O PSOE preséntase para "abrir unha nova etapa para Cospeito"

Daniel Irimia estréase como alcaldable socialista nun mitin con amplia representación do partido
Presentacion da candidatura do PSOE de Cospeito. EP
photo_camera Presentacion da candidatura do PSOE de Cospeito. EP

O PSOE preséntase ás eleccións do 28 do maio para "abrir unha nova etapa para Cospeito, esperanzadora e con obxectivos firmes e alcanzables".

O candidato socialista, Daniel Irimia, presentou a súa candidatura nun acto que se celebrou na casa da cultura de Feira do Monte, e que contou coa presenza do voceiro do PSOE no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez; a Deputada no Congreso dos Deputados, Ana Prieto; a Deputada no Parlamento de Galicia, Patricia Otero; e a Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, entre outros alcaldes e alcaldesas, candidatos e candidatas, militantes e simpatizantes, ademais de veciños de Cospeito.

Irimia avanzou que abre "unha etapa feminista, colaborativa e pragmática" ademáis de "esperanzadora, sabendo que a esperanza radica na vontade e no compromiso político firme cos veciños e veciñas de Cospeito, cos maiores que nos deron todo e coa xuventude, que é o presente".

O alcaldable tamén marcou as súas prioridades, que son "os servizos públicos de calidade, medidas para revitalizar o rural, para favorecer a conciliación, ampliar o SAF, apoiar ás persoas maiores, sacar adiante o PXOM, poñer en marcha o polígono ou dinamizar a vida social, cultural e deportiva de Cospeito", como expuxo no mitin.

A lista encabezada por Irimia complétase con María González Castro, Pablo Alvariño Vázquez, Beatriz Díaz Pérez, José Ramón Chao Iglesias, Isabel Carral Fraga, Álvaro Anllo Folgueira, Sonia Muinelo Fernández, José Manuel Gómez Verdes, Alfonso Alonso Vigo, Rosa Morán Luaces, e como suplentes María Avelina García Alvariño, Ramón Vázquez Rodríguez, María Carmen Nodar Domínguez e José Rodríguez Blanco. 

Más en Elecciones Municipales 28M