J. A. Casais: ''El grupo lácteo sólo puede ser viable desde el cooperativismo''

José Antonio Casais
photo_camera José Antonio Casais

José Antonio Casais é desde o domingo o novo presidente de Feiraco, logo de recibir o 42% dos votos dos 4.100 socios con dereito a voto. Un día despois, anuncia a súa renuncia como secretario comarcal no sindicato Unións Agrarias e pasa a tarde reunido co seu antecesor no cargo, Jesús García Calvo, “todo un pozo de sabedoría”, asegura.

Pregunta: Chega á presidencia de Feiraco co coñecemento da realidade do gandeiro.

Resposta: Si, teño certa experiencia, estiven sempre moi vinculado á cooperativa [Feiraco]. Meu pai fíxose socio hai trinta anos e retomei o seu traballo cando se xubilou. Sempre estiven moi achegado a esto porque entendo que só desde as institucións, desde os órganos de decisión se pode aportar algo á vida social do sector e dos compañeiros.

P: ¿Que posibilidades lle ve a Ventos Cooperativos [integrada por Feiraco, Os Irmandiños, Icos e Colaga] no concurso eólico da Xunta?

R: Feiraco parte nunha moi boa posición porque é unha cooperativa, un grupo de persoas vinculadas ao campo e ao medio rural, que é onde están os solares da enerxía eólica. Nós sufrimos as consecuencias que van desde o ruído até o impacto visual, non é normal que as empresas se leven os cartos e que a nós nos poñan os muíños, comprándonos por catro pesetas o solar, cando vale moitos cartos, e nolo quitan das mans. Feiraco aposta por iso e as persoas con capacidade de decisión teñen que ter unha certa sensibilidade.

P: ¿Impulsan Ventos Cooperativos para conformar un grupo lácteo galego?

R: Primeiro, temos que crear a empresa, logo, facela rendible e o rendemento empregarémolo en facer unha cooperativa máis grande, máis forte, con máis servizos aos socios e co mellor para todos. Carecemos de cartos para investir e temos que facer novas apostas para ser máis fortes economicamente e así repercutir os beneficios nos socios.

P: ¿Como asumirían o investimento de Ventos Cooperativos?

R: A través dunha agrupación de empresas, aportando o que poidamos e con entidades financeiras. Non temos cartos para afrontar o investimento, pero temos contactos coas entidades financeiras. Todo indica que é viable, pode ser e hai posibilidades de financialo.

Agrupación láctea: reivindicación de vello
P
: E, ¿como xorde a proposta de concentrar a forza de 23 cooperativas nunha Agrupación Láctea Cooperativa?

R: É unha reivindicación de vello. Non sei porque os galegos somos bastante especiais porque en toda Europa o sector agrario e o sector lácteo está aglutinado en cooperativas, que é a única maneira que fai desta actividade o máis rendible que se pode facer para os produtores. Se estamos nas mans de empresas, non é só que o beneficio o beneficio o levan eles, senón que estamos manexados ao seu antollo. Cando necesitan produto abren guerra entre eles e o pagan ao prezo que queren; nun ano báixano, que non pasa nada. Reparten a tarta do mellor xeito que poden. Desde a cooperativa podemos contrarrestar eso, creando un grupo de produtores onde nós levemos o control da leite que sae ao mercado, a xestión do leite que hai en Galicia.

P: ¿Apostaron pola Agrupación Láctea Cooperativa polo estancamento do grupo lácteo?

R: O grupo lácteo só se pode constituir e ser viable desde o cooperativismo. Os obxectivos de calquera tipo de empresa son os mercantís, non os do servizo ao socio e nós non somos unha empresa, somos clientes e entre clientes o trato e completamente diferente. Temos que distribuír a riqueza que creamos de maneira equitativa. Podemos colaborar coa empresa pero somos incompatibles, é outro sistema.

''Loitamos para ter os produtores contentos''
P
: Logo da asamblea, ¿como está a saúde de Feiraco?

R: A saúde de Feiraco é coma a de calquera persoa, hoxe está moi ben e mañá pode coller un resfriado. Economica e financeiramente está ben, porque fixemos ese plan de viabilidade ao que nos avocaron as circunstancias, estamos pendentes dunha ampliación de capital. Aínda non a fixemos porque a situación é crítica e difícil. Os socios non temos capacidade financeira para afrontalo, nin moita vontade. Salvo eso, estamos ben, como calquera empresa cos seus problemas e beneficios.

P: ¿A canto ascende esa ampliación de capital?

R: Temos comprometidos tres millóns de euros, creo que repartido entre os socios que somos é moi pouquiño pero esta aí pendente. Somos 800 produtores e sobre 7.000 socios, dos que 4.100 teñen máis do 75% do capital obrigado. É unha masa social moi importante. Custaríanos moi pouco e polo de agora a cooperativa evolucionou moi ben.

P: ¿Cales son os seus retos para os próximos catro anos?

R: Dábame por satisfetio se os socios están contentos e a cooperativa fose rendible e gañáramos cartos. Hai que traballar para iso, o cómo, iránolo marcando o día a día. Conseguilo depende de que me faga coa confianza da xente. Estamos pagando o leite máis caro que as demais empresas do mercado nunha grande crise pero loitamos para manter aos produtores contentos e pagarlle o seu produto en condicións.

Comentarios