viernes. 10.07.2020 |
El tiempo
viernes. 10.07.2020
El tiempo

A provincia de Lugo lidera a caída de autónomos en novembro coa perda de 96 profesionais

A asociación Ata denuncia que Galicia está "á cabeza" en perda de afiliados neste réxime

A asociación de autónomos Ata denuncia que Galicia está "á cabeza" en perda de afiliacións neste réxime até o mes de novembro.  No décimo primeiro mes do ano, a comunidade perdeu 384 por conta propia, de acordo cos seus datos, mentres no conxunto estatal este dato baixou en 4.474 persoas. 

Por provincias, Lugo "lidera" a caída, con 96 autónomos menos (-0,3%); seguida da Coruña, onde baixou en 155 autónomos (-0,2%). En Pontevedra descenderon en 108 persoas (-0,2%) e en Ourense os cotizantes reducíronse en 25 (-0,1%). 

Mentres, por xénero, a baixada de autónomos correspondeuse con 275 homes (-0,2%) e 109 mulleres (-0,1%). 
 

A provincia de Lugo lidera a caída de autónomos en novembro coa...
Comentarios