A Xunta revisará á alza a previsión de crecemento do PIB en 2018, que fixou no 2,5%

Feijóo e o conselleiro de Facenda reivindican que a economía galega medrou de media ao 3,6% nos tres últimos anos e creou 55.000 empleos 

Alberto Núñez Feijóo preside el acto de seguimiento del Plan estratégico de Galicia 2015-2020. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo preside el acto de seguimiento del Plan estratégico de Galicia 2015-2020. LAVANDEIRA JR (EFE)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o seu Goberno revisará á alza "varias décimas" a previsión de crecemento do produto interior bruto (PIB) da comunidade para este ano 2018, actualmente no 2,5%. 

Avanzouno durante a súa intervención na presentación dun balance intermedio do plan estratéxico 2015-2020, onde tanto el como o conselleiro de Facenda destacaron o cumprimento dos obxectivos marcados, nalgúns casos "moi por encima" do previsto. 

Ante un auditorio no que se atopaban directores e subdirectores xerais, na Cidade da Cultura, Núñez Feijóo reivindicou a aprobación "pioneira" deste documento "en plena tormenta" económica, para "abandonar a paradigma da improvisación". 

Da mesma maneira, o titular de Facenda, Valeriano Martínez, subliñou a "aposta" da Xunta pola planificación, en busca dun modelo "máis produtivo, máis inclusivo e máis sustentable" no que a recuperación "chegue a toda a sociedade". 

Neste contexto, os primeiros indicadores achegados por ambos ao termo desta xornada de traballo interno apuntan a un crecemento de media do 3,6% nos tres anos e a creación de 55.000 postos de traballo.

"PERSPECTIVAS BOAS". No caso do crecemento económico, o balance "supera o escenario máis optimista" e as perspectivas para o actual exercicio son "boas", segundo Martínez. En canto ao emprego, esperou situarse "moi preto" dos 70.000 novos postos acabado o ano, cando a meta final é chegar a entre 80.000 e 100.000 en 2020. 

Ambos os mandatarios fixeron referencia a outros ámbitos que mide o plan, como as exportacións, con cifras "récord"; e reducións no abandono escolar e o risco de exclusión social. No apartado da demografía, o conselleiro citou medidas aprobadas polo Goberno galego para tratar de reactivala. 

Para Feijóo, a situación en que está Galicia, "por encima da media das comunidades autónomas", débese a que está a cumprir "a triloxía" composta por déficit, débeda e regra de gasto e á "estabilidade política e institucional" de Galicia. 

Neste escenario de "converxencia" con España e a Unión Europea, cunhas contas saneadas nunha comunidade "solvente" co gasto social "blindado", "menos hipotecas de futuro" e un aumento do investimento "real", o presidente galego comprometeu unha diminución "drástica" da emisión de débeda pública. 

Nos primeiros meses de 2018, segundo lembrou, a economía galega continúa crecendo por encima do 3%, "segue baixando o paro, a produción industrial volve crecer con forza e séguese exportando un 34% máis en xaneiro". 

 

Comentarios