"Non esperaba perder a alcaldía. Pensei que o BNG non nos restaría votos, só aos socialistas"

Socialistas e nacionalistas foron quen de dar un envorco nas eleccións nun concello popular desde o 1987. No PP falan de sorpresa e de comicios atípicos
Ramiro Moure. EP
photo_camera Ramiro Moure. EP

Ramiro Moure Ansoar chegou á alcaldía de Taboada no ano 2009, cando o rexedor local, o popular Jesús Ramos Ledo, deixou o posto para converterse en xefe de Educación da Xunta en Lugo. Antes de tomar a substitución de Ramos foi a súa man dereita durante varios mandatos. Colleu o temón e o mantivo firme para o PP desde entón ata o pasado día 28, cando perdeu a maioría absoluta.

Podemos falar, aínda que sexa de forma breve, dos resultados das municipais?
Si, pero non teño moito tempo para atendelo porque estou no campo de fútbol da Medela con xente do Taboada Club de Fútbol preparando os actos con motivo do 50 aniversario da fundación da entidade.

Cónteme. Como está despois dos resultados electorais obtidos?
Ben, tranquilo. Traballando, neste caso ao redor da conmemoración do club de fútbol de Taboada.

Esperaba perder a maioría absoluta e un dos feudos más antigos do PP da provincia?
A verdade e que non. Esperaba outra cousa, sacar mellores resultados, pero a política é así e ás veces sorprende a propios e a estraños.

Con que contaba?
Con manter a maioría absoluta. As contas que manexabamos eran que o BNG tivese unha subida moi grande, pois os que coñecemos o concello sabíamos delo, e que collese votos da lista do PSOE, moito máis frouxa; nunca do PP. Pero ao final as contas non saíron e os nacionalistas medraron como era presivible e os do PSOE mantíveronse.

A modo de balance final diría...
Que foron unhas eleccións atípicas, por non dicir raras, pero os resultados están aí. Son incontestables.

Marcha para casa ou seguirá na corporación municipal liderando a que, a todas luces, será o grupo de oposición dun goberno PSOE-BNG.
Seguirei. Aí estaremos, traballando desde a oposición para defender os intereses de Taboada e o seu desenvolvemento, vixiantes ante os retos que ten un concello con un gran futuro. 

Más en Elecciones Municipales 28M