jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

Os 30 máis ricos de Galicia

Amancio Ortega e Flora Pérez, na voda da súa filla Marta. ZIPI (EFE)
Amancio Ortega e Flora Pérez, na voda da súa filla Marta. ZIPI (EFE)

Amancio Ortega lidera a lista por diante da súa filla Sandra, de Manuel Jove, Isabel Castelo e a familia Freire

O xornal El Mundo vén de elaborar unha listaxe cos 200 más ricos de España na que Amancio Ortega segue a ser o que a encabeza un ano máis, aínda que despois de perder "12.300 millóns de euros" no último exercicio por mor do "deterioro en bolsa de Inditex, a matriz de Zara". Tras el figuran Rafael del Pino e familia, Juan Roig, Sol Daurella (a primeira muller, por diante de Sandra Ortega, que é sexta) e Francisco e Jon Riberas.

No caso de Galicia, Amancio Ortega (50.400 millóns de euros) ten por detrás a súa filla Sandra Ortega (segunda, con 5.300); Manuel Jove, de Inveravante (terceiro, con 1.590); Isabel Castelo, de Seguros Ocaso (cuarta, con 1.160 millóns) e a familia Freire, de Megasa (quinta, con 810 millóns).

O sexto posto é para a familia García Baliña (Finsa, 700 millóns), o séptimo para o lugués Luis Fernández Somoza (transporte, 580), o oitavo para os Irmáns Domínguez Fernández (Textil Lonia, 510), o noveno para Roberto Tojeiro e familia (Gadisa, 430) e o décimo para José Antonio Castro Sousa e familia (Grupo Hesperia, 420).

A lista continúa así: 11 Manuel Añón (Hierros Añón, 370), 12 José Silveira (Grupo Nosa Terra 21, 290), 13 Familia Rivera (Estrella Galicia, 260), 14 José Manuel Cortizo (Aluminios Cortizo, 225), 15 J.L. Díaz-Varela e familia (Indukern, 220), 16 Modesto Rodríguez Blanco (ex Fadesa, 200), 17 Ángel Jove (Anjoca, 185), 18 Familia Nogueira García (Grupo Nogar, 180), 19 Familia Campo Sáez (Cerámica Campo, 175), 20 Jacinto Rey (Grupo San José, 165), 21 Dolores Ortega (ex Inditex, 165), 22 Francisco González (BBVA, 160), 23 Jesús Lence (Leite Río, 160), 24 José González Fuentes (Egasa, 145), 25 Manuel García Pardo (Greenalia, 145), 26 Amador Castro Sáez (Macovit, 145), 27 Ginés y María Jesús García Acebo (Gadisa, 130), 28 Josefa Ortega Gaona (ex Inditex, 120), 29 Familia Collazo (Comar, 110) e 30 José Manuel Loureda (Sacyr, 100). 

Os 30 máis ricos de Galicia
Comentarios