Elva Carreira avoga por que o BNG "sexa quen lidere este concello"

A candidata nacionalista da Pastoriza presentou ao seu equipo e as propostas de goberno nun acto público
Presentación da candidatura do BNG na Pastoriza. EP
photo_camera Presentación da candidatura do BNG na Pastoriza. EP

"Precisamos ir a máis, camiñar xuntas e xuntos para que o BNG sexa quen lidere este concello", asegurou a nacionalista Elva Carreira, cabeza de lista na Pastoriza, no acto público no que presentou tanto aos compañeiros de candidatura coma as súas principais propostas de goberno.

"Precisamos contar coa convicción de ampliar este proxecto para que as veciñas e veciños teñan máis oportunidades e servizos, a contar cunha administración máis áxil e doada, afondar nun proxecto centrado no desenvolvemento das nosas potencialidades, como é a nosa gandaría, que é unha potencia en Galiza e no Estado", destacou Carreira, que estivo arroupada pola deputada galega Olalla Rodil.

A alcaldable pastoricense comprometeuse a gobernar "dende a honestidade, o rigor e as ideas claras, porque A Pastoriza merece moito máis".

Más en Elecciones Municipales 28M