O Euribor non dá tregua

O Euribor sobe outra vez. Dende hai 21 meses o indicador de referencia para calcular as hipotecas parece empeñado en bater unha e outra vez a súa propia marca. Se o mes pasado superaba o 4,4%, o nivel final acadado en xuño colócase no 4,506%, a só unhas décimas de superar o seu máximo histórico, que data de maio de 2001.

Isto significa que as persoas que teñan que revisar a súa hipoteca nos próximos días atoparán unha subida media duns 96 euros ó mes, o que ó final do ano acaba supondo un sobrecargo de 1.152 euros.

Hai un ano, a hipoteca media en España situábase nos 153.978 euros, segundo os datos do INE. Facendo cálculos baseados nun préstamo a 25 anos e con 0,5% de diferencial, unha persoa hipotecada pagaba unha letra media de 804 euros. Con eses mesmos modificadores, este ano a cantidade a pagar en cada letra aumenta ata os 900 euros.

A economía segue o seu curso pasando por alto as queixas de cidadáns e organizacións de consumo, que non cesan de advertir que as subas continuadas das hipotecas poñen 'no límite' ás familias. Os cidadáns que 'padecen' unha hipoteca de tipo variable deben asignar cantidade moito maiores das que prevían para pagala, o que significa unha perda moi importante de capacidade adquisitiva.

Comentarios