Adiante O Corgo presenta o seu proxecto para o 28-M, amparado na coalición Contamos

Esta nova agrupación independente, que se dará a coñecer nun acto este xoves, está encabezada pola exedil socialista Nuria Mera
Membros da candidatura de Adiante O Corgo. EP
photo_camera Membros da candidatura de Adiante O Corgo. EP

O Corgo conta para as vindeiras eleccións municipais cunha nova candidatura independente, Adiante O Corgo, que, baixo o paraugas de Galicia Sempre, se integra na coalición Contamos co obxectivo de "poñer o noso concello no lugar que se merece", tal e como avanzan os seus integrantes, e "axudar a modificar a estrutura da Deputación para favorecer a distribución equitativa dos recursos, priorizando o desenvolvemento das zonas rurais e así acabar coas discriminacións por razóns partidistas".

Esta nova formación está encabezada por Nuria Mera, exedil socialista no Corgo que en febreiro renunciou aos seus cargos no PSOE e a continuar a súa militancia. Con ela, foi baixa tamén nas filas socialistas Marta López Abeledo, que agora figura nesta nova lista "formada por veciños e veciñas comprometidos".

Para explicar o seu proxecto, Adiante O Corgo celebra un acto de presentación este xoves, día 11, ás 20.30 horas no centro sociocultural da localidade, onte tamén haberá unha merenda "para facer máis amena a xuntanza".

Más en Elecciones Municipales 28M
Comentarios