A Axenda Galega de Capacidades busca sincronizar oferta e demanda de postos e traballo

Galicia lidera la transformación de los itinerarios formativos de los trabajadores con el objetivo de asegurar su capacitación ante los nuevos retos del mercado laboral
Una mujer trabaja en un ordenador. EP

No contexto actual, especialmente coa irrupción das novas tecnoloxías e a dixitalización danse tres circunstancias no mercado laboral: postos de traballo en risco de desaparición, os que van transformarse e os novos que van xurdir. Nos tres casos vaise necesitar unha formación para o emprego completa e actualizada para que os traballadores poidan reciclarse e afrontar os requerimentos do entorno laboral, unha formación que aínda non existe.

A formación para o emprego está desactualizada e anquilosada. O mercado laboral esixe hoxe en día unha formación dinámica fronte á rixidez do actual sistema de certificados. Formacións curtas e facilmente actualizables que posibiliten, á súa vez, unha actualización inmediata das competencias laborais. A Axenda Galega de Capacidades para o Emprego formúlase como unha folla de ruta para sincronizar a oferta coa demanda de postos e traballo.

O contexto internacional

Atopámonos nun momento de especial relevancia para o desenvolvemento económico e social de Galicia, tanto polo impacto que supuxo a pandemia da covid-19, como polas transicións verde e dixital que xa estaban en marcha antes desta crise.

O uso das novas tecnoloxías está supoñendo unha revolución nos sectores produtivos, cun impacto notable no mercado laboral, onde a intelixencia artificial ou a robótica están creando novas ocupacións e postos de traballo á vez que outros cambian ou incluso desaparecen.

Esta revolución laboral está demandando un cambio extraordinario no conxunto de capacidades requiridas das persoas traballadoras e impón a necesidade do aprendizaxe ao longo de toda a vida, elemento amparado como o primeiro principio do Pilar Europeo dos Dereitos Sociais.

Adicionalmente, a actual pandemia da covid-19 está contribuíndo a esta revolución laboral.

Primeiramente, está acelerando a transición dixital de parte do mercado laboral, especialmente pola adopción do teletraballo e a formación telemática, pero hai que ter en conta que esta aceleración tamén está ampliando a brecha dixital cos sectores produtivos ou cos grupos poblacionais con menores capacidades dixitais.

Tamén supuxo unha explosión do comercio online, que se presenta como unha vía clave para moitos emprendedores pero requirirá que os traballadores se reciclen profesionalmente, especialmente os empregados dos sectores máis afectados pola crise, como a hostalería, o turismo, o transporte, o comercio ou a automoción.

Todos estes elementos xa son foco das principais estratexias dos organismos internacionais e, de xeito destacado, da Axenda Europea de Capacidades. Esta estratexia da Comisión Europea sitúa as capacidades para o emprego no centro da axenda política da UE.

Galicia, ao igual que o resto da UE, necesita unha revolución en materia de capacidades. No caso galego existen certos sesgos demográficos que poden levar aparelladas desigualdades sociais e que tenden a acentuarse cada vez máis.

Por un lado, o reto demográfico fará que Galicia necesite aproveitar todos os seus talentos e a súa diversidade. Pero ao mesmo tempo, tamén se xerarán novas oportunidades de emprego na economía prateada e na asistencial.

Por outro lado, certos colectivos teñen dificultades persistentes para acceder ao mercado laboral. Debemos contribuír a atallar a brecha de xénero, desempregados de longa duración e outros colectivos como as persoas mozas con escaso nivel formativo, aspectos que tenden a agravarse co tempo e xeran desigualdades e exclusión social.

A Axenda Galega de Capacidades para o Emprego

A Axenda Galega de Capacidades para o Emprego contribuirá á mellora da cualificación do mercado laboral en Galicia, contando para iso coa implicación activa de todos os axentes públicos e privados de cara a aunar esforzos para mellorar a empregabilidade da cidadanía e a competitividade das nosas empresas.

Esta estratexia é unha trasposición dos principios da Axenda Europea de Capacidades adaptados á realidade galega que establece 4 obxectivos estratéxicos claves para a nosa autonomía:

Unha das finalidades é a mellora da empregabilidade da cidadanía, con especial fincapé nos colectivos con problemáticas socioeconómicas específicas (como mulleres, parados de longa duración ou persoas mozas) reducindo as cifras de paro e mellorando, ao mesmo tempo, a calidade do emprego.

Tamén se busca a mellora da competitividad e resiliencia do tecido empresarial galego, sobre todo das pemes, ao facer que poidan acceder a máis e mellor capital humano coa capacitación axeitada.

Outra meta é mellorar a retención do talento galego e aspirar a atraer talento externo, ao impulsar unha maior produtividade nas nosas empresas.

Obxectivo estratético é igualmente mellorar a eficiencia do emparellamento entre demanda e oferta de emprego, identificando e atallando as ineficiencias do mercado laboral que supoñan un retraso á hora de cubrir vacantes. Obxectivos Para alcanzar estes obxectivos, a Axenda actuará sobre seis aspectos alienados co ámbito competencial da Consellería de Emprego e Igualdade:

1. Establecendo un marco colaborativo que permita aunar esforzos públicos e privados consensuando un Compromiso pola capacitación para o emprego de Galicia.

2. Traballando co tecido produtivo na definición de itinerarios de capacitación modulares que den resposta a súa demanda presente e futura de cualificación laboral, incrementando a competitividade e resiliencia dos sectores produtivos.

3. Modernizando o Servizo Público de Emprego de Galicia, SPEG, con ferramentas avanzadas de analítica de datos que asistan ao persoal, mellorando así a atención que reciben os seus usuarios cunha asistencia áxil, personalizada e efectiva, e cun perfilado e titorización individualizados.

4. Alineando o deseño, monitorización e avaliación das iniciativas de capacitación e o SPEG desde un punto de vista analítico e reflexivo de planificación baseado en evidencias. Deste modo teremos unha referencia axeitada para perfilar iniciativas, facer un seguimento das mesmas e corrixir os aspectos ineficaces ou ineficientes.

5. Garantindo a accesibilidade da cidadanía a iniciativas de capacitación adaptadas as súas necesidades que incrementen as posibilidades de inserción laboral.

6. E poñendo a disposición das entidades de formación homologadas e dos centros de formación da Consellería de Emprego e Igualdade unha aula virtual que acerque unha formación moderna e con todas as garantías a todo o territorio galego.

Os primeiros pasos na execución da Axenda Galega de Capacidades para o Emprego xa se están dando. Neste traballo conxunto, deseñado como un marco colaborativo que permite xuntar esforzos públicos e privados para mellorar a formación para o emprego, estableceranse os acordos tanto do Goberno galego como dos axentes implicados na formación para o emprego.

Necesidades

A continuación, previsiblemente no vindeiro xaneiro e cos participantes xa concretados, iniciarase un traballo colaborativo para a detección de necesidades de capacitación e para a adaptación do Catálogo de especialidades formativas para cubrir estas carencias. Esta labor abordarase en mesas de traballo específicas estruturadas por sectores como a construción; Blue, Green e Silver economy; automoción e o aeronáutico; a loxística; o turismo, a hostalería e o comercio e a economía dixital. Nas mesas de traballo abordaranse as dificultades en materia de formación para o emprego que afectan aos colectivos vulnerables. Estas mesas contarán con representantes das asociacións sectoriais e clústers, sindicatos, asociacións de empresarios, autónomos e empresas de economía social, centros de coñecemento e a Confederación Española de Empresas de Formación, todos eles axentes clave para esta estratexia.

Reestruturarase toda a información contida no Catálogo de especialidades formativas, que conta con mais de 4.000 ofertas formativas, moitas delas obsoletas. Analizaranse os resultados e deseñaranse as inclusións ou modificacións necesarias no Catálogo para mellorar a empregabilidade dos galegos e galegas, e asegurar que tanto as persoas traballadoras como as empresas dispoñen das competencias necesarias para reforzar a competitividade e resiliencia do tecido empresarial, culminando coa elaboración da versión inicial da Axenda prevista para finais do primeiro semestre de 2022, o que vai permitir que estas accións formativas se vaian incorporando nos sucesivos Plans de formación para o Emprego.

O SPEG adoptará un enfoque proactivo centrado na xeración de capacidades e a mellora da inserción laboral, dotándoo de recursos e medios que faciliten o desenvolvemento e a posta en marcha de políticas activas de emprego baseadas na escoita activa do mercado laboral. Estas novas funcionalidades permitirán que o SPEG se converta na institución central das políticas activas de emprego para mellorar o emparellamento entre demanda e oferta de traballo.

Tecnoloxías emerxentes para a transformación do emprego

A Consellería de Emprego e Igualdade está a ultimar un estudo das tecnoloxías emerxentes que, en breve, van transformar o mercado laboral. O obxectivo: detectar as carencias formativas actuais e futuras para facer fronte á demanda de traballadores cualificados.

Son moitos os organismos que realizaron estudos e informes para tratar de anticipar as consecuencias e efectos que van supoñer para o mercado laboral e, polo tanto, na vida diaria das persoas traballadoras e das empresas.

Entre eses informes figura un ditame do Epsco que afirma: "El dinamismo del desarrollo tecnológico, la globalización y el cambio demográfico, que adquirieron una magnitud sin precedentes, están modificando de un modo profundo e irreversible muchos aspectos de la organización de la sociedad en el siglo XXI, también en el ámbito laboral. Esta transformación se ve impulsada principalmente por la automatización y la digitalización, aceleradas por el rápido desarrollo de la inteligencia artificial. En Europa, este fenómeno lleva aparejado un aumento de la demanda de mano de obra cualificada en ciertos sectores clave. Esta transformación en curso también puede hacer que ciertos puestos de trabajo cambien de modo radical o desaparezcan, con el consecuente aumento del desempleo estructural entre los trabajadores de ciertas categorías, la creación de nuevas desigualdades y el aumento de la polarización en el mercado laboral debido, en particular, a la pérdida de puestos de trabajo de categoría intermedia. Pero también se crearán nuevas actividades y por lo tanto nuevos puestos de trabajo, por lo que es posible observar tres fenómenos: creación, transformación y sustitución, con combinaciones e intensidades diferentes en todos los sectores".

Os responsables da elaboración de políticas teñen que determinar en que sectores peligra o emprego debido á automatización e á dixitalización e en que ámbitos e profesións se crearán novos postos de traballo.

Conscientes da importancia que terá a pronta introdución das tecnoloxías da Industria 4.0 para o sector industrial galego e en aras do mantemento e mellora da síua competitividade, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) realizou en 2018, un importante estudo sobre o impacto de estas novas tecnoloxías na industria galega.

Nese estudo analízanse dez sectores industriais galegos e as dez principais tecnoloxías emerxentes mediante a análise da situación actual e o ritmo ao que se prevé que se van ir incorporando cada un dos sectores a esas novas tecnoloxías. Dentro da análise das barreiras existentes, para poderse ir incorporando a estas innovadoras tecnoloxías, un dos resultados dese estudo, é que una barreira importante é a falta de recursos humanos internos capacitados e, tamén, a falta de recursos humanos capacitados no mercado laboral. Déficit de cualificación Existe un déficit de persoas cualificadas nesas novas tecnoloxías. Para lograr superar este déficit formativo a Dirección Xeral de Formación e Colocación incluíu nas súas ordes de axudas á formación de persoas ocupadas a relación de actividades formativas prioritarias vinculadas á Industria 4.0. Así mesmo, o Observatorio de Emprego realizou, con este fin, un estudo dos certificados de profesionalidade ligados aos requirimentos da nova industria. Por outra banda, incluíuse a posibilidade de que as empresas solicitantes das axudas elaboraran propostas de cursos cos perfís e cualificacións necesarias nesas novas tecnoloxías. O resultado foi que houbo unha escasa demanda sobre esas accións, fundamentalmente debido á dificultade das empresas para elaborar programas formativos asociados ás novas cualificacións.

De acordo ás recomendacións dos distintos órganos tanto nacionais como europeos, sobre a necesidade de analizar o cambio na demanda de competencias e cualificacións que deberá de afrontar o emprego, a análise da realidade do sector industrial galego realizado polo Igape e as dificultades atopadas polas empresas para elaborar os programas de novas especialidade formativas, fai preciso dispor dun estudo que formule unha proposta de catálogo formativo dos perfís e competencias que serán necesarios para facer fronte aos empregos do futuro.

Obxectivo xeral do estudo
Este estudo prospectivo vai dirixido a elaborar una proposta de cualificacións profesionais que serán necesarias para facer fronte aos empregos do futuro. Esta detección e análise de necesidades está baseada na implantación de 14 tecnoloxías emerxentes, especialmente potenciadas polo efecto da covid, para tratar de prever os futuros requirimentos formativos que serán demandados dende o noso mercado de traballo (nun total de 15 sectores).

Como resultado deste traballo acadaremos unha serie de obxectivos específicos:
▶ Analizar a situación actual dos diferentes sectores económicos e o impacto que as tecnoloxías emerxentes van supor no futuro no aspecto laboral.
▶ Identificar as innovacións que afectan a cada sector e detectar así as carencias formativas do persoal para adaptalos aos novos postos de traballo.
▶ Propoñer e elaborar as cualificacións profesionais necesarias para cada sector e os módulos formativos necesarios para a elaboración da oferta formativa.

Para dar resposta ao dito obxectivo realizaranse as actividades seguintes en catro fases:
1ª Informe análise da situación actual. O obxectivo desta fase é realizar un estudo en profundidade que permita caracterizar a situación actual dos diferentes sectores económicos de Galicia e o impacto que as tecnoloxías emerxentes van supoñer no novo deseño da formación para o emprego, é dicir: que postos de traballo se van crear?, que formación van necesitar?, que postos de traballo se van transformar?, que postos de traballo van desaparecer?
2ª Elaboración de perfís e competencias profesionais de cada sector. O obxectivo desta fase é a elaboración dos perfís de traballo e competencias profesionais asociadas a cada sector e realizarase coa colaboración dos axentes sectoriais e expertos tecnolóxicos.
3ª Deseño da oferta formativa segundo os perfís e competencias. O obxectivo desta fase é definir unha oferta formativa detallada, utilizando como punto de partida toda a información analizada nas fases previas e que implicará tamén un traballo de contraste e validación con persoas expertas a partir da organización e desenvolvemento de mesas de traballo sectoriais. Deste xeito obterase unha definición de módulos formativos, un catálogo de cursos e unha proposta de creación de especialidades formativas e certificados de profesionalidade.
4ª Detección de carencias formativas actuais e futuras. O obxectivo é deseñar módulos de desenvolvemento de habilidades transversais (soft skills) que se identificaran como claves para o desenvolvemento dos postos de traballo futuros, así como o desenvolvemento de aqueles para os que se indicaran cambios ou transformacións.