A plataforma Futured potenciará a mellora do suministro eléctrico

Os principais axentes activos do sector eléctrico uníronse na Plataforma Española de Redes Eléctricas 'Futured', que hoxe celebrou en Madrid a súa primeira asemblea xeral. A iniciativa está patrocinada polo Ministerio de Educación e Ciencia e conta co apoio de institucións para o fomento da innovación tecnolóxica, como o CDTI.

A plataforma pretende impulsar a mellora da rede eléctrica en todas as súas vertentes, tanto dende o punto de vista da aplicación das novas tecnoloxías, como dende aspectos medioambientais ou lexislativos

Futured comprende un total de 40 membros entre os que se atopan Endesa, Iberdrola, Unión Fenosa, Red Eléctrica e HC Enerxía, así como os principais proveedores do sector, universidades e centros tecnolóxicos. Abordará aspectos como o fomento de novas solucións baseadas na tecnoloxía e a innovación, ou a cooperación en I+D+i entre as compañías eléctricas.

Comentarios