División de Honra Xuvenil
Remata a competición na División de Honra Xuvenil cos dous equipos coa renovación confirmada. O Keeper Galicia descansou pero queda en quinta posicion da xeral, mentres que o Ribeira, despediuse da liga con vitoria na casa desde a novena praza.
O equipo que dirixe Arcadio quería despedirse con vitoria e deixando claro que se gañou a permanencia neste ano do seu debut. 5-2 foi o resultado do partido pero os goles quedaron practicamente para a segunda metade do partido. De feito, faltaban 2 minutos para a pausa cando Gabriel abriu a conta local, resultado co que se fixo o descanso. Á volta marcou rápido o visitante e de novo o Ribeira.
Mantivéronse co 2-1 ata preto do final. Primeiro o Ribeira abriu oco de novo pero o visitante volveu marcar antes de que o equipo lugués deixase clara a súa superioridade con dous tantos para chegar ao 5-2 final.
RIBEIRA 5 - 2 TRES COLUMNAS
CD Tres Columnas: Juan Antonio, Miguel, Yassin, Carlos (2), Alejandro, Alejandro e Danel.
Cancha: Somos Fútbol.
DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL |
---|
Resultados
Ribeira | 5-2 | Tres Columnas |
Segovia | 3-8 | Trepalio |
Valladolid | 6-0 | Parrulo |
Pontevedra | 12-1 | Vigo |
5 Coruña | 14-1 | Laguna |
Zamora | 6-2 | Salamanca |
D | Keeper Galicia |