que os dous equipos repartiran os puntos. 

O Foz conseguiu romper cos malos resultados das últimas xornadas, levándose os únicos tres puntos da fin de semana. Os da Mariña ganáronlle a domicilio ao Residencia B por 0-2 con dous goles na segunda metade. O primeiro chegou no 51' a través de Pablo e mataron o partido no 90' co segundo, asinado por José María. O resultado axudou a que o Foz subira ao segundo posto, xa que a Sarriana e o Becerreá adiaron o seu encontro para decembro.

O Polvorín, terceiro, e o Castro, último clasificado, remataron en táboas o seu choque celebrado en Lugo. Os visitantes abriron cedo o marcador cun tanto de David e no 25' chegou Sergio para poñer o 1-1 no marcador. Na segunda metade, o duelo volveuse máis agresivo, pero o resultado mantívose ata a bucina final. 

 

Consulta a clasificación aquí 

A PIRINGALLA 2 - 2 CASÁS

ADC A Piringalla: Manuel, Facundo X, Noé, Román, Simón, Lucas, Cristóbal, Miguel, Erik S, Hugo e Iker. Tamén xogaron Pablo, Javier e David.
Club Polideportivo Casás: Raúl, Samuel, Yerai, Diego, Breixo, Aarón, Alberto, Alejandro, José L, Jorge e Samuel A. Tamén xogaron Tulio, Pablo e Joel.
Goles: 0-1 (11'): Jorge. 1-1 (25'): Cristóbal. 2-1 (39'): Cristóbal. 2-2 (78'): Tulio.
Árbitro: Manuel Rivera Ferreiro.

POLVORÍN 1 - 1 CASTRO

EF Polvorín: Christian, Mauro, Mario, Mateo, Diego, Pablo, Jhojan S, Sergio, Martín, Diego S e Manuel. Tamén xogaron Manuel L, Nicolás e Adam.
CD Castro: Miguel, Hugo, Adrián, Iván, Javier, Aimar, David, Isaac, José E, Noé e David R. Tamén xogaron Antonio, Manuel, Antón e Óscar.
Goles: 0-1 (6'): David. 1-1 (25'): Sergio.
Árbitro: Brais Piñeiro Lozano.

RESIDENCIA 0 - 2 FOZ

SD Residencia: Xurxo, David, Samuel, Xurxo T, Daniel A, Sergio, Mauro, Óscar, Juan A, Anxo e Alejandro. Tamén xogaron Nicolás, Miguel e Samuel F.
CD Foz: Abraham, Ignacio, Santiago D, Roberto, Dylan, David, Pablo, Daniel, Fran, José M e Gaizka. Tamén xogaron Gonzalo, Rubén e Joel.
Goles: 0-1 (51'): Pablo. 0-2 (90'): José M.
Árbitro: Adrián López Bermúdez.

 

 
PRIMEIRA GALICIA XUVENIL - LUGO

Resultados xornada 7

Sarriana A Becerreá
A Piringalla 2-2 Casás
Polvorín 1-2 Castro
Residencia B 0-2 Foz

Próxima xornada (10/12)

Polvorín - Residencia B
A Piringalla - Castro
Sarriana - Casás
Becerreá - Foz