El Progreso entregará un libro sobre a UE e o Brexit o domingo

O diario de Lugo distribúe de xeito gratuíto o volume do Eixo Atlántico que reúne 42 artigos

O libro sobre a Europa que sobrevivirá ao Brexit. J. VÁZQUEZ
photo_camera O libro sobre a Europa que sobrevivirá ao Brexit. J. VÁZQUEZ

El Progreso entregará o vindeiro domingo o volume do Eixo Atlántico La Europa que sobrevivirá al Brexit, que recompila as achegas de 42 autores sobre o futuro da Unión Europea.

No ano en que o proxecto europeo celebra o seu sesenta aniversario, o Eixo Atlántico quere pechar os actos conmemorativos dos seus 25 anos de historia coa edición conxunta dos artigos de opinión sobre o futuro da Unión Europea que foron publicadas ao longo deste ano 2017 na páxina web da entidade de cooperación transfronteriza.

O libro inclúe textos en galego, portugués e castelán correspondentes con autores e autoras dos dous lados do Miño.

Cada un dos artigos vai acompañanado dunha caricatura realizada polo ilustrador luso Adão Silva.

GRATUÍTA. Esta publicación será distribuída de xeito gratuíto en papel cos periódicos El Progreso de Lugo, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e o Diario de Arousa este domingo 17 e co Correio do Minho o mércores, 20 de decembro.

Ademais, a dita publicación tamén estará dispoñible para a súa descarga a través dos xornais dixitais praza.gal e galiciaconfidencial.com, así como na propia páxina web do Eixo Atlántico, www.eixoatlantico.com.

LOIS CAEIRO. Entre os autores que participan na publicación figuran Lois Caeiro, director de El Progreso; José Luis Méndez Romeu, Fernando González Laxe, Abel Veiga, Carmen López, Ana Pontón, Luís Villares, Luís Costa, Xulio Ferreiro, Margarida Marques, Xoaquín Fernández Leiceaga, Eneko Landaburu ou Xurxo Salgado, entre outros.

Comentarios