domingo. 07.06.2020 |
El tiempo
domingo. 07.06.2020
El tiempo

O Goberno amplía os beneficiarios de axudas ao pago do aluguer

Anuncio dunha vivenda en aluguer. EFE
Anuncio dunha vivenda en aluguer. EFE
Poderán optar a esta achega aquelas familias con ingresos de até 2.689,2 euros, dentro da liña de avais de arrendamentos covid-19

A Delegación do Goberno informou este venres da ampliación dos beneficiarios das axudas ao pago do aluguer. Co novo baremo poderán optar a esta achega aquelas familias con ingresos de até 2.689,2 euros, o que supón 5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem).

Nun comunicado, remarca que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana impulsa "a liña de avais de arrendamentos covid-19". "As persoas que poden beneficiarse destas achegas son aquelas que vivan de aluguer e os ingresos na unidade familiar non superen 5 veces o IPREM". 

"Poden solicitar até 900 euros ao mes durante seis meses, o que supón 5.400 euros". "Estas cantidades, que serán reclamadas a través das entidades bancarias, serán devoltos en até seis anos sen intereses, aínda que é posible amplialos até dez se se acreditan condicións de vulnerabilidade e existe, ademais, unha posible carencia inicial de seis meses", engade. 

Por outra banda, explica que a axuda deberá ser solicitada antes do 30 de setembro e deberá formalizarse antes do 31 de outubro. A solicitude debe estar acompañada por documentación que certifique a situación da persona ou familia que queira ser beneficiaria. Tampouco haberá gastos de cancelación ou calquera tipo de amortización.

O Goberno amplía os beneficiarios de axudas ao pago do aluguer
Comentarios